jueves, 17 de septiembre de 2009

HOMES E MULLERES. DIFERENTES E COMPLEMENTARIOS


O home e a muller son dúas partes dun todo, do home completo. Os dous son diferentes en todo, na súa morfoloxía, no mundo dos sentidos como o é a sensibilidade, a sensualidade e a sexualidade, no entendemento e na afectividade. É importante que tanto home como mulleres coñezan como son e cómo é o sexo oposto, xa que diso depende que se complementen e sexan felices.





Partamos de dúas realidades: primeiro, non nos coñecemos cómo somos, nin moito menos coñecemeos cómo é o sexo oposto. Máis ben, temos un concepto erróneo da persoa humana, como no caso do machismo, falso concepto do que é o varón. A falla de coñecemento mutuo da como resultado que, nas relacións home-muller na amizade, no noivado e principalmente no matrimonio, non se van levar ben e polo tanto non van ser felices; segundo, como na lei da física que sinala que dous polos opostos atráense e dous polos iguais rexéitanse; así, a gran atracción que existe entre un home e unha muller débese a que son completamente distintos en todo: no seu corpo, na súa sensibilidade, sensualidade e sexualidade, no seu entendemento e na súa afectividade.

Imos sinalar que o home e a muller non só son distintos en todo, senón tamén que se complementan mutuamente, que son dúas partes que forman un todo. Ó neno non o imos tomar en conta porque prácticamente é un ser indiferenciado. O neno e a nena case non se diferencian. Con excepción dos órganos sexuais, ambos son iguais nos seus rasgos anatómicos e sobre todo eles mesmos non se senten diferentes. A diferenza inicia na adolescencia, nesa etapa prodúcense os cambios físicos, fisiolóxicos e psicolóxicos.



1. Morfoloxía. A diferenza entre un home e unha muller inicia desde o cromosoma X para o home e o cromosoma Y para a muller. En relación co esqueleto, o do home é máis recto e vertical e o da muller un pouco máis inclinado, menos recto. Existe maior diferenza no tórax: o home é de ombreiros amplos e tórax moi voluminoso, mentres que a muller é de ombreiros estreitos e tórax pouco voluminoso. Pero na pelvis inverten os polos e o home é estreito de cadeiras e a muller, ampla, debido á función que desempeñará cando sexa nai, portadora dun fillo.



Outra diferenza está nos músculos do corpo, que no home pódense ver e deliñar perfectamente, mentres que na muller non, pois as súas formas son máis ben redondeadas. Unha diferenza notable está na voz: o home é de voz grave, profunda e a muller ten un tiple de voz agudo. Outra diferenza máis está no vello, xa que o home é veludo en todo o seu corpo, mentres que a muller é lampiña.


A diferenza máis grande e notable está, por suposto, nos órganos sexuais, cuxo estudo realízase completamente en Anatomía. Sen embargo, nin o home nin a muller por separado, son portadores de todo o humano. Non se pode concebir un home so nin unha muller soa, concebímolos o un para o outro. Os dous son parte dun todo e compleméntanse mutuamente. Neste senso morfolóxico, o home é viril e a muller é feminina. Ós homes encántanos que as mulleres sexan feminias e ás mulleres fascínalles que os homes sexan virís, varonís.


2. Sentidos. Pasemos agora ó mundo dos sentidos. Cómo sinte un home e unha muller é moi importante que o saibamos todos, tanto o home e a muller, como os educadores, os pais e todos aqueles que intervñen na súa educación e formación. Imos dividir este estudo dos sentidos en tres partes: sensibilidade, sensualidade e sexualidade.


a) Sensibilidade. Entendemos por sensibilidade a capacidade que posuímos homes e mulleres de captar, recibir ou percibir sensacións por medio dos sentidos superiores do ser humano que son a vista e o ouvido. Estes sentidos, na persoa humana, non son como nos animais que so captan o que está ó seu redor. No home, a vista e o ouvido son os sentidos máis espiritualizados; son aqueles por onde se asoma principalmente ó mundo exterior a nosa alma, o noso espírito. Son os sentidos por medio dos cales o home capta a beleza visual e auditiva: unha paisaxe, un horizonte cheo de matices, unha gama de cores, unha sinfonía, unha harmonía, un conxunto de sons nun concerto? Por medio deles non só podemos captar a beleza visual e auditiva, senón tamén podemos creala a través da música e da pintura. É máis ben a capacidade artística.



Agora ben, diante deste mundo recén descuberto da beleza visual e auditiva, o home é máis sensible que a muller. O home capta máis a beleza visual e auditiva que a muller, tanto en cantidade como en calidade. Isto podémolo comprobar coa historia. Houbo máis e mellores pintores e músicos homes que mulleres. Non é que a muller non capte a beleza visual e auditiva, tampouco que non poda creala, senón que non o pode facer na mesma intensidade e calidade que o fai o home. Podería dicirse que á muller non se lle dou a oportunidade de poder realizarse neste campo debido ó encerro a que se lle tivo recluída case sempre. A razón é outra: que ela non vai deica o mundo exterior por este camiño; ela vai polo camiño da sensualidade como veremos de seguido.



b) Sensualidade. Entendemos por sensualidade a capacidade que temos homes e mulleres de poder captar, recibir e percibir sensacións por medio do sentido universal do tacto, que sabemos está distribuído en cada parte do noso corpo. Pero o sentido do tacto no home non é como nos animais que so captan o que está ó seu redor. O home capta, a través deste sentido, máis alá do que sente e do que lle rodea. É como unha antena vivinte que capta máis alá do tempo e do espacio. Unha descrición do sentido do tacto en xeral sería moi extensa, pois abrangue unha gama inmensa de sensacións. Entre outras podemos citar as seguintes: o sentirnos persoas únicas; o sentir o noso propio eu, diferente ós demais; o sentir o noso mundo de pensamentos, anhelos e ilusións; o sentir o mundo que nos rodea, non soamente a nosa casa, senón tamén o lugar onde está situada a nosa casa, a colonia, a cidade, o estado, a nación, o estado, o continente, o mundo e ata todo o universo. En gran parte poderíase explicar aquí a ciencia da Astroloxía, un pouco ou un moito desprestixiada debido a súas imprecisión ou acertos.



A través deste sentido do tacto sentimos cando vai frío ou calor, agradable ou desagradable, cando estamos quietos ou cando imos a moita velocidade ata o vertixe, cando nos deixamos levar pola pioca ou pereza, a languidez; o sentirnos protexidos pola nosa familia, pola sociedade. En fin, que sería interminable a lista de sensacións que poderiamos captar a través deste sentido universal do tacto.




Agora ben, ¿cómo é o home e a muller na sensualidade? Sen lugar a dúbidas, a muller é máis sensual que o home. A muller é unha sensual tremenda, pois non pode ocultar o que sinte, xa sexa agradable ou desagradable. Berra, chora, emociónase ata a esaxeración algunhas veces; ata se chega a enfermar. Vibra diante de calquera acontecemento. Como se a muller ve e oe por cada un dos poros do seu corpo. E é que a alma e o corpo na muller están tan unidos que parece que é un alma nos pasos dun corpo; por iso resulta o corpo da muller máis tenro, máis delicado, máis espiritual, máis fermoso. Ata o seu xeito de camiñar é máis harmonioso. O seu amor ó baile, á danza, é unha das súas características. As grandes bailarinas da historia foron mulleres e non homes. Os grandes homes bailaríns non son precisamente prototipos da virilidade. A gama de sensacións que ten unha muller é infinita.



Á muller encántalle o cariño a través do tacto, do mimo. Encántalle ser acariciada, levada, traída, lanzada, bicada, abrazada, etc. En cambio o home non ten esta gama de sensacións; o seu mundo sensual é moi reducido. Non é que non sinta; o que pasa é que non sinte na mesma intensidade e calidade que a muller. ¡Que pena que os homes non saibamos este xeito de ser da muller! A importancia desto explicarémolo no seguinte apartado. Do seu descoñecemento depende a infelicidade da parella e outra serie de problemas. Para rematar este punto vexamos un exemplo.



Se pomos ó home e á muller diante dunha paisaxe, os dous captaríano de diferente xeito. O home, como é un artista, sae deica o mundo exterior a través da vista e o ouvido; cando ve a paisaxe sae fora de si e colócase na paisaxe. Dise que está en-axenado. Mentres que a muller atrae toda a paisaxe deica si e o sinte no seu interior e en todo o seu corpo; por iso se di que está en-sí-mesmada.

c) Sexualidade. Entendemos por sexualidade a capacidade que posuímos home e mulleres de captar, recibir, percibir sensacións por medio do sentido do tacto localizado nos órganos sexuais. Estes órganos son os que reciben máis directamente a descarga hormonal que electriza o organismo do home e da muller. É a sensación máis forte e máis agradable que podemos sentir.

No mundo de sexualidade aparentemente o home é máis sexual que a muller. A sexualidade no home é como a dun animal. Sabemos que é tan forte no animal que, segundo a súa especie lánzao a desafogarse fortemente. Pois no home a sexualidade é igual e pódea realizar e sentir non soamente tódolos días senón varias veces ó día. É moi forte e moi rápida, pois coa vista ou a imaxinación excítase enormemente. Dea í que na mercadotecnia se bote ma nde figuras que atraia na sexualidade do home principalmente. En cambio a muller non se excita coa vista nin coa imaxinación; ela vai á sexualidade por outro camiño, por vía sensual, como o veremos deseguido.



A importancia que ten isto na relación home e muller é moi grande para a felicidade dos dous. Se o home é rápido na sexualidade, senón a domina, correo o perigo de utilizar á muller como un obxecto para o seu desafogo. Pode ocorrer que a muller, ó ser rebaixada ó rango de obxecto, non vai ser feliz na sexualidade, non vai chegar ó orgasmo e vai rexeitar este tipo de relacións; é ó home pódelle suceder que a muller, a súa muller, lle empece a aburrir e trate de buscar noutras mulleres a felicidade que probablemente non encontre nunca.

A muller, que é unha sensual tremenda, soamente pode chegar á sexualidade por vía sensual, a través de caricias, palabras, un ambiente moi especial que hai que propiciar para que se vaia espertando a sexualidade en todo o seu corpo. Dá a sensación dun camiño lento e longo, pero cheo de sensacións polo cal ten que camiñar o home. E se é así, a muller chegará ó orgasmo tal vez con máis intensidade que o home ou poderá obtelo varias veces e polo mesmo remitirá tamén ó home maior satisfacción. Os dous teñen que poñer da súa parte. O home deberá esforzarse por dominar a rapidez da súa sexualidade e transitar a través do camiño da muller, cheo de sensacións. Ésta, a súa vez, deberá esforzarse por comprender que o home é moi sexual e moi rápido e, polo mesmo, cooperar para que ambos camiñen xuntos nese mundo de sensacións, do cal poden disfrutar plenamente, combinando as dúas forzas do home coa cantidade enorme de sensacións da muller, sen que xamais se aburran ou sintan a necesidade de andar buscando por outro lado, creando cada vez novas sensacións e xeitos de chegar ó éxtase, como nunha melodía cando se combinan os doce sons ata o infinito.

3. Entendemento. Pasemos agora a outro estrato do ser humano, un estrato superior, que é o entendemento. Se x avimos que o home e a muller son distintos nos eu corpo e nos seus sentidos, resulta, por consecuencia, que son distintos no seu entendemento, posto que este está encarnado nun corpo e nuns sentidos que son distintos.

Se xa vimos que o home é un artista consumado, resulta que o seu entendemento é deste tipo: calculador, matemático, abstracto, frío. Ó home gústalle pensar moito, gústalle o mundo da razón. As ciencias exactas e de razón creáronas os homes e non as mulleres. Os grandes matemáticos e filósofos da historia foron homes. O home non se compromete. Gústalle ver para crer. É desconfiado, frío e calculador. En cambio a muller, como é unha sensual tremenda, ten un entendemento como se fose un sexto sentido, un presentimento, unha intuición. A muller non necesita razoar para comprender moitas cousas. Antes de que sucedan os acontecementos presínteos e intúeos. É como un radar que pode captar obxectos na brétema ou na escuridade.


A importancia que ten saber o anterior é moi grande se se trata de tomar decisións na parella. Tanto o home como a muller son intelixentes pero por distinto camiño, de distinto xeito. Necesítanse mutuamente para non errar. O home necesita que a muller o preveña e opoña sobre avis oen caso de perigo ou de algo desfavorable. A muller tamén necesita do home para que se calme, para quen on se comprometa doadamente. Así é difícil que se equivoquen e se isto chegara a suceder non habería reproches pois a responsabilidade foi mutua.

4. Afectividade. Chegamos agora ó punto máis importante do noso tema. Na vida da persoa o máis importante é o que ama. A afectividade é o poderoso motor que o impulsa a realizar grandes fazañas boas ou malas. Vexamos como ama un home a unha muller e como esta ama a un home.



No home hai dúas forzas moi grandes que son a do seu espírito e a do seu corpo na sexualidade. Sitúase diante da muller de dúas maneiras: pola parte superior do seu ser, o espírito, atráenlle as cualidades espirituais da muller; pero pola parte inferior do seu ser, a sexualidade do seu corpo, atráenlle as cualidades físicas da muller, a súa beleza, o seu corpo. As dúas forzas teñen a mesma intensidade e tenden a separarse nun momento dado. 

A formación do carácter do home consiste en dominar e encarreirar estas dúas forzas durante toda a súa vida. Pero hai homes que se deixan levar por unha destas dúas forzas. Por unha banda temos ós que se deixan levar polo espírito e que non toman en conta o corpo. Son como anxos ou persoas moi intelectuais e que a veces non se relacionan con ningunha muller ou a desprecian. Pero tamén os hai, que non tendo en conta o espírito, déixanse levar polo instinto sexual e satisfano como os animais. 

Esta forza sexual tende a separar ó home da súa forza espiritual e maniféstase sempre durante toda a súa vida, principalmente cando está so, cando súa muller non se arranxa ou cando hai problemas entre os dous e entón busca desafogarse. Tal é o caso dunha aventura dunhas horas, dunha muller sexo servidora. Por iso a veces anda con dúas ou máis mulleres, de noivo ou de casado. É unha explicación máis non unha xustificación. O home verdadeiro, completo será aquel que domine as dúas forzas e as encarrile a unha soa muller, a muller que o vai complementar. Neste sentido o home é duplo, é máis infiel.



En cambio a muller ten a alma e o corpo completamente unidos, de tal xeito que nela non se da esa dualidade que hai no home. Polo mesmo, situarase diante do home dunha sola maneira. Se a muller ama a un home amarao para sempre e entregaráselle por completo. Non hai división na muller. O amor na muller é o máis grande que existe entre os humanos. Poderíase dicir que a muller é o amor feito persoa. Xamais o home chegará a amar como ama unha muller. Anque haxa moitos homes que amen á muller, se ela non se decide por un, non haberá entrega. Hai unha fortaleza nela que lle permite vivir atrincheirada. Pero unha vez que decida entregarse farao para sempre e completamente; non importa qué tipo de home sexa. 

Non haberá quen convenza á muller de que ese determinado home non lle convén. A muller non pode andar coqueteando como o fai o home. Sabemos que a sociedade é implacable coa muller. Non lle perdoa nada. Ou é o máximo ou é o peor. Se anda xogando ó amor, está en perigo a súa integridade, a súa maneira unitaria de ser. É moi difícil, por non dicir imposible, que teña remedio, que teña regreso. Ela mesma non se sentirá completa e xamáis chegará a amar como debería. Neste senso a muller é máis fiel. E así como é a que máis ama, é a única que pode perdoar, pero tamén é a única que pode odiar. Na muller non se dá un termo medio.

O anterior ten máis importancia do que parece, sobre todo para a felicidade da parella.

7 comentarios:

O salto da rana dijo...

Hoxe tiven un dos meus múltiples soños. Soñei cá miña mellor amiga e cun rapaz que fai moitos anos me enchia o ollo. O caso e que a miña amiga contabame que este rapaz intentara entrarlle, pero ela sabendo do meu interés por tal rapaz puxolle as cousas claras. Sin embargo eu enfadeime cá miña amiga e disculpabao a él, unha actitude que eu sempre rechacei pero que e moi común nas mulleres non sei por qué. Cando despertei sentinme mal por caer niso ainda que votando a vista atrás seguro que algunha vez eu tamén o fixen.
Que raro son os soños¡ non sei a conto de qué veñen moitas veces a mezcla de historias e persoas que nada teñen que ver, ou que pasaron pola tua vida pero xa casi nin te acordas delas.
Bueno como as miñas noites sempre foron moi fructiferas en canto a soños se refire xa vos irei contando haber si alguen os entende.
Volve a chover, xa tiven que volver ós calcetins, qué lle imos facer.

LUIS F. dijo...

Como parte da administración do Blog, quero expresar o meu descontento porque alguén está utilizando as direccións do IES Praia Barraña para enivar links dende o anonimato.

Cando decidimos compartir as direccións con todo o mundo era para poder poñernos en contacto, pero sempre sabendo con quen estabamos a falar.

Polo tanto, fomos varios do listado de direccións que recibimos un link de un anónimo, e non temos nada en contra de que a xente expoña as súas inquedanzas, pero non dende o perigoso anonimato.

Ramón dijo...

Doulle a raçón a Luís. Esto naçeu para relaçionarnos entre nós dun xeito construtivo, pero cando se enlaçan con outras páxinas ou blogs, os anonimatos son perighosos porque nos afectan a todos como corpo único diante de calquera declaraçión sobre un blog alleo a este.

Un saúdo.

Ramon dijo...

Cando xa hai dificultades propias para relaçionarse coas persoas en xeral, ¿que deçir da complexidade entre homes e mulleres?

Cada ves sinto como algho máis cansina, hipócrita e baleira as relaçións entre a xente, e tamén se me fai inalcançable e sumamente difíçil a óptica feminina á hora de entrar na súa enghranaxe.

Sen contar que tópome con homes que son picos de ouro de "moita leria" pero non abren o seu coraçón nin son nobles. Outro tanto para elas, tamén.

Non hai mellor que naçer sabio para entenderse a sí mesmo e ós demáis. Polo menos sabería que façer e deçir.

Anónimo dijo...

Dios mío!, eche boa verdá que en interné hai de todo.
Gustaríame saber de ónde saiu o "estudio" este de cómo son os homes e as mulleres.
Os homes, non sei, pero as mulleres que eu coñezo pouco teñen que ver con estes estereotipos.

Mary Hermo dijo...

Eu tamén recibin supoño que como a gran maioría un link a un blog de amitas de casa se mal non recordo, e pedinlle a persoa que se identificará xa que a miña mente iba en declive como a economía, e que xa leerá algo e que me parecía interesante e que cando soupese de quen era e o blog se fose enchendo o que faría sería darlle publicidade, pero tal foi a súa resposta que quedei anonadada por que foi http://amascasaboiro.blogspot.com/
así que non sei de quen se trata pero que diga quen é, por que opinar é libre pero o meu correo e dos demáis é privado e está protexido pola lei de datos. Espero que está persoa tome nota e de a cara para que todos o coñezamos.
Supoño que Luis falará do que a min me chegou e que me extrañou.

Carlos Insúa dijo...

Me comentan esto de las listas del correo electrónico y las amas de casa y me parece saber como sucedió.
Lo que creo que ha ocurrido es que cuando enviáis un correo electrónico a todos los colegas, colocáis las direcciones directamente en “para”. Eso hace que un receptor conozca todas las direcciones independientemente de su titular. De esta forma, cualquier persona que tenga acceso al mail del receptor (no creo que ninguno de vosotros pierda el tiempo con las amas de casa) puede rápidamente hacerse con la lista y usarla para fines no deseables.