NOTA: Hai crímenes ocultados á opinión pública, como por exempolo na India, que podedes ver se tecleades literalmente: "Rebelión. Miles de campesinos indios se suicidan tras utilizar..."
Un novo informe de Amigos da Terra mostra o fracaso e as mentiras da industria dos transxénicos
Amigos da Terra demostra nun novo informe que os cultivos transxénicos están beneficiando ás multinacionais e non aos pequenos campesiños nin ás persoas que sofren fame, case mil millóns de persoas pola última crise alimentaria. Demóstrase tamén, como a industria dos transxénicos truca as cifras para dar a sensación de que os seus produtos son cada vez máis aceptados. Todo isto case un ano despois da publicación dunha avaliación da ONU que conclúe que os cultivos transxénicos non supoñen unha solución para aliviar o fame nin a pobreza.
O novo informe da Federación Amigos da Terra Internacional, “Quen se beneficia dos cultivos transxénicos?” [1] mostra como a subida dos prezos dos alimentos básicos pola crise alimentaria mundial permitiu ás multinacionais como Monsanto acumular beneficios record, aumentando de forma exponencial o prezo das sementes transxénicas e dos agroquímicos que venden aos agricultores. Monsanto anunciou en xaneiro que os seus beneficios do último trimestre case triplicáronse, e que o seu beneficio neto está previsto que se triplique desde os 984 millóns de dólares en 2007 ata os 2960 millóns en 2010.
”Os cultivos transxénicos son para alimentar aos xigantes da industria biotecnológica, non aos pobres” afirmou Nnimmo Bassey, Director Executivo de Amigos da Terra Nigeria e Presidente de Amigos da Terra Internacional. “As sementes transxénicas e as súas pesticidas asociados son excesivamente caros para os pequenos campesiños de África. Os promotores desta tecnoloxía nos países empobrecidos están totalmente fora de contacto coa realidade”.
Monsanto é a maior empresa mundial de sementes, e practicamente ostenta o monopolio da tecnoloxía transxénica. As sementes modificadas xenéticamente custan entre dúas e catro veces máis que as sementes convencionais. Monsanto tamén comercializa o Roundup, o herbicida máis vendido no mundo.
”Grazas en gran medida a Monsanto, os agricultores estadounidenses están afrontando incrementos dramáticos nos prezos das sementes transxénicas e nos químicos asociados” afirmou Bill Freese, do Centro pola Seguridade Alimentaria de EE.UU. “Os agricultores de países do Sur que se acollan a esta tecnoloxía de Monsanto e outras multinacionais non poden senón esperar a mesma sorte, incrementos brutais do prezo das sementes e dos pesticidas, e un descenso radical na dispoñibilidade de sementes non transxénicas”.
O custo das sementes transxénicas non é o único problema. Os cultivos transxénicos non se cultivan nin están deseñados para aliviar a pobreza. A inmensa maioría son solla e millo destinados a alimentación do gando e produción de agrocombustibles en países desenvolvidos.
EE.UU. produce máis do 50% dos cultivos transxénicos a nivel mundial. E preto do 90% do área global cultivada con transxénicos está en 6 países americanos (EE.UU., Canadá, Arxentina, Brasil, Paraguay e Uruguay), países cun sector agrícola altamente industrializado e orientado á exportación.
En Europa, onde o cultivo de transxénicos supón unha parte marxinal da agricultura, as multinacionais inflan as cifras para maquillar a realidade. O único cultivo autorizado é un millo, que supón tan só o 0,21% da superficie agrícola na UE. España é o único país europeo que o cultiva a gran escala, con máis de 80.000 hectáreas en 2008. Sete países europeos prohibiron o cultivo deste millo polos seus impactos ambientais e incertezas sobre a saúde.
O lobby da industria europea, EuropaBio, alega un 21% de incremento na superficie de transxénicos en Europa respecto de 2007, cando en realidade produciuse un 2% de descenso. O truco é tan simple como eliminar dos cálculos a Francia, o último país en prohibir o cultivo de transxénicos [2].
”Os transgénicos non están facendo nada por solucionar os problemas dos pequenos agricultores, nin no Sur nin en Europa. E é bochornoso utilizar a loita contra o fame para promocionar un negocio multimillonario, con graves impactos ambientais e sociais, e alarmantes riscos para a saúde” engadiu David Sánchez, de Amigos da Terra España.
Malia máis dunha década de propaganda, a industria non introduciu nin un só cultivo transxénico que incremente os rendementos, que sexa máis nutritivo, resistente á seca ou á salinidade. Os transxénicos dispoñibles hoxe en día seguen sendo nun 80% resistentes a un herbicida, o que disparou o uso de agroquímicos nos países produtores. O resto son resistentes a insectos.
“En Galicia preténdese experimentar con algúns tipos de transxénicos para que soporten unha praga que aquí non existe. Xa son cinco os concellos nos que queren cultivar transxénicos, e a maior parte de eles non tiñan coñecemento algún disto” engadiu Analía Moares, de Amigos da Terra.
A aposta polos transgénicos escureceu o gran potencial da agricultura agroecolóxica, de baixo custo, para a produción de alimentos e aliviar o fame. Un esforzo de catro anos por parte da ONU, la “Avaliación Internacional del Papel do Coñecemento, a Ciencia e a Tecnoloxía no Desenvolvemento Agrícola” (IAASTD nas súas siglas en inglés), que implico a 400 expertos de múltiples disciplinas, gobernos e multinacionais, recomendou unha aposta polos métodos agroecolóxicos, que ofrecen incrementos na produtividade sen sementes nin químicos caros, e unha reforma das inxustas normas de comercio internacional [3].
1 comentario:
Había que meterlles as sementes transxénicas e os venenos para o seu tratamento polo cu a tódolos responsables das industrias biotecnolóxicas, das industrias químicas e de tódolos ghobernos culpables por consentirlles dar entrada.
Se non lle cheghaba con iso bañalos cos seus propios produtos, e por último façerlles comer tódalas súas manipulaçións xenéticas, por seghuir coa teima da: falsa produtividade, da persistençia enghañosa de que non ten efectos secundarios, e tamén coa mentira de que os labreghos teñen unha economía produtiva de benefiçios e saneada, ¡claro!, por eso se suiçidan, endebedados e hipotecados ata o pescoço de por vida e incluso herdando os seus desçendentes as débedas con estas industrias e os bancos.
Non so están implicadas estas porquerías de industrias, senón os ghobernos e oligharquías dos países probes que lle abren as portas a cambio de benefiçios persoais ós ghrupos de poder, tamén nos países que están en vías de desenvolvemento e nos países oççidentais que en definitiva arruinan ó aghricultor tradiçional de sempre.
Adios ás sementes perfeççionadas durante miles de anos nun proçeso natural e sostible, que desapareçerán para sempre, por causa da hecatombe da manipulaçión das leis da natureça, a cal so traerá desequilibrios, enfermidades e fame.
Xa se proclamaron en Europa voçes en contra que conduçiron a aprobar leis prohibindo cultivar transxénicos no seu territorio, pero no estado español dáselles carta branca para cultivalas, porque para permaneçer consecuentes co dito de que Spain is different hai que seghuir benefiçiando os intereses do ghran capital en detrimento das clases baixas e medias.
Coma sempre cando esteamos coa aghua ó pescoço nese momento dirán que teñen que actuar con ética e responsabilidade. ¿Con ética e responsabilidade? ¡Que va! Actuarán con remendos e sen profundidade, tendo que volver a paghar as consecuençias os de abaixo, mentres ese capital deslocaliçado levarase os benefiçios enormes e deixará unha desfeita ambiental, económica, sectores arruinados, ...
Oghalla empachen e exploten con toda esa ambiçión desmedida tanto os responsables directos coma os indirectos. ¡E nos que o vexamos!
Publicar un comentario