martes, 22 de junio de 2010

BREVE INTRODUÇIÓN XERAL DO ENTROIDO

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicaçión da fin do inverno e o começo da primavera. Remata a estación dura do ano, e renaçe a beleça e o colorido.






O entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de antroido adoita coinçidir en febreiro ou nos primeiros días de março, pero as celebraçións relaçionadas poden começar xa en xaneiro.


Nel conflúen rituais cristiáns e pagháns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as instituçións máis asentadas.

É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibeu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

O sentido desta celebraçión é reproduçir un antigo rito agrario «de entrada na primavera e non como din algúns, de entrada na Coresma».

«O significado da palabra orixinal Entroitos pareçe ser a introduçión no ano e isto non se reflicte só nesta festa pagán do Entroido senón tamén na dos maios de Ourense e doutros lughares de Galiza e nalghunhas relixiosas como a de San Blas e a Candelaria».

Para os romanos empezaban o ano en março e ese pode ser tamén a orixe da celebraçión desta «entrada nunha época nova, na que a natureza esperta e as comunidades rurais começan os traballos agrícolas».

Pero a fins do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagán do nome. Carna é a deusa celta das fabas e o touçiño. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna (que no Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus do Sol e a raíña Kuntí).






As formighas que se lle arrebolan á xente na localidade ourensán de Laza, no día “luns borralleiro” destas festas, simbolizan a fertilidade da terra, e o seu lanzamento «é unha forma de invocar ás boas colleitas».

A presenza dunha vaca de madeira ou dun cabalo de madeira, moi frecuentes nas representaçións de moitas das nosas aldeas onde houbese carpinteiros ou xente mañosa, simbolizan tamén a fertilidade, por eso no mundo dos humanos, embísteselles ás mulleres con estas obras de madeira, e levántaselles a saia, como unha forma de espertar a súa fertilidade».





Como ritos de ghrupo, calquera Entroido «no fondo, é unha forma clara de manter a cohesión social, é diçir, o contacto entre unha familia, os veçiños e a súa relaçión cos demais membros dunha comunidade.


Os disfraçes nas aldeas sempre foron moi variados, a súa simbolización é a da volta ó mundo do revés ... Por iso hai homes vestidos de mulleres e mulleres vestidas de homes, de curas ou monxas... Moitas veçes os que non tiñan disfraces, vestíanse coa roupa do lado do revés, ou con trapos vellos.

Xa no século XX, e durante a época da ghuerra e da posghuerra, o entroido foi perseghuido, polo que algunhas das tradiçións perdéronse. Pero, dende os anos 70 dou começo un proçeso de recuperaçión destas tradiçións máis ancestrais, tanto nas aldeas coma nas cidades.

Pero o que sempre primou do Entroido, é o espírito de crítica contra todo, e a posibilidade de dicir esas cousas con ton de sátira.





O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicaçión da fin do inverno e o começo da primavera. Remata a estación dura do ano, e renaçe a beleça e o colorido.

No hay comentarios: