Lembranzas
Cousas de Muros En:
Estes arcos contemplaron gran parte da miña nenez. Xogos e liortas, lugar de reunión e de traballo, acubillo dos mariñeiros que cando non ían o mar clareaban os palangres ou amañaban os aparellos o seu abeiro. Sempre había algún vello apoiado nalgunha das súas pedras fumando un daqueles amarillentos pitillos sen boquilla, deixando que esvarasen paseniñamente as horas sen facer outra cousa que fumar e mirar para a chuvia..
Para todo servían os soportais nos longos e desapacibles dias do inverno muradán. Días en que eu podía ir dende a calle das Animas hasta a escola de Don Manuel , case sen saírme do seu amparo o resgardo da chuvia.
Pedras que xa estaban antes que nós e que seguiran logo de que xa non esteamos . Obra de ignotos canteiros populares que a golpe de grillos e cinceis , deron forma a faciana da vila que bica o mar.
Arcos polos que aínda gusto de pasear sempre que podo, porque cada un deles trae a min unha lembranza distinta.
Recordos de una vida que principiou ao abrigo dos soportais da vila de Muros.
Posts relacionados:
No hay comentarios:
Publicar un comentario