jueves, 3 de septiembre de 2009

GREENPEACE

-->

Tipo: ONG
Situación: Ámsterdam, Países Baixos (internacional)
Áreas: Ecoloxismo
Membros: 3 millóns (2005)

Greenpeace (do inglés green: verde, e peace: paz), é unha organización non gobernamental. Foi fundada en 1971 en Vancouver, Canadá.[1] Greenpeace realiza aaccións directas non violentas e de investigación para lograr os seus obxectivos. Está establecida en case todo o mundo, con oficinas nacionais e rexionais en máis de 40 países. A organización mundial obtén os seus ingresos por medio das contribucións individuais duns 3 millóns de seguidores financeiros.
O obxectivo da ONG ecoloxista é protexer e defender o medio ambiente, intervindo en diferentes puntos do planeta nos que se cometen atentados contra a Natureza. Greenpeace leva a cabo campañas para deter o cambio climático, protexer a biodiversidade, para a non utilización de transxénicos, disminuir a contaminación, acabar co uso da enerxía nuclear e o das armas.
Segundo cifras de Greenpeace, o número de socios que tiña en todo o mundo en 2005 era de tres millóns, e en España é de 102.500.[2


Xeneralidades
O movemento ecoloxista naceu en 1971 de xeito espontáneo. Un grupo de activistas nucleares canadenses, algúns cuáqueros e obxectores de conciencia estadounidenses que refuxiaran en Canadá para non participar na guerra de Vietnam, formaron unha pequena organización chamada "Don't make a wave Committee" (Comité "Non provoquedes un maremoto") que protestaba contra as probas nucleares que os Estados Unidos levaban a cabo no arquipélago de Amchitka (Alaska), ó norte de Canadá. O nombre do grupo facía referencia á posibilidade de que, ó ser unha zona sísmicamente inestable, as probas atómicas que alí se realizaban puidesen provocar un maremoto. A proba nuclear no pudo ser impedida pero a acción de denuncia provocou que durante días se producisen manifestacións de decenas de persoas na fronteira entre Canadá e Estados Unidos. Este último país veuse forzado a anunciar que aquela era a última proba nuclear que se realizaba nas illas Aleutianas. Amchitka é desde entón unha reserva ornitolóxica



As campañas de Greenpeace céntranse naqueles problemas que, segundo a organización, ameazan máis gravemente o futuro do planeta. Estas campañas están agrupadas básicamente en catro áreas: ecoloxía marina, atmósfera e enerxía, nuclear e tóxicos.
Greenpeace busca con estas campañas a notoriedade en prensa, e con frecuencia estas actuacións son chamativas e espectaculares, anque tamén polémicas, tanto que foron tildadas a veces de ecoterroristas, e que manipularon os seus informes con obxecto de obter notoriedade e máis cotas.
É de suliñar que Greenpeace veu no seu país de orixe, Canadá, revocado o seu estatus de organización benéfica. Algúns gobernos e multinacionais perseguen á organización, ós seus afiliados e ós seus simpatizantes. Dándoles o nome de greapeaces ("gripis"), derivado de hippies. É de reseñar o caso del Rainbow Warrior, un barco da organización que foi fundido quince minutos antes da media noite polos servizos secretos franceses en 1985: polas explosións asasinaron ó ecoloxista portugués Fernando Pereira que se encontraba a bordo. [3] [4]


En numerosos países, a organización non intenta abrir sedes debido á falta de garantías de seguridade para os seus simpatizantes. As críticas soen partir da gran industria, principal prexudicada polas posturas ecoloxistas. Greenpeace está hoxe presente en 25 países.

