Evolución Humana
Só hai 30.000 años que se sabe da existencia duhna especie, o homo sapiens pero se non perdurara esta especie, sería outra, coma por exemplo os neanderthales ou os homo erectus. |
Ao longo da Historia viviron máis de 6.000 especies de monos, dos cales a grande maioría extinguíronse e nos nosos días existen arredor de 120 especies. Os seres humanos e os monos modernos teñen antepasados comúns.
Algunhas desas especies ancestrais desenvolvéronse e evolucionaron convertíndose nos monos de hoxe en día, mentres que outro grupo sigueu outra vía evolutiva diferente e se convertiron nos seres humanos actuais. Saber que sucedeu e cómo é unha tarefa árdua e complicada. Sobor de todo porque todo o que se conoce é a través dos restos fósiles que se encontran nos xacementos.
Se tivéramos que facer un gráfico do proceso evolutivo do home non recorreríamos a unha esqueira, senón a unha especie de árbore com ramificacións. Serían distintos os sendeiros polos que terían ido as diversas especies de homínodos, pero se quixéramos reconocer ó primeiro que podería chamar homínido, identificaríamolo coa aparición do homínido bípedo (que anda sobre dúas patas). Ésta é a característica que se asocia á familia dos homínidos.
O primeiro existeu en África do Este hai seis ou sete millóns de anos. Serí un ser parecido ós simios de entón, e dalgún xeito sería bípedo anque non completamente, xa que a bipedación desenvolveríase de maneira gradual.
Logo este homínido fixo dúas saídas desde África. Unha primeira polo Oriente Próximo e Medio deica Europa protagonizada polo homo erectus hai 1.800.000 anos, e así poboouse con homínidos todo o Vello Continente. Homo Erectus en Asia, homo Erectus que evolucionarían deica a neanderthales en Europa e homos erectus en África que evolucionarían deica homo sapiens.
Posteriormente, uns 200.000 anos atrás volve a saír de Africa os homo sapiens e desprazan de Asia e Europa ós erectus e neanderthales. Nós somos a consecuencia desta derradeira saída pero aínda non se sabe como os homos sapiens anularon ó resto de especies.
Se observamos entre a bibliografía os libros publicados hai uns 20 anos, coas últimas variacións na Paleoantropoloxía, dámonos conta que aquel sinxelo gráfico que reflectía a Evolución do Home, desde o Australopithecus ata o Homo Sapiens Sapiens, pasando por Homo Habilis, Homo Erectus e Neandertal, xa non ten nada que ver coa complexidad da nosa árbore xenealóxica actual.
Pincha sobre o nome da especie para máis información
Especie Homínido | Antigüidade |
7 millóns de anos | |
6 millóns de anos | |
5,8 millóns de anos | |
4,4 millóns de anos | |
4 millóns de anos | |
3,5 millóns de anos | |
2,5 millóns de anos | |
3-2 millóns de anos | |
2,5 millóns de anos | |
1,9 millóns de anos | |
1,8 millóns de anos | |
1,8 millóns de anos | |
1,6 millóns de anos | |
1,2 millóns de anos | |
1 millóns de anos | |
800.000 anos | |
500.000 anos | |
300.000 anos | |
200.000 anos | |
150.000 anos |
1 comentario:
É un artigo moi interesante, aínda que eu penso que o ser humano non evolucionou para ben, senón todo o contrario, cada día convertemonos en máis individualistas, egoístas, pelexamos por tonterias e esquecemonos do noso planeta que é o que lle deixaremos os nosos fillos.
Non sei se a evolución se equivocou, pero está claro que nós imos por mal camiño, guerras e moito máis que non se entenden.
Deberíamos reflexionar e comezar a cambiar en todos os aspectos da vida, cada quen aportando o seu grao de area pode facer que todos nos cheguemos a unir e facer que esta evolución faga que os que veñan despois se sintan orgullosos de nós.
Unha aperta para todos en xeral.
Publicar un comentario