miércoles, 30 de septiembre de 2009

VOCABULARIO DO REMO DE BANCO FIXO


VOCABULARIO

Este é un pequeno diccionario sobre o vocabulario que se emplea no mundo do remo, moitas destas palabras son coñecidas por todos nós, pero outras seguro que soan a chino, pero se alguén as pode poñer en galego sería todo un éxito, sobre todo para aqueles que nesta última tempada están aficcionandose a acudir a ver as regatas a distintos lugares debido os éxitos acadados polo Clube de Remo de Cabo de Cruz que é o unico clube de banco fixo que temos no Concello de Boiro.
Tamén existe un reglamento, se hai alguén que lle interese que o diga por que tamén se pode poñer, aínda que sería un coñazo lelo todo.

  • Amura: é a parte curva do costado perto da proa. Existen dúas amuras, a de estribor e a de babor.
  • Babor: se estamos na embarcación mirando deica a proa, é a parte situada á esquerda.
  • Bancada: conxunto de dúas taboas que conforman o asento onde vai sentado o remeiro.
  • Banda: é cada un dos costados do barco desde o centro lonxitudinal do bote ata o costado. Existen duas bandas, a de estribor e a de babor.
  • Batel: é a embarcación máis pequena do banco fixo tripulada por catro remeiros e un patrón.
  • Cadernas: son as pezas curvas que se apoian na quilla e que serven para darlle forma ó casco e para soster os materiais impermeables que impiden que entre a auga.
  • Calado do casco: é a profundidade máxima medida desde o plano de flotación ata a parte máis baixa do casco sen ter en conta a quilla.
  • Calado: é a distancia vertical ou a profundidade máxima desde o plano de flotación ata a parte máis baixa da quilla.
  • Cana: é a parte ou corpo principal do remo que se sitúa entre o guión e a pala.
  • Carril: é a parte do barco na que se sitúa a toleteira.
  • Casco: é o conxunto de elementos e materiais que conforman o barco.
  • Cear: é a acción contraria á de vogar. Esta acción é a realizada polo remeiro que co empuxe do seu remo consegue desprazar a embarcación deica a popa.
  • Ciavoga virada: é a manobra que realiza o patrón da embarcación coordenada cos remeiros de estribor que continúan remando e os de labor que paran ou cean para cambiar de sentido a embarcación.
  • Costado: superficie lateral do casco. Hai dous costados, o de estribor e o de babor.
  • Champa: ritmo de voga máis rápido do normal.
  • Champa final: aumento súpeto do ritmo de voga ó estar próxima a chegada á meta.
  • Champa inicial: aumento del ritmo de voga ó comezar a remada nunha saída dunha regata.
  • Desprazamento: equivale ó peso do barco.
  • Eslora: lonxitude total do barco.
  • Estribor: se nos situamos na embarcación mirando deica a propa, é a parte situada á dereita.
  • Estrobo: anque non é unha parte propia do remo, forma parte da súa unión co barco. É un anel de corda torcida que serve para unir o remo ó tolete.
  • Guión (en Euskadi chámano ziborta): parte do remo polo cal o remeiro colle, suxeita e sostén o remo.
  • Liña de flotación: é a liña de intersección que describe a auga co costado do barco.
  • Loitadeiro: parte da cana coa que se apoia o remo na toleteira da lancha. Este, ademais, ten dúas partes, o loitadeiro ou zona de fricción do remo coa barca e o tope ou mecanismo que impide a variabilidade da palanca interior do remo.
  • Manga: é a parte máis ancha do barco. Soe estar no centro ou na caderna maior.
  • Obra morta: parte do casco que se sitúa por riba da liña de flotación.
  • Obra viva: parte do casco mergullada no aguai que está situada debaixo da liña de flotación.
  • Pala: superficie do remo que entra na auga e serve para impulsar a embarcación.
  • Palanca exterior: é a distancia que existe entre o tope do remo e o extremo da pala.
  • Palanca interior: é a distancia existente entre o tope do remo e o extremo do guión ou agarre do remo.
  • Pantoque: parte case plana da embarcación que está xunto á quilla.
  • Pica (En Euskadi, espaldín): é o remo curto que emprega o proa nas ciavogas e tamén é o remo curto que usa o patrón como temón.
  • Picar (En Euskadi, espalear): é a acción do proa que consiste en introducir a pica diante da proa durante a ciavoga para axudar ó patrón a virar máis axiña.
  • Popa: é a parte posterior da embarcación.
  • Proa: parte dianteira da embarcación que vai cortando a auga ó navegar.
  • Proeiro: é o remeiro que rema no lugar máis perto á proa da embarcación.
  • Puntal: é a distancia vertical desde a quilla ata a altura media ou principal do barco. Hai un puntal de proa e un puntal de popa.
  • Quilla: peza de madeira que vai de proa a popa no centro e na parte inferior dos barcos e que forma a base da súa estrutura. Nela afírmanse as cadernas.
  • Rápor: índice de dificultade ou dureza coa que o remeiro pasa o remo pola auga.
  • Regala: é a táboa que cobre as pezas do esqueleto no seu extremo e que forma a parte superior da traíña.
  • Remeiro: é a persoa ou tripulante que ten a misión de vogar, ou sexa, de impulsar a embarcación.
  • Remo: é o elemento que utiliza o remeiro como palanca para impulsar a embarcación durante o golpe da pala.
  • Repalear: movemento de xirar o remo que realizan os remeiros ó acabar óe ó comezar a palada.
  • Bota-augas ou palca: peza supletoria que se coloca na proa da traíña, traiñeiriña ou batel para darlle maior altura e evitar a entrada da auga en malas condicións do mar.
  • Rumbo: é a dirección e sentido que se lle da a unha embarcación para chegar antes a un punto predeterminado.
  • Táboa ou bancada dos pés: táboa onde o remeiro apoia os pés para fixarse ó barco e así poder vogar.
  • Timonel ou patrón: é a persoa situada na popa da lancha que é a encargada de conducir e dirixir o rumbo.
  • Tolete: é o cilindro de madeira que está situado na toleteira e serve de punto de apoio á palanca do remo.
  • Toleteira: é o lugar onde se fixa o tolete e onde o remeiro apoia o seu remo para poder accionarlo.
  • Virar: manobra que realiza o patrón da embarcación.
  • Voga o vogas, marca ou marcas: remeiros que se encargan de remar na popa e teñen que levar o ritmo da voga.
  • Vogar: acción realizada polo remeiro para que, coa tracción que exerce sobre o remo a xeito de palanca, desprace a lancha deica a proa.

3 comentarios:

LÁSARO CARRETER dijo...

Moitas das palabras que se mencionan no vocabulario do comentario de hoxe, poden ter tamén outras acepcións distintas ás xa comentadas,e que agora vos paso a enumerar:

. AMURA : Date presa home, amura.
. BABOR : Proporsionarlle a aljén un benefisio ou proveito... faserlle un babor.
. BANCADA: Cada serto tempo están índo, bancada...
. BANDA: O Selta de Vijo iste ano é iso...unha banda .
. BATEL: Pejal jolpes foltes en aljo.
. CADERNAS: Jrutas excavadas nas rocas. A uns homes "moi antijuos" que había, chamábanlle os homes das cadernas.
. CALADO: Home de carácter pouco falador.
. CALADO DO CASCO: Home de carácter pouco falador e que ademáis tén un envase vasío na man daljunha bebida que xa se tomou.
. CANA: Pau. Tamén hai canas que se poden votar ó aire.
. CARRIL: Boas ameixas hai en Carril.Tamén se chamaba así un árbitro de fútbol que era moi afisionado ó sento tres.
. CASCO: Envase vasío de bebida. Pode ser retornable ou non retornable.
. CEAR: Faser a última comida do día, despois de mirindar.
. COSTADO: En castelán, e acompañado de "cuanto te ha", fai referensia a canto tivestes que pajar.
. CHAMPA: Bebida espumosa. Ajora xa non se dí Champa, dise Cava.
. CHAMPA INICIAL: Ó prinsipio as primeiras copas vanse bebendo ben e saboreando con justo.
. CHAMPA FINAL: Cómo te pases co número de copas, as últimas xa empalajan un pouco, e acabas piripi total.
. DESPRAZAMENTO: Viaxe que pode ser curto ou larjo. Si é ó mercado de Boiro denomínase DesPLASAmento.
. ESLORA - Afirmasión que fai un entendido en ornitoloxía sobre o sexo dun papagaio que están a mirar: Es lora.
. ESTRIBOR: A notisia causou verdadeiro "estribor" entre a poblasión.
. ESTROBO: Que anda sempre polo medio estrobando.
. GUIÓN: Moi bó o da película "Sospechosos habituales".
. LIÑA DE FLOTACIÓN: Está por riba da liña de inmersión.
. LOITADEIRO: Lujar adecuado e adaptado para a loita ou pelexa. Por exemplo, en Boiro ese lujares serían as calles da movida, Os Pubs, as discotecas...
. MANGA: Rouba, chorisa.
. OBRA MORTA: Na actualidade, e debido á Crisis, tódalas obras están así.
. OBRA VIVA: Eran cómo estaban antes da Crisis, cando a xente xa compraba por plano.
. PALANCA EXTERIOR: Xoven xojador do Real Madrid que ás veses xoja moi pejado á banda.
. PALANCA INTERIOR: Este xojador tamén sabe xojar de sentrocampista.
. PICA: Si che pica, rasca. E si o que pica é un chouriso de Lalín, pois entón ajárrao polo cordel.
. PICAR: cabrear a aljén, xeralmente mediante burlas e insultos.
. POPA: O Pontífise. Na actualidade é Benedicto XVI(equis uve palito).
. PUNTAL: Unha ves caeume un nunha obra, e deixoume a cabesa a avanear.
. QUILLA: A muller do "Quillo".
. REGALA: Da sin pedir nada a cambio. Popularmente ós que rejalan moi a miudo, dise que son uns "Ajraabertas".
. REMO: Irmán de Rómulo. A él e máis a seu irmán íbanlle as lobas. Liáronse con unhas e foron a vivir a Roma.
. REPOLEAR- Acción de comer repolos. Tamén se dí cando andas medio moribundo e volves a poñerte ben: ¡Ay, mira para fulanito como repoleou!.
. BOTA-AUGAS OU PALCA: Aparato que temos os homes, e que pode ser pequeno, mediano ou jrande, e que ten varias funsións,pero cando un se vai fasendo vello para a única funsión para a que sirve é para a de BOTA-AUGAS MENORES.
. RUMBO: Un elefante cunhas orellas jrandísimas.
. TIMONEL OU PATRÓN- o mandamáis. Os homes casados tamén lle poderíamos chamar..."a miña muller".
. TOLETE: Que lle falta un tornillo.
. TOLETEIRA: Sitio donde están os toletes. Por aquí, serca de nós, en Conxo.
. VIRAR: Combinasión entre ver e mirar.
. VOGA OU VOGAS: Os que hai en Boiro son casi todos carniseiros.

Reconoçedor de talentos dijo...

Estes comentarios valen a pena ser publicado no blog.

¿Por qué non vos deçidides a envialas ó correo do ies 25aniversario para ser publicadas?

Son moi ocorrentes e inxeniosas, de verdade que valen a pena pola imaxinaçión e inxenio que se lle poñen.Que mellor cousa que a propia autoría e ocorrençia.

A que esperades.

Anónimo dijo...

http://markonzo.edu http://clarinex.indieword.com/ http://riderx.info/members/atrovent-inhaler-atrovent-facts.aspx http://www.netknowledgenow.com/members/propecia-side-effects.aspx giacomo