viernes, 11 de septiembre de 2009

O TABERNEIRO por Ramón Laíño





Taberneiro que ó alto estás e do que ignoro as circunstançias da túa profesión, ¿tal ves casualidade, obrighaçión ou propia deçisión?



Resignada e sombría é a túa ocupaçión, entre catro paredes enclaustrado sen remedio como un condenado a pena en prisión.


Enismesmado, e perdido no teu mundo, limpas, lavas, ordenas, e repós todo o neçesario para a xente poder reçibir e atender. 


Mestre alquimista, servidor de consolo, e distracçión, dos que buscan nas túas brebaxes liberar as aleghrías, e as súas penas esquençer. 


No silençio da calma esperas a irrupçión do barullo, e balbordo dos clientes que con tempo e cansançio che causará desesperaçión.


Como ombreiro amigho das afliççións alleas, amparas na intimidade do teu refuxio aos que en soedade buscan comprensión.


Transmisor e repartidor de evasión, animador de corpos que perden o equilibrio, almas desinhibidas, penas esquençidas, artífiçe da ilusión.


Rexente e árbitro do teu mundo como lughar de reunión, debate e confrontaçión, de festa e celebraçión.


Taberneiro de pés inchados e doridos, fumador activo ou pasivo, taberneiro torpe ou astuto, honesto, ou aproveitado.


A xornada xa remata, o sol no horiçonte hai tempo que se deitou, e durmido quedou, dando paso á noite que estendido o seu manto todo o cubre desde aquel momento.


O tempo ao seu fin cheghou, e con prontitude arranxas o preçiso encamiñando paseniñamente a quen non ten hora, porque un novo amençer que se aproxima dará començo.


Ti que ves, e calas, ou partiçipas, e te implicas, onde todos se encomendan no penar e no contento, ¿quen che consola a ti taberneiro?


Imaxínoche no teu foghar cun amor que che mima e escoita, como tesouro que posúes, valoras e reconoçes, porque outros o tiveron, e perderon, ou nunca dou apareçido.


Se na túa vida, taberneiro, sobrevoa a tristura do infortunio, nada hai que temer, porque quen de amighos se rodea, na súa compaña terá consolo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Acabo d chegar, abro o blog e vexo esta poesía q a escribe Ramón, pero, ¿quen é o da foto?

¿Acaso é unha fotografía do mesmo autor da publicación de hoxe?

Q alguén mo aclare, please.

Polo q observo a xente está conxelada ou crioxenizada, ou ¿será polo calor excesivo?

Son eu dijo...

Eu sigo pensando que moita xente aínda non se enterou da volta do Blog. O que está claro é que o contador de visitas ten que estar mal, porque eu non me creo que hoxe entraran 275 persoas. En canto a quen é o da foto, debe de ser o pai de Ramón, que polo que se ve é clavadiño a el pero con barba.
Descarto que sexa o propio Ramón, posto que a el pásalle un pouco como a mín, nunca tivemos tanto pelo na cabeza como para aínda por riba telo tamén na cara. Ademáis Ramón nunca tivo un xersei de cuello pico tan pronunciado.

Juanín Trigado dijo...

A mín tenme intrijado o inquietante silensio que manteñen dous dos pilares básicos do blog, como son Luís e máis Ramón. Mary aínda entra a deixar algún comentario, pero eles sospechosamente, non.Para ser máis exacto, dame a impresión como que o están fasendo adrede, para intentar comprobar a implicasión que no Blog está tendo a xente...o serto é que sin o seu concurso, esto non se move moito,no. A las pruebas me repito...Perdón, me remito, quería desir...

Juanín Trigado dijo...

Perdón outra ves...No comentario, donde puxen "algún" debería poñer como e lóxico "aljún". Non sei que me pasa, que ás veses colánseme as faltas de ortojrafía e olvídome de escribir ca catejoría e propiedas que corresponde.

Mary Hermo dijo...

Señor taberneiro, póñame outra copa máis que o meu corazón está ardendo e cansado.

Saúdos a todos e a todas, a que esperdes para falar collóns