miércoles, 16 de septiembre de 2009

DEIXOUNOS O CARISMÁTICO E HUMANO CABALEIRO ACTOR PATRICK SWAYZE



Patrick Swayze logrou o reconocemento internacional cando deu vida a Johnny Castle no enorme éxito de popularidade de 1987 Dirty Dancing (Dirty Dancing, 1987).


Dito filme situouno como un actor cheo de encanto e sex appeal,


e tamén como un referente de talento en todo o mundo.



Foi considerado durante moito tempo un dos homes máis atractivos de Hollywood. O seu papel na película romántica “Dirty Dancing”


converteuno da noite á mañán dun actor case descoñecido nunha superestrela.



O seu carisma erótico, o seu baile seductor e a súa presenza destellante cautivaron a millóns de espectadores. Para toda unha xeración de mulleres xóvenes converteuse no prototipo da rebelión romántica ó estilo de héroes da pantalla grande como Marlon Brando e James Dean.



Tamén protagonizou nos últimos tempos o drama fantástico de Donnie Darko e a comedia Waking up in Reno (2002), xunto a Billy Bob Thornton e Charlize Theron, que dirixeu Jordan Brady, con guión de Brent Briscoe e Mark Fauser. Por outra banda, o actor danzou xunto a súa muller, Lisa Niemi, na longametraxe One Last Dance (2003) –


tamén conocida como Without a Word -, que se inspira na obr teatral orixinal que ambos escribiron e protagonizaron logrando diversos premios.


Swayze encantou ó público encarnando a Vida Boheme, o que lle valeu unha nominación ós Globos de Ouro, no gran éxito A Wong Foo, gracias por todo, Julie Newmar! (Too Wong Foo, Thanks for Everything, Julie Newmar, 1995), cinta na que foi protagonista xunto a Wesley Snipes e John Leguizamo. Dirixeu Beban Kidron.


Swayze debutou nas pantallas en 1979 coa longametraxe A febre do patín (Skatetown U.S.A., 1979). En 1983, o actor actuou nas longametraxes Máis alá do valor (Uncommon Valor, 1983), e Rebeldes (The Outsiders, 1983) de Francis Ford Coppola. En 1984, protagonizou a miniserie épica North and South (1986).


Aquel mesmo ano, tamén dou vida a un conductor de carreiras con coches de desguace en Grandview U.S.A. (1984), de Randall Kleiser, xunto a Jaime Lee Curtis, e foi coprotagonista en Amencer roxo (Red Dawn, 1984), de John Milius. Xunto a Rob Lowe, actuou para Forxa de campeón (Youngblood, 1986). En 1987, xunto a súa esposa, Lisa Niemi, protagonizou o filme de ciencia-ficción O guerreiro do amencer (Steel Dawn, 1987). En 1989, traballou en dous filmes de acción: De profesión: duro (Road House, 1989) e Coa súa propia lei (Next of Kin, 1989).



En 1990, Swayze volveu á pantalla como protagonista romántico no tremendo éxito de Ghost,


máis alá do amor (Ghost, 1990),


unha das longametraxes do ano con maior recadación.


En 1991, o actor interveu no filme de acción Chámanlle Bodhi (Point Break, 1991), sendo o seu opoñente Keanu Reeves. Tamén traballou para A cidade da alegría (City of Joy, 1992), de Roland Joffé, e en Three Wishes (Tres desexos, 1995), de Martha Coleridge, que coprotagonizou xunto a Mary Elizabeth Mastrantonio.



En 1997, Swayze traballou xunto a Randy Travis e Meat Loaf no thriller de acción Black Dog (Black Dog, 1998). No mesmo ano, tamén participou no filme independente Cartas dun asasino (Letters from a Killer, 1998).


Neste thriller psicolóxico, Swayze encarna a un home que resulta exculpado tras levar tempo agardando no corredor da morte,


so para descubrir que unha muller coa que tivo unha relación epistolar empeza a seguirle os pasos.




Falece este luns 14 de setembro de 2009, debido a un cancro de pancreas.



DESCANSE EN PAZ DE CORAZÓN. UN SER HUMANO QUE VIVEU PARA SELO E PARA DARNOS AMOR.

2 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Todos nacemos con fecha de caducidade, pero por desgraza a uns esa fecha chegalles moito antes do que un ser humano quixera, a él chegoulle cedo despois de sufir un cancro de páncreas.
A min fíxome bailar con Dirty Dancig, creer no amor eterno con Gost, e coñecer as miserias da vida dalgunhas xentes noutros lugares do mundo con La Ciudad de La Alegría.
Non sería un mellor dos actores de Hollywood pero sí un gran bailarín e fixo que moitos bailasemos as coreografías de Dirty Dancing, e ata fixo que quixeramos ter un noivo que se preocupase por nós despois de morrer e tamén fixo que pensasemos que todos deberíamos ter os mesmos dereitos a unha vida digna e a unha atención médica digna.
A verdade é que están a morrer moitos dos grandes actores, cantantes, bailaríns, escritores, poetas, pintores, fotógrafos, escultores, etc eu preguntome que está pasando, aquí é onde se demostra que o talento non evita a morte pero fai que deixes a túa pegada nos demáis.
Que descanse en paz.

Por certo a Vicepresidenta do Goberno tivo unha obstrucción intestinal ¿sería despois de ver como Solbes se levantaba do seu escano despois de que ZP anunciase a subida dos impostos?, jajjaja.

Biquiños a todos e a todas, que vos tamén deixaredes unha gran pegada no corazón de todos nós.

Anónimo dijo...

Foise Patrick Swayze. O seu corpo non pudo vencer á enfermidade, eso que o intentou cunha gran coraxe. Ten moito mérito resistir loitando perante 2 anos contra un dos peores cancros que existen, cómo é o de páncreas, onde a esperanza de vida media dos enfermos vai de tres a seis meses.
Deixa detrás del unha carreira de actor correcta, aínda que moi lonxe de poder chegar a ser considerado cómo unha estrela rutilante no mundo do celuloide. Na súa filmografía como actor principal deixa películas como "Ghost","Dirty Dancing" ou "Le llaman Bodhi" que si ben é certo que funcionaron moi ben en taquilla, tamén é certo que non pasarán á historia como xoias do séptimo arte.
Foi nos seus comenzos como actor donde se veu envolto na película máis importante da súa filmografía(sempre baixo o meu punto de vista), aínda que o seu papel nela fose de actor secundario. Francis Ford Coppola xuntou no mesmo reparto a un grupo de por aquela descoñecidos e xovencísimos actores para facer Rebeldes(The Outsiders). No reparto estaban, ademáis de Swayze, Matt Dillon(O millor actor de todos eles), Tom Cruise(máis que gran actor,estrella de Hollywood),Ralph Macchio(O Karate Kid),Rob Lowe(Rompecorazóns),Emilio Estévez(Medio galego coma seu pai),Diane Lane(guapa,guapa),Leift Garret(cantante), Tom Waits(gran cantante e bó actor),C. Thomas Howell(O actor principal da película,que curiosamente quedouse no máis descoñecido de todos co paso do tempo)...
Quero deixar clara a paixón que teño por esta película, e que a súa visión por mín,no ano oitenta e pico, conquerira conquistar a miña alma adolescente. Vendo a noticia hoxe da morte de Swayze, veume á cabeza a idea de voltar a vela...E póñome a pensar ca perspectiva do tempo transcurrido dende a súa visión...¿voltarame a gustar?..., porque Rebeldes é unha
película para espíritus xóvenes y eu xa estou na cuarentena, e eso pode facer que a mire de distinta maneira porque o meu enfoque da vida seguramente xa cambiou tamén.
En fín, que a moralexa que se podería extraer de todo esto é que o tempo corre que voa pra todos nós...e para outros como Patrick Swayze, por desgracia, xa se detén.