jueves, 10 de septiembre de 2009

RESPECTA O MEDIO AMBIENTE E DISFRUTA



Goza das túas vacacións respectando o medio ambiente


070809_ruta_serrasanmamede
Para moitos/as o mes de agosto é sinónimo de vacacións e descanso,datas nas que deixamos atrás os horarios, as obrigacións diarias dos nosos traballos e dedicámonos a pasalo ben, non obstante, é necesario que todos/as sexamos conscientes da nosa responsabilidade persoal co medio ambiente tamén en vacacións.


A idea dun “turismo sostible” no que nin a paisaxe, nin os animais, nin a comunidade local se vexan alterados pola nosa presenza, é fundamental para disfrutar das nosas vacacións coidando o medio ambiente. Con isto non queremos dicir que teñas que “viaxar ao Ártico para axudar a loitar contra o cambio climático” ou outras viaxes semellantes a paraxes naturais tan de moda nas axencias, aproveitando o tirón do “ecolóxico”. Pouco teñen de ecolóxicas este tipo de viaxes, xa que as emisións que producen nunca se compensan coa labor que alí se vai desenvolver.

Hai que protexer o noso planeta todo o ano, sexa na casa, na empresa e por suposto cando imos de viaxe, por iso é conveniente ter en conta algúns consellos para disfrutar dunhas fantásticas vacacións ecolóxicas, reducindo o noso impacto sobre o medio e facendo un uso sostible da auga, da enerxía, dos alimentos, etc...

070809_rebordechaoruta

No caso do transporte, o ideal é evitar o avión e optar por outros tipos de transporte que emitan menos CO2, aínda que todos/as sabemos que moitas veces e imposible pola distancia ao lugar de destino, con todo, existen varias páxinas webs que ofrecen consellos para compensar as túas emisións. Se viaxamos en coche, é importante que levemos a cabo unha condución eficiente e que despois, no destino de vacacións, evitemos o seu uso, desprazándonos mellor en bicicleta ou camiñando.
O aforro de auga é un dos puntos máis importantes que temos que ter en conta, xa que é un ben escaso e non hai que malgastala. Lembrade por exemplo, que unha ducha gasta menos auga que un baño e recorda pechar a billa mentres te cepilles os dentes. Son pequenos hábitos cos que conseguiremos aforrar moitos litros.

É fundamental, ser respectuosos co noso entorno se queremos que as xeracións futuras poidan disfrutar da praia e da montaña tal e como facemos nós, por iso, é importante recoller sempre os residuos e non deixalos ciscados, ademais deste xeito evitaremos moitos dos incendios que cada ano arrasan os nosos montes. E tal e como facemos en casa, cando estamos de viaxe tamén podemos reciclar. En case todo o mundo, existen colectores para separar o lixo, así que non tedes escusa. Ademais é moi importante, non alterar a biodiversidade da zona, todo debe quedar como nolo atopamos.

070809_flores_salvaxes

Ter uns principios medioambientais cando viaxamos pode aumentar o noso disfrute, ofrecéndonos unhas vacacións únicas e unha conciencia limpa, e lembra que sendo un consumidor responsable contribuirás a mellorar o noso entorno.


VACACIÓNS ECOLÓXICAS E ECONÓMICAS

Se estas en Galicia, de vacacións, e buscas relaxarte, gozar de fermosas paisaxes e disfrutar do aire limpo da montaña, a Serra de San Mamede convértese na mellor das opcións.

0700809_aula

O albergue de “As Corcerizas”, situado nesta serra, abre as súas portas durante o verán para todas/os aquelas/les que estean interesadas/os en coñecer diversas alternativas de vida sostible ao mesmo tempo que se converte nun lugar de descanso e disfrute, dunha serra mítica, chea de lendas e historia.

No hay comentarios: