sábado, 19 de septiembre de 2009

A MIÑA LINGUA





PILAR CIBREIRO


A MIÑA LINGUA

I

Falo coa miña lingua irada,
coa rabia da brétema nos ollos,
coas palabras-farrapos culpantes
de tanto ladroício, coas bágoas,
o ferro, o veneno, a auga turba,
a lama dos pozos sen peitoril nin dono,
a fereza dos cazadores doutrora
-os que amansaban falcós e miñatos-
coa fala dos saqueadores de eirexas,
a lingua maldita dos asasinos,
dos saltadores de camiños,
de tódolos bandoleiros sen perdón
e dos guerreiros mercenarios,
a fala muda dos pobres de pedir
e dos guerreiros mercenarios,
a fala muda dos pobres de pedir
e dos cás escorrestados da lareira.
Falo coa miña fala vagamunda,
cos berros das mulleres no parto,
coa voz de cada condenado deste mundo,
de cada exiliado da vida.


II

Falo a un tempo a fala doce dos amantes,
falo prós amantes máis que nada
e pra tódolos que, por causa do amor,
sofren e calan a súa desdita.
Falo a fala dos poetas que están mortos,
coas súas mellores palabras,
coa súa palabra esquencida falo,
coa voz amantiña dos irmaos benqueridos,
coa vella pregalla que levo escrita no sangue
desde hai tanto e que foi inocente un día.

4 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Nestes momentos non teño palabras para comentar sobre o tema de hoxe, tan só dar o meu sentido pésame a toda a familia de Jose Ramón "O Fanado" como era coñecido en Cabo de Cruz pois hoxe pola tarde faleceu e deixounos pero quedan os seus recordos que son moitos.
Quedome coas súas risas e as súas palabras de ánimo sempre, o tempo que adicou e axudou a facer posible as Festas do Carme do Cabo e outras moitas cousas.
Ata sempre amigo.

Anónimo Pedro dijo...

O meu pésame á familia de José Ramón "O Fanado". A morte veulle na plenitude da súa vida.
Bonito o poema de hoxe, aínda que descoñezo quen é Pilar Cebreiro.¿Alguén mo pode aclarar?.
Por outra banda, decir que a mín tamén me chegou o correo famoso ese das amas de casa, aínda que me entrou cómo Correo electrónico no deseado. De tóda-las maneiras pícame a curiosidade por saber de que se trata. A miña pregunta é: ¿Pódese abrir?.

Mary Hermo dijo...

O correo esee misterioso podese abrir e levata a un blog, e podes lelo se queres, fala das amas de casa e a súa presidenta que dixo esto e aquelo outro.

Anónimo dijo...

D.E.P. AMIGO FANADO