jueves, 24 de septiembre de 2009

SEXO, DROGAS E ALCOL

Sexo, drogas e... pouca precaución




Segundo unha recente investigación da Rede Europea para a Investigación e Prevención de Problemas dos Xóvenes (IREFREA), o consumo de altos níveis de alcol e outras drogas entre a xuventude europea fomenta o aumento de prácticas sexuais non seguras. Este dato non só se traduce nunha porcentaxe máis alta de embarazos non desexados, senón tamén nun perigoso incremento das infeccións producidas por enfermidades de transmisión sexual.

As condicións do estudio extraéronse a través das respostas de 1.341 xóvenes de nove cidades de nove países de Europa (Alemania, Austria, España, Eslovenia, Grecia, Italia, Portugal, Republica Checa e Reino Unido), con idades abranguidas entre os 16 e os 35 anos que estaban acostumados a saír pola noite en busca de diversión.


Un dos puntos nos que se centra o traballo é en investigar o propósito polo cal se consomen drogas. Os resultados apuntan a que o 28,6 por cento de consumidores de alcol tómao porque cre que facilita entrar en contacto cunha posible parella sexual, mentres que o 26,2 por cento dos de cocaína faino para prolongar a relación sexual.


Tamén se atopou unha relación directa entre consumir drogas e ter tido relacións sexuais precozmente. De feito, tal e como afirma unha das investigadoras do documento, Montse Juan, “o consumo de alcohol, cannabis, cocaína ou éxtase antes de cumprir os 16 anos relaciónase con ter tido relacións sexuais antes desa idade”.


Asimesmo, os investigadores atoparon que os varóns en xeral consomen máis éxtase para prolongar a experiencia sexual, e aqueles que están solteiros toman máis cocaína que o resto para aumentar a excitación e mellorar as sensacións. Ademáis, no caso da cocaína, os consumidores habituais teñen cinco veces máis probabilidades de ter cinco ou máis parellas sexuais nos últimos doce meses ou de pagar para ter sexo.


Falta de concienciación


A pesar destes datos, no noso estado existen moi poucos programas preventivos que traten o vínculo entre o consumo de dorgas e o sexo. Por iso, a experta aposta por propoñer programas e estratexias preventivas e por seguir indagando sobre a abordaxe do consumo de drogas “vinculando o factor social, o psicolóxico e o físico coa sexualidade, desde a propia experiencia vital dos xóvenes".

E é que, anque existen moitos riscos para a saúde, os estudos que abordan a asociación entre sexo e consumo de drogas (e, específicamente, as estratexias polas cales os xóvenes utilizan estas sustancias para facilitar o proceso da actividade sexual) siguen sendo limitados.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿E que remedio dan para romper o xeo diante da búsqueda dunha posible parella nun local de movida, senón é por medio do alcol, pero so un pouco, para estar a tono e deshinbirse?

Xa sei que todo en demasía é malo.

Entón ¿que?

Mary Hermo dijo...

Eu creo que o mellor é ser un mesmo, sen artificios, e ser claro, manter unha conversa axeitada cara a persoa coa que queres ter algún tipo de relación, o alcol en pequeniña dose pode facelo pero ¿que pasa se despois de esa copa tomas outra e outra ata o punto no que a deshinbición sexa total? O que pasaría sería que ninguén se che arrimaría pois xa non falarías ti senón o alcol que levas no corpo.
Ser un mesmo é o mellor que podemos facer para relacionarnos a todos os niveis.

Biquiños onde máis vos gusten.

Mary Hermo dijo...

O incendio que hai na cordeleria de Chicolino é incrible, xa está cortado un carril en dirección Riveira da Via Rápida.
Eu cando o vin dende Cabo saqueille unha foto pois parecía que se asomaba un tornado pola columna de fume que se formou e que a estas horas aínda se segue a ver.