Greenpeace finánciase exclusivamente das cotas dos seus socios e das achegas de iniciativas de artistas e intelectuais que colaboraron para obter fondos cos que financiar as accións desta organización.
Para que non quede a máis mínima dúbida sobre a xestión económica da organización, cada oficina nacional sométese voluntariamente a unha audiotoría anual, levada a cabo por unha firma internacional de auditores independente. Estas auditorías están a disposición dos medios de comunicación, do Goberno ou da opinión pública.]
Estrutura
Greenpeace é unha organización ambientalista global. Greenpeace International e o Consello Directivo encóntranse en Amsterdam, existindo 28 oficinas nacionais e rexionais arredor do mundo, con iso lograron estar presentes en 42 países. Estas oficinas nacionais e rexionais son en gran parte autónomas, existe unha certa coordinación para levar a cabo as estratexias globais colectivamente acordadas, son autónomas para realizar cada campaña dentro do contexto local en que operan e en buscar apoio financeiro por medio dos seus propios socios.[5] As oficinas nacionais e rexionais apoian unha rede de grupos locais de voluntarios. Os grupos locais participan principalmente difundindo as campañas na súa rexión. Millóns de simpatizantes que non están organizados en grupos locais, apoian a Greenpeace por medio de donativos mensuais.
Campañas
Acción de Greenpeace contra a multinacional petroleira Esso dona no seu momento do Exxon Valdez, naufragado nas costas de Alaska
Actualmente Greenpeace está realizando campañas nos seguintes ámbitos: cambio climático, tóxicos, océano, bosques, transxénicos e nuclear.

Os últimos bosques primarios do planeta

Escolas amigas dos bosques Escolas Amigas dos Bosques é un programa educativo de Greenpeace que pretende que os centros educativos se convertan en núcleos e redes de participación na defensa dos Bosques Primarios, á vez que se comprometen a aplicar nos seus centros prácticas cotiáns respectuosas cos recursos forestais máis importantes

Medioambiente mariño - Información sobre as ameazas ó noso espazo litoral e sobre as campañas de Greenpeace para protexer a costa e os océanos.

Sostemento mundial das especies obxecto de pesca. Información sobre baleas, sobrepesca, pesca pirata e as ameazas ó medioambiente mariño.

Os produtos da pesca convertéronse nas últimas décadas nun alimento cada vez máis habitual nas mesas dos nosos fogares. O aumento do seu consumo foi en paralelo cos graves problemas de sobreexplotación das zonas de pesca en todo o mundo. O obxectivo da organización é protexer e defender o medio ambiente, para o que utiliza os diferentes barcos que posúe. O máis coñecido deles é quizais o Rainbow Warrior, que intervén en diferentes puntos do planeta onde se cometen atentados contra a Natureza.

As accións e imaxes máis coñecidas e recoñecidas de Greenpeace desde a súa fundación son aquelas nas que se ve ós activistas de Greenpeace interpor a súas lanchas, e os seus corpos, entre os arpóns dos barcos baleeiros e os cetáceos que estes querían capturar. Quizais por iso sexa un paradoxo, que tras 14 anos de moratoria na caza de baleas, en setembro de 2003 o Rainbow Warrior se encontrase de novo en augas de Islandia para impedir e denunciar a pretensión por parte do goberno deste país de continuar coa caza de baleas.


A finais de 2005 dos barcos da flota de Greenpeace: O MV Arctic Sunrise e o MV Esperanza, comezaron a surcar os océanos da Terra durante un ano, denunciando os perigos que nos axexan. A súa primeira acción foi interceptar a flota baleira xaponesa e esixirlle que abandonase inmediatamente o Santuario baleeiro da Antártida, interpóndose novamente entre os cetáceos e os arpóns.


A contaminación tóxica e os seus efectos no medioambiente e a saúde.
Actualmente sufrimos unha crise química que está provocando serios problemas no medio ambiente e na saúde. Os gobernos e a industria non conseguiron evitar a dispersión de milleiros de sustancias químicas perigosas por todo o planeta. Estas sustancias contaminantes atópanse no medio ambiente, nas nosas casas e na nosa roupa.


-->
  • - Moda Sen Tóxicos.


-->

A noite do 2 ó 3 de decembro de 1984, a fábrica de pesticidas de Union Carbide en Bhopal, India, ceibou 40 toneladas de gases letais, 8.000 persoas morreron no acto, outras 12.000 morreron durante os seguintes 20 anos como consecuencia das enfermidades que produceu o escape.


Pacifismo

- Paz e desarme. 20 Aniversario de Greenpeace Hoxe en día o mundo é un lugar moi diferente daquel no que un grupo de activistas se embarcaron no “Phyllis Cormack” para oporse ás probas nucleares. A loita pola defensa do noso entorno e da Paz é hoxe aínda máis acuciante que entón: "Queremos Paz, e que esa Paz sexa Verde. PAZ VERDE." Os compoñentes de Greenpeace fan deste o seu lema.

Protocolo de Kioto
- Información sobre enerxías limpas, dereito a elixir, eficiencia e aforro enerxético. Campañas contra a enerxía nuclear. (Ver Enerxía alternativa, Enerxía verde, Enerxía do futuro).
- Información sobre o cambio climático.

- Información sobre os Organismos Modificados Xenéticamente e os riscos que leva consigo a súa liberación ó medioambiente.


O obxectivo do Protocolo de Kioto é conseguir, de 2008 a 2012, reducir un 5,2% as emisións de gases de efecto invernadoiro globais, sendo o punto de referencia as emisións de 1990. Éste é o único mecanismo internacional para empezar a facer fronte ó cambio climático e minimizar os seus impactos.
Enerxías renovables: O actual modelo enerxético baseado na queima de combustibles fósiles e a enerxía nuclear é insostible, e a única alternativa posible ven dada por un modelo enerxético baseado na eficiencia enerxética e nas enerxías renovables. Para o cal a organización desenvolve varias campañas:
¿Cres que España poderíase abastecer ó 100% con enerxías renovables?
1. Potencial das renovables 2. As renovables por Comunidades 3. Qué pide Greenpeace. Apoio para a revolución enerxética como Embaixador das Renovables.

Ademáis de denunciar os problemas ambientais, Greenpeace comprometeuse a desenvolver campañas a favor das solucións a eses problemas. Greenpeace asume a enerxía solar como unha prioridade central no seu traballo, para promover as enerxías renovables como solución ós problemas do cambio climático e da enerxía nuclear.
Un sistema enerxético baseado en enerxías limpas, libre da ameaza presente e futura da enerxía nuclear. A presión cidadá é un motor fundamental da transformación da nosa sociedade. A contaminación xerada polos desfeitos radioactivos ten unha duración de 25.000 años, multiplicándose esta contaminación a medida que se van acumulando os desfeitos e se van sumando a ela os países en vías de desenvolvemento e outras partes do planeta.
Campañas que realiza Greenpeace en España
- En defensa dos nosos ríos: Plan Hidrolóxico, Itoiz e Delta do Ebro - Ponte en Ruta, renovables 2006 España é o país europeo máis afectado polo cambio climático debido á queima de combustibles fósiles, como o carbón, o petróleo e o gas, e ademáis é o país máis alonxado dos obxectivos marcados no Protocolo de Kioto. Greenpeace realizou unha marcha para apostar polas enerxías renovables, do 11 ó 22 de setembro de 2006, polo norte de España.
Controversias
A organización Greenpeace foi duramente criticada por ter capital invertido na petroleira Shell, pero a ONG respondeu ás acusacións alegando que é un método para ter influencia na empresa petroleira para promover o desenvolvemento de fontes de enerxía alternativas.
Véxase tamén
Referencias [editar]
  1. «The history of Greenpeace» (en inglés). Greenpeace. Consultado o 11-12-2008.
  2. «Actúa Consellos para unha vida sostible (páx. 7)» (2006). Consultado o 2007-09-23.
  3. «Liberdade Dixital: «Mitterrand autorizou persoalmente o atentado de 1985 contra o Rainbow Warrior de Greenpeace»» (maio de 2006). Consultado o 2007-09-23.
  4. Olalla Cernuda (2007). «O Mundo: «O fundimiento do 'Rainbow'»». Consultado o 2007-09-23.
  5. Greenpeace International. «How is Greenpeace structured?».
  6. «Greenpeace plans bigger presence in Africa». UN Economic Commission for Africa.
Enlaces externos
Wikimedia Commons alberga contido multimedia sobre Greenpeace.CommonsWikinoticias

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola a tod@s, xa estamos de volta , foivos ben o verán?. Por Escarabote non fixo alá moi bo tempo.

Anónimo dijo...

Que tal. Boeno, por aquí andamos.

O tempo foise encarreirando algho ó final, pois case non pareçeu verán.

Anónimo dijo...

graciñas por voltar