domingo, 13 de septiembre de 2009

A BONECA ROTA



Sentindome unha boneca rota,
intentei pegarme a base de
bos sentimentos, de boas
razóns, de moita solidaridade
querendome maís.
Fun pouco a pouco encontrando
a luz o final do tunel.

Analicei a miña vida e cheguei
a conclusión de que son
afortunada, non me falta
ningún membro, a saude
non e mala, teño un teito
para o frío, unha familia,
non me falta para comer.
Sin embargo, os miolos
seguen a traballar, buscan
razóns para sentirme
desgraciada, triste.

Nena, vives no primeiro
mundo, esa xa e razón suficiente
para sentirte un pouquiño feliz,
non tes que cruzar o Atlantico
en patera, non che fixeron a
ablación de nena, os teus fillos
non teñen que inmolarse para
ser santificados, non tes que sair
do teu país para vender o teu corpo,
hay tantas e tantas razóns para
sentirte ben, maís os miolos
seguen a argallar, xogan a pita
cega cos bos pensamentos,
agochanos e agochanos e por
maís cos busco, non os atopo.

Porque non xogamos ó corro
da pataca, todos collidos das
mans, cantando e bailando,
sendo un pouquiño felices.
Todo e cuestión dos miolos,
traidores, peganche a puñalada
cando menos o esperas, e todo
volve ó principio, ó círculo vicioso
no que convertemos o xogo
de vivir.

Galicia, maio do 2008

No hay comentarios: