martes, 1 de junio de 2010

EU, SÍ EU, XA-NON-TE-QUERO, por Frater Taciturnus





-Non podo comprender como es capaz de mirarme á cara maldita cascuda depois de todo o que me fixeches! Maldito sexas, os meus sentimentos violados por un patético asasino sen escrúpulos!!! ódiote! ódiote! ódiote!!! (...) Que te cres que son eu? un anaco de pedra inerte, un obxecto inservible? Non!!, maldita sexa! (...) Eu amábate, ambate tanto...e ti...


-Eu non sei que queres,non te fixen nada,non te dás conta de que xamais te fixen nada?.


-Nada!! Nada!!! Oito longos anos perdidos, oitos longos anos perdidos de maneira total , oito longos anos adicando cada instante dos meus días e noites pensando en que te podería gustar, que te podería interesar (...) Paréceche pouco?


-Eu non te pedin nada xamais, eu non che fixen nada xamais...eu non te coñezo apenas...víache polas mañás á entrada e nada máis, xamais me metín contigo...


-Eu coñézote demasiado...demasiado....pensas que non sabía dás tuas risas á miñas costas!!


-De que estás a falar?


-Pensas que non me decataba dous teus desprezos, dous teus lios con esas desvergonzadas asquerosas...pensas que non me daba conta?


-Eu nunca te desprecei... De que me estás falando?


-Que maior desprezo que a indiferenza maldito? !!! Todos os días, un tras outro esperando un xesto pola túa banda...


-Eu non sabía..


-Nunca me miraches! Nunca me miraches!!!! (...)


-Estás tola, déixame ir, soltame!!Sóltame xa!!!


-Non querido, non meu amor...agora vas saber o que é que ninguén pregunte por ti, levo moito tempo pensando nisto...agora vas ser meu, xa o teño todo preparado...a túa despedida está preparada, o teu adeus está preparado...


-A miña despedida..., que despedida!! que despedida!!!!Sóltame, estás tola!! Sóltame xa !!!


-Si meu amor..vas morrer.... eu xa non te quero...



No hay comentarios: