lunes, 21 de septiembre de 2009

MIL PERDÓNS

Dende a administración do Blog do 25 aniversario queremos pedir disculpas pola uso mal feito das direccións por parte de alguén dos nosos contactos.

No momento que decidimos enviar os mails coas direccións en aberto, era para que todo o mundo que recibira as mesmas tivera a posibilidade de poñerse en contacto con antigas amizades.

Pois ben, alguén utilizou as direccións para publicitar un blog completamente anónimo con escarniosos artigos de dudoso gusto.

Unha vez no blog, ( sorprendentemente as primeiras entradas tiñan o mesmo deseño que o noso blog) algún comentario acusaba de estar utilizando as direccións do 25aniversario para promocionarse.

A forma non é a máis correcta, o noso blog é un lugar de encontro e polo tanto se alguén quere expoñer o seu traballo, só ten que poñerse en contacto coa administración do blog e propor o seu traballo, e seguramente podesmos dar unha entrada principal e un link na mesma páxina, sempre que o traballo non sexa ofensivo.

Este non foi o caso, polo tanto non podemos estar de acordo coa violación da intimidade da familia do 25 aniversario para fins tan pouco clarificados.

Pregamos disculpedes, pecamos de pardillos e confiamos na boa vontade da xente...


P.D-A ver se enviades as vosas colaboracións, xa tardades.ñ

No hay comentarios: