viernes, 18 de septiembre de 2009

OSCURANTISMO E INTERESES BASTARDOS



OS PAOS DA LUZ

Hai unha chea de cousas que non acabo de entender de todo, ou máis ben non entendo nada. Pero das que menos, as que teñen que ver coa enerxía. Non da enerxía vital, senón da enerxía pola que cobran. A razón de por qué a enerxía eléctrica, que hoxe en día é un servizo público tanto ou máis necesario ca outros, é un negocio privado. Un negociazo, ou un negocísimo, que se fai con recursos aínda máis que públicos, como a auga ou o aire. A produción eléctrica foi sempre un asunto de Estado tal que se impuxeron as instalacións onde e como se quixo antes, hai pouco e mesmo agora (en Navia de Suarna levan medio século entre se quedan baixo da auga ou non). Dos eólicos xa nin falamos.





Quero dicir que non vexo moita diferenza entre subministrar enerxía a unha sociedade ou equipala con vías de comunicación e transporte. Pero no primeiro dos casos, o único pito que lle queda tocar ó Estado é facer que fai e aparentar que se pon duro e soamente permite que suban as tarifas dúas veces o incremento do IPC. Parece ser que xa se implantou a competencia no sector, pero para min que a única conquista social real neste ámbito foi a obriga de que se detallara o recibo da luz e deixaran de facer como eses restaurantes de confianza (da que ti tés neles) nos que che cantan o que hai, e logo contan e cobran a ollo. 

Foi case unha revolución. Como o descanso semanal ou a xornada de oito horas, vamos. Non é raro que houbera resistencia. Así coñecemos estraños conceptos como que nos alugan o contador, un aparato que necesitan as compañías para saber canta electricidade che dan. Por min, non mo poñan, alá eles. (Oia, que é pouco máis que un euro, dirán, pero xa firmaba eu que me deran un euro por cada un de vostedes que le esta columna).





Agora, compañías esas que van amañar o futuro da humanidade a base de ter máis beneficios cada exercicio conseguiron do Goberno que nos defende arrearnos unha suba de agárrate. Pero con medidas sociais. Eu en canto escoito o das medidas sociais agacho a cabeza e boto man a carteira. En primeiro lugar porque subxectivamente non son obxectivo de medidas sociais nin obxectivamente me consideran suxeito axudable. Pero en segundo lugar porque cando anuncian medidas sociais é para contraprogramar outro tipo de medidas que non lle chaman así, pero que son antisociais. Antisocial é subir a luz, pero non é social facerlle unha rebaixiña a quen precisa menos de X potencia. Porque lla fan a un rico que viva só e non a unha familia numerosa, porque non se precisa a mesma potencia nun clima frío que nun cálido, e sobre todo porque non é que as eléctricas deixen de cobrar esa cantidade: é que llela imos pagar todos. Para variar. 


E AS ELÉCTRICAS ABRAZARON Ó PRESIDENTE  




A foto é a do presidente de Iberdrola abrazando ó presidente dos galegos. Anulado o concurso eólico, as electricas xa poden estar contentas, pois do reparto anterior non saían moi beneficiadas. Agora supoño que xa non hai problema, a adxudicación do vento encabezarana Endesa, Iberdrola, Fenosa e demáis xente, porque era unha vergoña que os principales beneficiados non foran eles. Anularon tamén aquelo de que parte dos beneficios se tiveran que invertir en proxectos industriais en Galicia, normal... porque en que cabeza cabe que os galegos teñamos que sacar algún beneficio do negocio das eléctricas. O de sempre, o presidente galego que defende os intereses dos de sempre, das empresas de fora que sacan beneficio da nosa terra. Así todo moito mellor, como Dios manda.





AGORA TÓCALLE O TURNO Á FUSIÓN DAS CAIXAS DE AFORROS



Os galegos somos como somos, e igual que Fenosa pertenece ós da capital do estado, agora andan a dicir por aí que Caja Madrid quérese quedar con Caixa Galicia. As eléctricas secan os nosos embalses e énchenos cando lles interesa sen pagar nada a cambio, do vento beneficiaranse as empresas foráneas e os asteleiros diríxense dende Madrid. O único que nos podía quedar, que eran as caixas, queren que tampouco sexa noso. Como os rumores veñen da capital do estado non hai problema, que a Señora Esperanza empece a xestionar os nosos aforros é algo favorable, beneficioso e perfecto para a economía galega. Menos mál que non é a caixa catalana porque daquela si que poñerían os poderes fácticos o berro no ceo, ¡ QUE LOS CATALANES SE QUIEREN QUEDAR CON NUESTROS AHOROS!, pero tranquilos, que como é dende Madrid no hai ningún problema.

Ya está pagado, un millón de euros para La voz de Galicia






Se publicaron en el DOGA las ayudas que la Xunta de Galicia ofrece a los medios gallegos. En primer lugar se encuentra la Voz de Galicia con 996.000 €, en el penúltimo Xornal de Galicia con 1739 €. Sí, entre ellos hay casi tres cifras de diferencia y uno de los baremos para dotar a las subenciones es la defensa y difusión del gallego, o sea, quien más lo defiende menos cobra, quedando relegado al ostracismo. Ya está pagada la campaña electoral, La voz cobra de las arcas públicas la indispensable ayuda al resultado electoral. Otro más para la lista, después de la eléctricas con el concurso eólico y las constructoras con el levantamiento de la prohibición de los 500 metros en la costa. Los gallegos querían trasparencia, buenas formas de gobierno y responsabilidad... pues ahí las tienen. Pero en el fondo cada uno tiene lo que se merece...



EN DEFINITIVA, AS IMAXES QUE SEGUEN PODERÍAN TER DETERMINADA RELACIÓN CON TODO O ANTERIOR.




6 comentarios:

¿qué fago de comer hoxe? dijo...

Hoxe estaba cunha amiga na misa vendo uns rapaces facendo a comunión. Cando saíamos dime que me prepare que esa tarde as oito era a miña boda. ah¡ pensei bueno pois hai que ir a buscala roupa. Ti tranquila, que xa cha levan á casa.
Logo de pasar toda a tarde dando voltas, e sin saber onde andaba miña nai, decidin que era a hora de peitearme, pois xa eran as sete e media. Pero ¿ónde estaba a roupa?
Por fin a miña amiga troixoma, e empezei polas medias, que una vez postas rompían por todolos lados. E o traxe consistía nunha falda tipo mariana, una blusa anchísima e unha chaqueta tres tallas mais grande ca min. A miña amiga e mais eu quedamos en que así non podía casar, así que decidimos ir ós columpios, pero ¡tate¡ non poidemos cruzar porqué viña unha procesión. O final decidimos ir cada unha para a sua casa non sin dificultade xa que as rúas estaban cheas de coches que non nos deixaban pasar.

Nunca me gustaron os paus da luz, como viñera un aire por Triñans, estes parecíanse mover e ala quedabamos sen luz e sen tele.

¿qué fago de comer hoxe? dijo...

Hoxe estaba cunha amiga na misa vendo uns rapaces facendo a comunión. Cando saíamos dime que me prepare que esa tarde as oito era a miña boda. ah¡ pensei bueno pois hai que ir a buscala roupa. Ti tranquila, que xa cha levan á casa.
Logo de pasar toda a tarde dando voltas, e sin saber onde andaba miña nai, decidin que era a hora de peitearme, pois xa eran as sete e media. Pero ¿ónde estaba a roupa?
Por fin a miña amiga troixoma, e empezei polas medias, que una vez postas rompían por todolos lados. E o traxe consistía nunha falda tipo mariana, una blusa anchísima e unha chaqueta tres tallas mais grande ca min. A miña amiga e mais eu quedamos en que así non podía casar, así que decidimos ir ós columpios, pero ¡tate¡ non poidemos cruzar porqué viña unha procesión. O final decidimos ir cada unha para a sua casa non sin dificultade xa que as rúas estaban cheas de coches que non nos deixaban pasar.

Nunca me gustaron os paus da luz, como viñera un aire por Triñans, estes parecíanse mover e ala quedabamos sen luz e sen tele.

Anónimo dijo...

"link de un anónimo": refireste a un que di amascasaboiro? Eu non o quixen abrir por se traía virus.Pareceme ben que o descalifiques por introducirse desta maneira. Hai un camiño máis leal: propoñerllo ó admisnistrador.
A mín non me gusta que se utilice a miña dirección sen o meu consentemento.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Eu tamén resibín un anónimo e me parese que é da misma direcsión, "amascasaBoiro". Vouno comprobar e xa vos direi aljo.

Anónimo dijo...

Acabo de mira-lo correo sospeitoso. O que me chejou a mín non é exactamente da direcsión "AmascasaBoiro". O meu pon "Ama.en.cachas.e.Coiro". Cómo son moi botado para diante abrino, e dinme conta do carácter amenasante que tiña: Díxome que me iba a atar, e a darme latijasos.

Postdata: É só unha broma, xa sei que o tema é serio.POR FAVOR, que ninguén se me enfade.

Anónimo dijo...

REPETIMOS A ESE ANÓNIMO QUE SE IDENTIFIQUE POIS SENÓN IMOS ATOPALO ENTRE TODOS/AS, POR QUE ALGÚNS QUE CHE SABEMOS DE INFORMÁTICA PODEMOS CHEGAR A SÚA IP CO CAL TERÍAMOS O TELEFONO DESDE O CAL SE CONECTA, ASÍ QUE XA SABES QUERIDO ANÓNIMO/A DATE A COÑECER O NÓS MESMOS CHE ATOPAREMOS.