Cantos
anos con tendido eléctrico sobre paus de madeira, cantos anos con
transformadores que lles saltaba o automático cada dous por tres
deixándonos sen lus, cantos anos con menor potençia eléctrica da
que nos correspondía e que nola cobraban como se a tiveramos, tanto
tempo ás escuras sen causas normais e aparentes para esas
situaçións, nin tormentas, nin temporais, ..., cantos anos con lus
de velas, …
Tanta
miseria entre a xente que por non moverse e façer piña entre eles
consentían calar perpetuando esta inxustiça, preferindo comprar
aparatos para recuperar a potençia eléctrica que lles correspondía
por factura. Pero como non había máis potençia que sacar da que
nos suministraba a empresa eléctrica, uns polos outros, e a
visibilidade cheghaba a ser menor, en troques o consumo de velas ía
a máis.
Ata que
meu pai de acordo con miña nai, vendo a pasividade, despreocupaçión
e falta de loita dos veçiños con esta realidade, deçidiron
reclamar pola súa conta xunto con outro veçiño que lle apremiaba
tamén esta situaçión, coa fin de reclamar un serviço que paghaban
e non tiñan.
Tendo
feitas varias viaxes á Coruña coa súa presençia física e
reclamaçións por escrito en Industria, vían o pouco, ou nincún
caso que se lles façía ás súas petiçións. Eran, sabedores da
condiçión humana e consçientes da súa propia falta de formaçión
e medios para reclamar o que lles perteneçía por dereito. Por eso,
propúxose buscar alghunha persoa de peso e con preparaçión que os
acompañase e axudase a defender a súa xusta causa diante da
burocraçia, prepotençia e falla de atençión desta macroempresa
conoçida a finais dos anos oitenta como Fenosa.
Tivo que
despraçarse en varias ocasións no seu propio veículo a Industria,
na Coruña, correndo do seu peto todo tipo de ghastos e dietas, sen
axuda do veçindario. Todo isto sen contar os días empreghados en
buscar o ben de todos.
Aquí na
Coruña, en Industria, valeu de moito a persoa que os acompañaba
para poderen afrontar e façer valer os seus dereitos diante da
parafernalia burocrática, deshumaniçada, prepotente e clasista
desta empresa eléctrica.
A
filosofía dos seus propietarios sempre foi explotar á poboaçión
por un serviço inexistente, así como a conduta por parte dos seus
directivos e carghos relevantes que a ghrandes rasghos destacaron por
estar de costas á xente, créndose acredores dun plus de pleitesía,
sen ter en conta as tarifas que lles cobraban á poboaçión que
careçía dun serviço real.
As
palabras pronunçiadas nos despachos correspondentes de Industria
pola persoa que os acompañau, foron efectivas para a boa marcha da
reclamaçión, e pareçe que xurdeu efecto.
É
esperpéntico que por mor do açento foráneo que posuía a persoa
que acompañaba a meu pai é ao veçiño, xunto coa mostra de
oratoria, así como posiblemente a súa neçesaria identificaçión
persoal, fora atendido. Todo esto, sumado á explicaçión-preghunta
de: "se nos tempos que corrían, poderían deixar de usar velas,
extensibles eléctricos, acçesorios e demáis utensilios prácticos."
Conclúese
que foi lamentable ver como os responsables deste departamento de
Industria e os seus empreghados, se puxeron mans á obra. Fixéronlle
saber que xa enviaran por correo a orde a Fenosa, en Santiagho, coa
fin de renovar toda a instalaçión eléctrica no lughar.
Persoados
meu pai e os acompañantes, en Fenosa, Santiagho de Compostela,
comunicóuselles polo empreghado que os atendeu diante dunha torre de
papeis que non cheghara nincún escrito. E de novo, as palabras do
acompañante, transmitíndolle que na Coruña estaban seghuros de que
xa tiña que ter entrado esa petiçión aquí, polo que abertamente
díxolle ao funçionario que estaban sendo enghañados. Así que de
novo a oratoria e a apariençia do acompañante influeu no reçeptor
ou ofiçinista, porque este actuou con dilixençia mirando no
rexistro de entrada, e alí estaba xa o escrito.
O
seghuinte paso foi saber cando começarían as obras de renovaçión
do tendido eléctrico, cambiando os postes de madeira polos de
formighón, así como novos transformadores e a potençia correcta
que lles correspondía, a cal era moito menor ca que estaba paghando.
Moi
axiña, xa os avisarían.
A partir
daquí, e ó pouco tempo, os traballadores de Fenosa personáronse na
aldea, contactando con meu pai para ver de cambiar tódolos postes de
madeira polos de formighón. Como tamén, novos transformadores e
obter a potençia que lle correspondía despois de varias décadas de
burla e explotaçión por parte desta empresa.
Por se
esto non fora pouco, houbo impedimentos e reticençias dalghún-a
veçiño- pola reestructuraçión e colocaçión dos novos postes nas
estrema das leiras. E visto que os encarghados de Fenosa víanse
incapaçes de convençelos, falaron con meu pai para que lidiase, e
convençese ao veçindario da neçesidade de deixalos colocar se é
que non querían seghuir na mesma situaçión.
Despois de moitos esforços, e cambios nos sitios marcados, púdose levar a cabo o planificado.
Ao fin, todos servidos, tanto quen se mollou coma os que non, e por riba sempre había alghún caradura que deçía que: "quen se moveu foi porque quixo xa que tamén cobraba por eso." ¡Serán retorçidos, e ruíns.!
Prefiren
non colaborar no seu día, con tal de torpedear a quen se move,
desbaratando e anulando o seu esforço para logho aproveitarse da
loita de quen reclama os serviços.
Moi
enconados, e viles hai que ser para non entender, e non querer ver
que todo con boa vontade, e harmonía, é máis fáçil e levadeiro
para todos.
Outro
tanto pasou na loita dos da nosa casa en ser os primeiros en abrir
liña telefónica desde Boiro ata o interior desta aldea e parroquia.
Historia que queda para máis adiante, debido á xa exçesiva
extensión deste relato sobre a lus.
POSTDATA:
DEÇIR
QUE A VERDADEIRA CULPABILIDADE RESIDE EN PRIMEIRO LUGHAR NO ESTADO
DESDE O SÉCULO PASADO POR MANTER ESTAS SITUAÇIÓNS
TERÇEIROMUNDISTAS ATA O DÍA DE HOXE, SEGHUIDO DOS CONÇELLOS, COMO
ADMINISTRAÇIÓN TRADIÇIONAL E LONXEVA, CONTINUANDO COA IMPLICAÇIÓN
DA ADMINISTRAÇIÓN AUTONÓMICA CREADA A MEDIADOS DOS ANOS OITENTA..
COMENTAR
QUE É PENOSA A IGNORANÇIA E INCONSÇENÇIA DA XENTE NA ACTITUDE DE
DESUNIÓN Á HORA DE RECLAMAR UNS MELLORES SERVIÇOS, CUXA CAUSA
PODERÍA SER A POUCA FORMAÇIÓN DA XENTE, A DESVERTEBRAÇIÓN DA SÚA
ECONOMÍA E DO SEU TERRITORIO, ASÍ COMO A FALTA DE VISIÓN DO
PROBLEMA REAL QUE SUFREN E LLES AFECTA.
REMATAR EXPLICANDO QUE CANDO A CALQUERA ADMINISTRAÇIÓN LLE INTERESA LEVAR A CABO UN DETERMINADO PROXECTO POR DESTRUCTIVO E INHUMANO QUE SEXA, TODO LLE É POSIBLE A PESARES DO DESPREÇIABLE E CRIMINAL DA SÚA OBRA. PORQUE NON HAI MÁIS QUE VER POBOS INUNDADOS POR PRESAS E EMBALSES, ENTRE OUTRAS DESFEITAS, SEN MIRAR AS SÚAS CONSECUENÇIAS.
POR
ISO TODAS ESTAS PENURIAS E ABANDONOS RELATIVOS Á LUS É AO TELÉFONO,
FORON OCASIONADAS E PERPETUADAS POLA DESIDIA E FALLA DE VONTADE
POLÍTICA.
PROBLEMA INXUSTIFICABLE E IMPERDONABLE CANDO SE ESTÁ NA TERRA DA AGHUA QUE EXPORTA ENERXÍA ELÉCTRICA Ó RESTO DO ESTADO E A OUTROS PAÍSES SEN OBTER NINCÚN BENEFIÇIO A CAMBIO.
AH!,
O QUE SI TEMOS SON POBOS INUNDADOS BAIXO AS AGHUAS, ESO SÍ E AGHORA
MUÍÑOS EÓLICOS NOS MONTES CON BENEFIÇIOS PARA FÓRA. TAMÉN, COMO
A LUS E O TELÉFONO, MOITAS COUSAS MÁIS.
SENDO
XERADORES E EXPORTADORES DE MATERIA PRIMA E ENERXÍA, ¿CONTINUAREMOS
A MALA FADA DE NON OBTER NINCUNHA CONTRAPRESTAÇIÓN A CAMBIO DO SEU
APROVEITAMENTO?, OU PARA MÁIS VERGHOÑA, ¿PERVIVIRÁN SERVIÇOS
DEFIÇITARIOS NESTA TERRA E INCLUSO CASOS DE LUGHARES CARENTES DE
SERVIÇO NESTAS ALTURAS.
7 comentarios:
Esto das eléctricas é unha carallada.
Inda hoxe cando existía a posibilidade de que a conçesión na enerxía eólica pudera estar en diferentes mans que as eléctricas de sempre, cunha nova condiçión enghadida que era deixar parte dos beneficios e investimentos industriais nesta terra, quedou nun fieito seco, é diçir o novo ghoberno autonómico anulou esas condiçións e concursos volvendo a deixar esta nova posibilidade enerxética do vento nas eléctricas de sempre: Fenosa, Iberdrola, ... sen nincunha contraprestaçión a cambio.
Se non che ghusta o caldo, sete cuncas.
A lei da anormalidade e o esperpento volve a imporse.
Jopetas, pido disculpas. Me equivoqué antes al darle al Intro y mi comentario fué a parar a la noticia equivocada, a esa que hablaba de las chicas de las traineras. Mi comentario de:"Se las hay que dar, porque merecer se las merecían", cómo es de suponer, va dirigido a los de Fenosa y a lo mal que se portaron en la oficina de La Coruña, claro.
O que se conta na publicación de hoxe non é un caso illado e único.
Por toda esta contorna, e por extensión por todo este país, viveuse desde os primeiros tempos da "instalación e servizo" da luz eléctrica unha situación penosa de abandono constante e permanente ata o día de hoxe.
A atención ó público por Fenosa tivo moito que desexar, a imaxe que lle quedou e queda á xente a través de todo esta desatención, desamparo e falta de verdadeiros servizos pode ser calificada como abuso, roubo e explotación.
As sedes desta empresa estaban afastadas da xente á hora de posibilitar acercarse e personarse físicamente a elas.
¿Por teléfono? Imposible porque o teléfono nas casas foi instalado a mediados e finais dos oitenta.
E a partir de aquí incluso tendo teléfono, había que chamar innumerables veces por unha mesma queixa, e con frecuencia non quedaba máis remedio que ir directamente en persoa a Fenosa.
De ter que ir directamente a Fenosa, era toda unha aventura: escasas estradas, e as que había terceiromundistas como se non existiran, incluida a non existencia de servizo de autobuses, e os coches particulares quen os tivese.
Cando non che quedaba máis remedio que personarte nos seus despachos do quinto pino, facendo mil aventuras e esforzos por chegar hasta eles, víaste nunha situación de abandono, incomprensión e falta de compromiso por parte dos seus representantes e oficinistas.
Desde a historia das nosas xentes co mundo da ¿luz? este servizo estivo copado por Fenosa prácticamente desde os seus inicios, pero sempre foi unha situación de "non servizo".
Non entendo a idea que quere transmitir Juanpa Poio, ¿qué significa?
¡Córcholis!,¿Que qué significa?. Bueno, pues la expresión "merecer se las merecían" viene siendo algo así cómo decir, ¿cómo me explicaría yo?...vamos, que aquel tema se solucionaba dándole un par de galletas a los oficinistas que los atendieron en Fenosa en La Coruña.
Mexan por un e din que chove....
Pero, non nos equivoquemos, esto non é só un problema de Fenosa. Toda a Administración funciona co de "vuelva usted mañana".
Eu mañán teño que ir facer un trámite administrativo ó Concello de Boiro. Xa teño todo o papeleo listo pero fáltame...¿Alguén me pode prestar unha escopeta de balíns?
Publicar un comentario