Aínda me lembro daquela rapariga que me roubo o corazón, aínda noto o seu longo e sedoso pelo sobre o meu regazo A e a súa doce mirada de ollos azuis como lumiñando todo canto miraba. Ela, para min, era o máis perfecto dun mundo imperfecto; era o sol que saía pola mañá e púñase polo crepúsculo, era a rosa e o pardal.
Fai anos e lémbrome todavía daquel arrecendo a flores do prado onde lle declarei todo o meu amor, agora vexo se pecho os ollos aquel día de ceo despexado, de verán tardío e os dous sentados baixo un Carballo... é unha imaxe tan nítida e real que consegue facerme chorar e pola miña faz asómanse dúas bágoas que me recordan o fermoso daquel día e o horrendo daquela maldita guerra que enfrentou a irmáns e que fixo que aqueles tres anos perdese amigos, familiares e que se me rompese o corazón.
A miña mente proxecta unha nítida imaxe daquel día de 1936 no que ti te fuches coa túa familia exiliarte na Alemaña; levabas un vestido azul ceo a cor coas dúas estrelas que tiñas por ollos e alí despedímolo noso camiño xuntos entre bágaos, sentimentos a flor de pel mesturado isto todo coa rabia, indignación e medo que nos creou esa "longa noite de pedra".
Nunca olvidarei ese fume negro do tren cando se ía e ti te alonxabas dentro del nese día gris para miña alma; porque nese intre empezou o meu tormento e aínda hoxe eiquí os meus 88 anos e intentando durmir lémbrome de ti, do que debeu de pasar, do que che debín decir…;¡se hoxe puidese retornar no tempo non che deixaría ir soa; non ocultaría que fuches o único gran amor da miña vida, diríache que te quería e que serías a nai dos meus fillos!
Hoxe soamente xa son un vello que espera a fría chegada da morte acurrucado no meu lar; non soupen nada máis de ti e da túa vida e o único consolo que teño é que nalgún tempo non moi lonxano volverémonos atopar e endexamais che volverei deixar partir do meu carón.

5 comentarios:
Fermoso, non hai máis que dicir, como dixo alguén as bágoas máis amargas derramanse sobre as nosas tumbas polas palabras caladas.
Teño un nudo na garganta e non sei se serei capaz de desfacelo!Felicidades
Polo que se ve co retorno da páxina,e dos artigos publicados estes días, aínda sigue habendo boas ideas para poder continuar. De todas formas, a mín dame a impresión de que moita xente non se enterou de que esto voltou a andar.¿Non sería boa idea mandar un correo electrónico para avisar á xente?. Un saúdo.
aquí estamos de novo.eu xa fixen nudismo éste verán.fágoo todolos veráns por que me gusta non ter marcas do sol.un saudiño a todos e todas e a seguir.
eu quería saber algo máis do que veu o urco fai anos.que nos conte máis.
Publicar un comentario