martes, 8 de junio de 2010

O HOME LOBO, por Foto-Sin-Tese




Nun pequeno pobo agochado na ladeira dunha montaña, habitaban uns cen veciños.


Todos se coñecían perfectamente. Eran como unha gran familia... pero como en toda boa familia, había unha ovella negra. Ese era Xosé.


Vivía só, nunha casa media derruida sita no maís alto do pobo.


Ninguen tiña un trato cercano con él, pero todos coincidían en resaltar o seu mal xenio e as súas rarezas.


Tíñanlle verdadeiro respeto. De día nunca se lle vía o pelo.


Sempre saía da casa de noite pecha. Decían que baixo a luz das estrelas guiaba o seu gando e labraba a súas parcelas.


A xente procuraba non toparse con él a esas horas, porque alguns dicían habelo visto percorrendo os montes nas noites de lúa chea. De ahí o se apodo, “O Home Lobo”.


Un día, sin dudalo, canso de escoitar tanta historia sin sentido, decidín facer a miñas propias pesquisas.


Por iso, esperei a que a lúa enchera totalmente para vixilalo.


Por fin chegou aquel día. Arrededor da medianoite, saín da miña casa rumbo á de Xosé.


Nada maís chegar, vin como saía, e sin máis, votaba a correr cara ó monte. Asustado, fun detrás dél a unha certa distancia.


Aquel camiño estreitábase a cada zancada, ata que de súpeto, topei cun claro do monte.


Xusto no centro, estaba Xosé. Sentado. Mirando fixamente para a lúa. Tan hipnotizado, que non se decatara da miña presenza.


Entón agocheime de xeonllos tralas árbores. Él parecía unha estatua de escaiola, ata que un sangrante berro saiu da súa gorxa.


Entón, deixou de mirar po astro, e comezou a incorporarse. Sin darme tempo a maís, púxose a andar cara mín.


Era inevitable que me atopara, temendo pola súa reacción, pero simplemente se decantou por perguntarme que facía tirado no chan. Así comezamos a falar...


“Xosé, con vinte anos namorara dunha rapariga da súa idade. Pero as familias non permitían aquela relación.


A pesares da prohibición, eles seguían a verse as agochadas, ata que os pais de Sabela decidiron enviala lonxe, xunto duns familiares.


Antes de separarse, Xosé e Sabela víronse unha última noite.


Entrelazando as suas mans, prometeronse que, as doce da medianoite de cada noite de lúa chea, estiveran donde estiveran, cada un, buscaría a lúa, para atoparense nela.


O astro prateado sería o punto de unión do seu amor, donde as súas almas se xuntarían.


E así, rematar coa distancia e coa soidade, mentres soñaban con volverse a ver…”


Pero os anos pasaron, e Xosé rondaba xa os setenta anos. Nunca soubo máis dela, tan só lle quedaba esperar a que ela volvera.


E mentres esperaba, él seguía quedando coa lúa chea. Seguía quedando con Sabela. Seguía namorado. Seguía esperando por ela.

No hay comentarios: