miércoles, 23 de septiembre de 2009

O MUNDO DA MODA










O mundo da moda, ¿un
mundo tiránico que nos absorbe ou pola contra un mundo que permite a libre expresión dos distintos xeitos de entender a vida?







Moitas son as posturas ó respecto. Para uns, o mundo da moda susténtase nunha elite inalcanzable de deseñadores, presos e modelos (hai miles de mulleres no mundo e metafóricamente falando, só 10 delas son top models).


Outros consideran que se esaxerou esta polémica. Que a moda estivo presente no mundo desde a súa orixe, desde que as mulleres exipcias usaron xiz negras para maquillar os seus ollos (moda ou necesidade xa que o negro na pálpebra protexía os ollos do intenso sol do deserto exipcio), ás mulleres da corte ilustrada francesa, as que branqueaban os seus rostros cunha mestura de xeso e se subiron por primeira vez a uns tacóns, de ata 13 centímetros nas súas orixes.



Desde o corset ás medias de nailon (material destinado en principio para reforzar os paracaídas), a moda tivo os seus avances e retrocesos. Tralos tolos anos 20 chegou a depresión económica dos anos 30. Nas décadas seguintes renaceu o glamour e a feminidade, nos anos 60 Mary Quant escandalizou a medio mundo co seu invento: a minisaia e nos 70 os xóvenes mostraban o seu atuendo como símbolo da revolución sexual e pacifista da era de acuario. Na década de 1980 imperaba o afán de trunfo nunha época de bonanza económica. A moda yuppie unida ó culto ao corpo. Os ximnasios púñanse de moda e as pasarelas facíanse eco nos seus deseños con prendas como os quentadores.



Na década dos noventa o estandarte da sinxelez de liñas e androxínia chegou da man do deseñador norteamericano Calvin Klein e a súa musa, a lolita grunge como algúns a chamaron, a modelo londinense Kate Moss. Os esquemas do mundo da moda rompíanse cunha modelo sen curvas e “baixiña” (Kate Moss mide 1,68 metros) que desatou debates en todo o mundo acusada de fomentar a anorexia entre as adolescentes coa súa imaxe.



Dentro deste amplo debate, non deixa de ser polémica as idades das modelos. Nenas que comenzan a ser adolescente, “mulleres a medio rematar” (como decía a canción) que comenzan as súas carreiras ós 14 anos e son demasido maiores para este oficio ós 28.

O mundo da moda factura miles de millóns ó ano, grandes firmas venden luxo a precio de luxo e outras grandes firmas venden a idea de luxo a precio medio. Son moitas as cadeas de roupa implantadas en todo o mundo ofrecendo novas prendas ó público cada dúas semanas. O certo é que se as prendas xurdiron nos principios dos tempos como un modo de cubrir necesidades físicas como o frío, hoxe son moito máis que eso.

Canons de beleza imposibles para uns, espéctaculo para outros, son moitos os que opinan que das tendencias hai que elixir so aquelo que nos guste, se é que un desexa elixir algo.

4 comentarios:

Amorfo Dominjes dijo...

Acábome de levantar, e non está a miña muller na casa... ¿e ajora que fajo eu...?¿Qué carallo me poño hoxe?.

Chus dijo...

Hola Amorfo. No sé si te das cuenta de mí. Soy aquella chica que conociste hace unos años en las fiestas de mi localidad, La Estrada. Por si no te das cuenta aún así, soy la que estaba hablando contigo, y cuando llegó tu mujer,te dijo:¿Qué fas falando con esa tipa?¿Non ves que é unha jata?.
Si quieres mi consejo sobre lo que te pones hoy, te diré que cualquier cosa de entretiempo. Ya sabes que a tí todo te sienta bien, Amorfo.

Firmado: A Jata Chus, de La Estrada.

Ramon dijo...

Pero ¿que lle verán os interpretadores da beleça ás modelos anoréxicas co esqueleto ó sol?

¿Non é preferible ter onde agharrar para sentir a súas mantenças curvilíneas que lle protexen as esquinas duras?

Esas miradas intrighantes de vítimas felinas ronroneadoras con suspiros de eu sigho, beiços carnosos de imáns supermagnetiçados, corpos de liñas sensuais envolventes e protectoras, con montículos çentrais que poden abrigharche do frío e dárche sombra co calor, cando non alimentarche en caso de emerxençia.

Tentáculos de enghañadora debilidade que como quen non quere a cousa van marcando o paso firme e seghuro diante das miradas perdidas e hipnotiçadas dos extraviados e obsesos samesughas.

Cabeçiña e peíños moi postos na terra, enormemente influídos pola enerxía terrenal do seu triánghulo invertido e perpetuador que as fai agharrarse a esta vida como ninquén.

Sempre é un misterio o seu adorno corporal, externo e íntimo, porque non poden ocultar a súa fighura e o seu andar.

Fora deste mundo ós burkas e quen os impoñen! Deixade paso á transparençia como camiño á desnudes total.

Mary Hermo dijo...

O mundo da moda é algo que nunca entendín pois sempre é o retorno do mesmo, que si a minifalda doutrora volveu, que si os pantalóns de campana, etc. Non é nada máis que un mundo no que se moven montañas de cartos, e no que uns gañan as montañas e outros perden as ilusións e os soños cos que ían cara ese mundo.
O final a moda non é nada máis que o feito de facer que todos nos poñamos as mesmas prendas e semellemos corderiños que van o matadoiro pagando unha pasta gansa por ter uns PEPE'S, etc.
Eu nunca andiven a moda en ningún aspecto, quizáis andiven o contrario da moda, andiven o meu aire libre de todo e sen ter que gastar grandes cantidades para vestirme ou calzarme, o único que me importa é que me abrigue e me saia bo e barato e que dure o máximo de anos posibles, non lle pido nada máis.

Biquiños a todos/as onde máis gusten.
Unha apertiña para todos e todas.
Hai que xa cheja o otoño e vou ter que mirar por roupa dentro do armario que cos kilos do verán non sei se me servirá algo, jajjajajajajaja.