domingo, 27 de septiembre de 2009

CHÁMASE VIDA


Esta é a historia dunha vida e dun amor. El rolda os ointenta e ela pasa deles. Ela quéixase. Dóenlle as pernas, os riles e a columna impídelle case andar. Ela dille a el que para estar así, era mellor non ser. E el chora. Chora porque fica impotente como o tempo non perdoa a nada nin a ninguén. Chora porque cada vez ve máis lonxe aquela primeira vez que a acariciou, o primeiro bico entre o millo, a primeira vez que lle tocou unha teta, a primeira vez que fixeron o amor, o primeiro fillo, as borracheiras que tomaban na barra entrementres servían... Agora ela tamén chora, ¿sabedes porque?. Porque agora tócalles a eles. Teñen que morrer, e sábeno.



Ás veces véxoo alá enriba das pedras. Ten a mirada perdida. Perdida nun sitio no que ninguén lla atopará. Chámase amor, chámase vida.




1 comentario:

Mary Hermo dijo...

Fermosa historia, a vida é así pois todos temos que pasar por ese trance, o único do que estamos seguros é de que ó final nos chegará a morte, e que mellor morte a de chegar pasados os oitenta e ter as lembranzas dos bos momentos nos que se disfrutaron e gozaron, daquelas experiencias que nos marcaron e nos ensinaron.
Eu quixera chegar os noventa coa cabeza ben posta para poder seguir saboreando a vida, a amistade e o amor.

Unha aperta forte para tod@s con todo o meu cariño.