viernes, 25 de septiembre de 2009

A PROSTITUCION




Causas psicolóxicas da prostitución









O comportamento sexual dos seres humanos, a pesares de que na maioría dos casos realízase en privado, ten unha fonda repercusión nos ámbitos sociais. Este é o caso da chamada prfesión máis antiga do mundo: a prostitución.



O exercicio dela considerouse de diversos xeitos ó longo da historia e das diferentes culturas. Nun tempo considerouse como unha forma de realizar ofrendas ós deuses, noutras como unha válvula de escape ás tensións dos homes, ou como unha expresión denigrante da sexualidade, unha forma de escravitude.



Como fenómeno social humano a prostitución está ligada á historia, ten diferentes dimensións que deben considerarse e unha multicausalidade en que conflúen unha diversidade de elementos persoais, familiares e sociais.



A historia da prostitución pode ser tan extensa como a historia mesma, o seu exercicio foi unha constante a través da historia, ligada á vida das diferentes civilizacións.



O seu significado para os diferentes pobos variou enormemente. Como fenómeno social profundamente ligada á historia da humanidade, a prostitución non ten causas únicas. Nela confluén aspecto de orde económico, social, psicolóxicos, persoais. Na grande maioría dos casos non existe “a razón” que explique satisfactoriamente por qué unas persoas se prostitúen e outras demandan o servizo.



As causas poden verse desde o punto de vista da muller: psicolóxicas, económicas e sociais, ou desde o punto de vista do home que demanda o servizo.



Na primeira parte deste século, médicos psiquiatras intentaron explicar a presenza das prostitutas afirmando que son mulleres fríxidas e que polo tanto os cartos son o único beneficio que poden obter do sexo.



AS EXPLICACIÓNS DE CORTE ANALÍTICO:



1- Fuxida das tendencias homosexuais reprimidas que conducen a mergullarse nunha frenética heterosexualidade.



2- Actitude de Don Xoanismo na muller a partires de non ter resolto axeitadamente a atracción e o amor deica o outro sexo, e a rivalidad eco do mesmo sexo.



Outros tratan de explicar a prostitución como unha estratexia para expresar a agresividade e o inconformismo cos valores e pautas de comportamento da sociedade na que viven.



As investigacións mostran que algunas prostitutas ou traballadoras sexuais (T.S) teñen trastornos de persoalidade ou cociente intelectual por debaixo do normal. Pero en realidade, a maioría das prostitutas (T.S) non son mulleres con características diferentes á poboación en xeral.



Os investigadores atoparon que algunas encontran un valor romántico na súa profesión, gústalles sentirse necesitadas e que dan apoio e satisfacción ós homes. Nalgúns casos, o cliente remata por apegarse afectivamente e establecen relación permanentes.



TRANSACCIÓNS COMERCIAIS



É posible, para algunas mulleres, que razón para estar neste oficio sexa a grande excitabilidade sexual; é dicir, unha minoría de mulleres serían tan ardentes que gozarían de verdade con moitas ou case tódalas participación sexuais.



As prostitutas establecen, en xeral, as relación cos seus clientes como transaccións comerciais.



É común escoitarlles que o que ocorre non é con elas senón co seu corpo, como unha entidade aparte. Como en calquera relación comercial, dos seus clientes teñen impresións favorables, desfavorables ou neutras.



Por último atopáronse que algunhas mulleres síntense obrigadas a exercer este oficio, porque están ligadas ós chulos e rufiáns que as explotan sen escrúpulos ou as obrigan por medios físicos ou psicolóxicos.



Das numerosas causas individuais que poderían explicar a prostitución, poden exercer a súa influencia nunha pequeña porcentaxe elas. Pero estas explicacións, onde se enfatiza a causa da prostitución nas características da muller prostituída sen considerar o contexto económico e social, non son nin en termos cercanos precisos.

7 comentarios:

JOSE TOJEIRO dijo...

En cuanto entraron...elsaludo...ya amoroso,porque ya era...ya había confianza de esos días. No fué que tuve que haser ninguna,ningún sacreficio...¡NI DE SEXO!, ¡que se ponían voluntarias!, pa darle cualquier cosa, cualquiera palabra amorosa.
Entonceeess, voy a hacer el amor con una, ¡pero que eran voluntarias,eh!. No había poblema, pero naturalmente...yo les pagaba por eso,¡eh!. Sin ser una cifra de dinero excesivo,eh!!!. Yo les pagaba una cosa corriente, normal.
¡Y eeera cuando ellas tenían ese interés en ir a cama,porque una quedaba libre así, en complós!, pa revolver, buscando dineros.
¡ME ECHARON DROJA EN EL COLA-CAU!. Y yo noté que durmiera muchas horas.¡Imposible, que yo duermo muy pocas horas!¡NUNCA MÁS DURMÍ!.
Con fotografías di ellas, y había muchas más fotografías que estaban en el cajón de la mesilla de noche.¡Muchas más había!, porque yo ya tinía fotografías de todas las formas, y en varios sitios.
Todavía de que sepa yo, no fué interrojada ni apareció, según los anuncios de prensa.
La primera que apareció fué la delgadita, pelo largo. La segunda, una rubia de 32 años. Y la (?), de pelo largo 26.
Eran Trespiputas buscando domicilios para hacer la Presbitación, pero no por prestitación, sino por robar. Mientras que una da el placer de la Presbitación, la otra es cuando anda buscando objetos que le sirvan, dinero mucho mejor.

JOSE TOJEIRO, CATEDRÁTICO EN PRESBITACIÓN POLA UNIVERSIDADE DE CARIÑO (FERROL).

Mary Hermo dijo...

Si señor, unha boa reflexión sobre o tema, que polo menos fixechesnos rir a todos un pouco.

Saúdos a tod@s e biquiños onde máis gusten.

Anónimo dijo...

Saco o chapeu sobre o comentario de Jose Tojeiro. ¡Chapó!

¿Por qué será que as mulleres son pouco dadas a comentar desta problemática de hoxe para ver de clarificar algo este tema?

¿Haberá quen se meta por propio gusto sen outras causas diferentes?

Quen mellor que unha muller para falar doutras mulleres. ¿É un tema tabú?

Ramon dijo...

E digho eu, ¿que se sabe do inçendio de cordelería Chicolino?

A propósito do tipo de materiais que se empreghan hoxe en día nas bateas e na pesca de baixura e altura, ¿como valoran os mariñeiros de antes e os de aghora a evoluçión destes materiais dun xeito directo no traballo e o seu posterior depósito cando xa deixan de ser utiliçables?

Sobre a prostituçión, tema de hoxe: ¿Debe leghaliçarse ou prohibirse con todo o que conlevarían estas medidas?

Outra cuestión serían os clientes asiduos ou esporádicos deste mundo.

¿Por que abundan tanto os prostíbulos?

Contestaría deçindo que hai prostíbulos porque hai clientes.

Pero, sen entrar nas causas polas que distintas mulleres entran nestas actividades, preghúntome: ¿por que hai clientes, entón?

Grande Tojeiro dijo...

Ramón,gracias polas alabanzas, pero dame a impresión que pensas que esta historia é inventada por mín, e non é así. Esto é un feito verídico que aconteceu alá polo ano noventaepico, e eu o único que fixen foi intentar copiar textualmente(cousa por outra banda bastante difícil) as verbas de José Tojeiro.
Iste home era un emigrante galego que retornara de Suiza, e que contaba diante de toda España nun programa tipo ó España Directo que existe hoxe en día, cómo fora roubado na súa de Cariño por unhas rateiras moi "especiais".
O home notou a falta dos cartos,e nun primeiro momento pensou que fora cousa da súa muller,á que votara días antes da casa.Máis tarde douse conta de que quen lle roubara foran unhas señoritas de compañía ás que o home era moi aficionado, e que lle facían as "consultas" na súa propia casa.
Iste reportaxe pra mín foi un dos momentos culmen da televisión española,cun José Tojeiro ó que considero o máis grande dos Frikis que houberan existido xamáis.
Pra quén aínda non coñeza a historia, recoméndolle que teclee na Rede "José Tojeiro". Ahí poderá ver o reportaxe completo que dura uns oito minutos. Ademáis hai un feixe de vídeos que se fixeron en torno a este "fenómeno Tojeiro",
cómo concursos de imitadores, parodias de películas cómo "Mar Adentro"(esta parodia tamén está moi ben, "El Padrino", Bruce Lee Tojeiro(Be Water, my friend Tojeiro).
O fenómeno "Tojeiro" foi tan grande neste país que incluso grupos de música como os madrileños Def Con Dos fixeron unha canción dedicada á Droja en el Cola-Cao.

Ramon dijo...

Chama señoritas para compañía e consultas e despois resultan ser unhas "rateiras".

Contundente a naturalidade de José Tojeiro, deçindo as cousas tal como pasaron á opinión pública.

Desde aquela e xa coa mosca detrás da orella, ¿quedaría descartado de por vida este tipo de consultas para el?

¿Como se podería interpretar o caso de Jose Tojeiro no mundo da prostituçión?

Interpretación dijo...

Querido Ramón, o caso de José Tojeiro no mundo da presbitación pódese interpretar ou calificar cómo "o caso do putero empedernido".
Este home ahí onde o ves, non podía estar máis de un ou dous días, sin resibir a visita das doutoras en amor. E non penses que lle chejaba cunha sóla doutora para que o explorara,non,o equipo médico tíñalle que ir á casa de tres en tres. Pode ser que ese sexa o motivo polo que él en ves de prostitutas, as califique cómo "Trespiputas".
Tojeiro fincáballe o dente(o único que tiña arriba, por serto), a delgadita pelo largo, rubia 32 anos e pelo largo 26,unhas cantas veses por semán. Vamos, que as chavalas xa eran casi cómo da familia. Pero que conste que aínda que elas eran presbiputas y el lle pajaba por faselo, elas iban voluntarias,eh!.
Apoteósico é o momento Cola-Cao da historia.Un putero normal, acabaría a juerja cas prostiputas tomando uns cubatas de juiski ou uns jintonis, pero o jran Tojeiro cómo colofón ás súas jloriosas faenas, tomábase un suculento Cola-Cao.
Pero un día o último Cola-Cao que tomou con elas, non foi tan rico e repoñedor, e cando Tojeiro despertou do seu alusinóxeno sono, topouse ca triste realidade.Uns cantos miles de Francos suisos que él "selosamente jardaba" casi á vista de todo o mundo, fóran roubados.Das prostipupas tampouco máis volveu saber. Non volveron a asomar o seu "pelo largo" pola comarca.
O que elas non sabían era que Toje aínda tiña un último as na manja, para tentar recuperalos cartos, e identificar ás Prospitutas. Tojeiro, que era moi afisionado tamén á fotojrafía panorámica, tiña sentos, ou incluso miles de fotos delas no caixón da súa mesilla (¡Y Muchas más había!).
Estas fotos foron entrejadas á autoridade como prueba del delito.Non me quero imaxinar as caras dos polisías e xueses vendo as poses que poñían nas fotos as porpitufas, que voluntaria e amorosamente posaban para Tojeiro.