domingo, 6 de junio de 2010

MARUXA ONDAS DO MAR, MARUXA BRISAS DO VENTO, por Homes de pedra en barcos de pau




Vou a facer Maruxiña
un axóuxere de cunchas,
e con el heiche arrolar
susurrando as sons do mar.

E ca néboa do amanexo
fareiche unha touca fina
para cubrir os cabelos
louros da miña filla.

Cun anaco de coral
ei argallar un anel
para meter dentro del
o luceiro da mañá.

E con farrapos de vento
tecerei un berce puro,
para cando faga escuro
cantarche nanas en el.

E coas ondas,e coa brisa,
e con raiolas de sol,
unha lanterna dourada
que aloumiñe o teu solpor.

E con cantos de sereas
E rumor do vendaval
Unha cantiga fermosa
Con todo sabor do sal.

Heiche de dar Maruxiña
o que so che pode dar,
o teu pai que e mariñeiro
e pódeo coller do mar.

No hay comentarios: