lunes, 21 de septiembre de 2009

A FAMA, LONXE DA REALIDADE

Entre un individuo famoso e outro que non é establécese unha relación singular de carácter distanciado e xerárquico. Os famosos conforman unha elite de referencia capaz de transmitir valores sociais e o culto á fama reflicte a outra cara do gran premio: o castigo do anonimato e a marxinación social. É como se o mundo estivera dividido en dúas castas, os que actúan e os que miran. Ambos forman parte dun espectáculo-relixión orquestrado polos sumos sacerdotes da industria dos contidos.


C. Wright Mills xa defineu, en 1956, ás celebridades como “aqueles nomes que non necesitan identificarse” e conforman “a aristocracia do éxito social”. O sociólogo norteamericano observaba “a profesionalización da celebridade” como entretemento para as masas consumidoras. Para Mills este fenómeno baseado no prestixio social é “a sombra dos cartos e o poder” e “a súa función é reforzar o poder converténdoo en autoridade e protexéndoo contra todo reto social”. As celebridades serían, pois, a vistosa pantalla dese poder. Un programa como Operación Triunfo (OT) cumpre perfectamente con estes supostos: as celebridades, encarnadas neses chavales, expresan a potencia da industria mediática como provedor, case único, de referencias sociais. Un poder que se instala nas conciencias e a sensibilidade colectivas.

Case sete millóns de espectadores españois, un 41,6% de cota de pantalla, seguiron a final da última serie de OT. Moita xente. Na primeira edición do programa (2001-2002) a punta máxima consigue unha cota de 43,3% e entre oito e 12 millóns de espectadores; vendéronse nove millóns de discos, realizáronse outros nove millóns de chamadas, a web do programa tivo cinco millóns de visitas. Desde entón, o programa realizouse con grande éxito en máis de quince países de todo o mundo: en certo momento podía haber uns 300 millóns de persoas do planeta seguindo as peripecias dun puñado de chavales que desexan ser cantantes. Unha xeración global terá medrado arroupada pola mensaxe básica do programa: a fama é un premio que se gana con esforzo, a vida é unha competición.

En OT todo é moi branco, moi ben feito, impecablemente profesional. Nesta derradeira edición, a cadea que acolleu o programa converteuno nun dos seus emblemas, os produtores lanzaron discos colectivos que copan desde hai semanas o númo un e dous das vendas: máis de media ducia deses chavales teñen os seus clubes de fans e se lles ten por héroes nacionais. Ganárono a pulso: disfrutando pero traballando como condenados por superarse, igual que se fixeran unhas oposicións. OT foi o espectáculo do esforzo moderno que fascinou a medio estado. E medio estado identificouse con eses nenos que logran alcanzar os seus soños. Unha historia vella tan actual que non é raro o seu éxito. Non se trata do soño de facer música como do soño do recoñecemento público que equipara ó famoso co éxito social: carne mediática fresca. That's entertainment!


OT é, sobre todo, unha escola colectiva: ensina a tódolos que cren que o que non sae por televisión non existe os secretos da nova profesión de famoso. Para as novas xeracións, que creceron coa televisión xunto ó berce, o programa ten máis interés que ir á universidade ou aprender calquera oficio. Obsérvese o proceso: uns rapaces correntes –seleccionados entre máis de oitenta mil aspirantes- con calidades en bruto aterran nunha academia –a institución total que describe Erving Goffman- onde nun tempo récord pasan –grazas a esa fábrica de prestixios que é a televisión- do castido do anonimato ó enorme recoñecemento social que chamamos fama. Desde este podium mediático tódalas portas da realidade se abren: ganarse ben a vida, por exemplo. Dez dos concursantes empezan unha longa xira conxunta de galas por toda España, discos, tal vez una carreira internacional...

Non se pode despachar un fenómeno así con catro chistes ou coa ignorancia. A fama identifícase hoxe con nocións e valores que expresan o recoñecemento e o consumo da relevancia –e a marxinación- social. En tanto que resultado do contacto entre individuos na súa exposición pública, a fama hoxe é unha construción da comunicación. Heroes e mitos, antigos símbolos de excelencia e de resposta humana ó sagrado, modulan os actuais ídolos convertidos en produtos de consumo a través de rituais comunicativos. Hoxe os medios de comunicación son industrias de fabricación de famas, ingrediente capital na formación da opinión pública e dun potente mercado de canibalismo humano. Os medios promoven a visualización de individuos capaces de atraer a atención pública. A profesionalización da fama equivale a un proxecto de vida que expresa una ideoloxía e unha realidade concreta.


Segundo C. Wright Mills, os "profesionais do mundo da fama" concitan recoñecemento, entusiasmo e respecto, todo o que fan ten valor como publicidade. Recoñécelles con facilidade e deixan a súa pegada na historia colectiva. Para Mills o famoso é unha especie de marioneta, entertainer teledirixido. Atrae audiencias e as fideliza. Para él rexe a mesma lei que concitas as audiencias mediáticas utilizadas como baremo fixo para as tarifas publicitarias. É un sistema, ó fin, que premia o individualismo e a competición.

A expresión fama, agora, sitúase como un proceso transversal decisivo dentro da opinión pública e como fronteira social baseada na relevancia no ágora mediática. A fama é un premio que se mide en visualización e isto hoxe é diñeiro. O héroe mediático –aquel que agora fai realidade a frase de Baltasar Gracián "O que non se ve é como se non existise"- supera a dimensión de autoafirmación persoal e introdúcese nun espazo onde a súa persoa e as súas habilidades son un produto económico, suxeito ás leis do mercado, que vende espazos mediáticos. Éste é o carácter da nova profesión de famoso para a que instrúe con inaudita precisión esa escola de alto rendemento que é OT.

A partir de realidades como esta, a ninguén debería estrañarlle que as novas xeracións mostren afeccións e rasgos que equiparen ás persoas cun produto comercial é á sociedade cun xigantesco supermercado. Coas consecuencias colectivas que, efecticamente, xa se poden percibir. Por exemplo, o ser humano é como un kleenex: usar e tirar. Que esas son as reglas do xogo.



5 comentarios:

Ramon dijo...

Sen aççeso ó blog durante este fin de semana, abrino hoxe luns e vin os pésames dados á familia do xoven de Cabo da Crus, José Ramón "O Fanado" que faleçeu o sábado pola tarde.

Vaia tamén o meu pésame da miña parte para a súa familia e seres queridos, así como a tódolos que o conoçíades e o queríades.

Enterinme por casualidade ó lonco desta semana pasada que unha persoa de Boiro tivera que ser inghresada no hospital de Santiagho por ghripe A.

Máis tarde tamén polos medios de comunicaçión oín este fin de semana unha notiçia que non collín de todo por mor do faleçemento dun chaval de Cabo de Crus sen que eu pudera captar todo o que deçían das causas da súa morte.

¿Falan da mesma persoa que fora inghresada no hospital?

Bos días a tod@s

Ramon dijo...

Seghuramente o faleçido por esta causa é o chaval do Cabo, "O Fanado", ¿non?

Anónimo dijo...

Tés razón Ramón, Foi el. Por certo, hoxe á mañán viña escoitando na radio que a familia está estudando a posibilidade de poñerlle unha denuncia ó Hospital do Barbanza por unha presunta neglixencia que tiveron na súa atención. Parece ser que a primeira vez que o miraron que o mandaron para a casa.

Crítico Teleabusivo dijo...

Operación Triunfo, ese gran Karaoke no que un entra como un completo descoñecido, e sae convertido nunha estrela famosa. Ahí temos os casos de triunfadores cómo David Plisplas, Busca-amante ou esa Che-mola.
Tamén é certo que non sempre é así, e outros "artistas" que pasaron polo programa, ós tres meses de saír, xa non eran coñecidos nin na súa casa á hora de comer.
Despois temos os casos intermedios cómo o da "Rosa de España", que segue sendo coñecida, pero non é capaz de dar o gran salto e conquerir chegar a vender tanto cómo os antes mencionados. E íso que ela pon todo da súa parte. De feito creo que xa vai pola súa cuarta terapia de adelgazamento e polo seu quinto curso intensivo de pronunciación en Inglés...e sobre todo en Castelán.
Nesa mesma tesitura atopamos á cantante "So Mala", que nos representou este ano en Eurovisión. Foise para alá decindo que iba disposta a dar a campanada e veuse cun dignísimo penúltimo posto. No seu descargo tamén hai que dicir que isto de Eurovisión non ten nin pés nin cabeza, e que as votacións móvense por claros "amiguismos" duns países con outros. Por poñer un exemplo destes amiguismos:Bosnia dalle os puntos a Serbia, Macedonia,Montenegro, Croacia e Eslovenia, e cando votan os outros fanno á viceversa. Aquí por certo hai algo que a mín tenme particularmente intrigado: Primeiro estes países, ata hai poucos anos,conformaban un só,que era Yugoslavia. Cómo non se soportaban entre eles e se sentían nacións e culturas propias, estala unha guerra, andas ás ostias, prodúcense miles de mortos, e finalmente sepáranse. Chegados a este punto van a Eurovisión e vótanse entre eles por...¡Amiguismo!
Bueno, volvendo ó tema de saltar á fama dende o anonimato, unha boa opción tamén sería a de presentarse ó programa "Gran Herniado". Un cidadán "normal e corriente"pode presentarse ó casting, e si encaixa co perfil do que buscan, entrar na casa. O problema é que si eres "normal e corriente" non vas a dar o perfil, e vas a ter menos posibilidades de entrar na casa que de que che toque o Euromillón. Porque o certo é que á "fauna" que entra neste programa haille que dar de comer aparte. Sin ir máis lonxe esta semán creo que votaron a ún porque estaba demasiado agresivo. As súas palabras ó ser entrevistado por Mercedes Milá foron: "No fuí capaz de sujetar al monstruo que llevo dentro".
E que "Gran Herniado" deixounos frases para a posteridade,cáseque do mesmo nivel que aquel "Es un pequeño paso para un hombre, pero un gran salto para la humanidad", de Neil Armstrong. Algúns exemplos destas frases míticas son os seguintes:

- "Quién me pone la pierna encima para que no levante cabeza", ou "no lloréis, no lloréis, que me voy a casar con ella", de Jorge Berrocal.

- "Te meto unas yoyas que te van a temblar las orejas", de Carlos Navarro, Alias "El Yoyas" Tyson.

- "Pa chulo, chulo, mi pirulo" de Luhay.

- "Soy frígido,porque no tengo sentimientos", de Iñigo.

Outra das ventaxas de ir ó "Gran Herniado", e que unha vez fóra ábrenseche moitas portas que che poden levar ó éxito. Por exemplo, si eres muller, e estas cachonda, para a portada do Interviu.
Si eres moi lengüatero, pois rápido che fichan os de Salsa Rosa ou Donde Estás Corazón, e séntanche ó lado de Mariñas e máis de ¡Qué te calles! Karmele, e hala, a poñer verde ó persoal.
Si eres home e andas máis salido ca un pasamanos, e non che importa que che vexan millóns de espectadores facendo a Caídita de Roma, dedícate a facer Edredoning
na casa ca primeira que pilles. Cando salas para fóra a Industria do Cine para Adultos abrirache ás súas portas de par en par.
En fín señores, que esta é a tele que triunfa, posto que así o dín os Share de espectadores que teñen.Que lle ímos a facer, nós somos así...¡País!

Espectador crítico dijo...

Demasiada acumulación de queixas desde o momento en que empezou a traballar este hospital do Barbanza.

Será por eso que o alcumaron "o corredor da morte".

Sobre "a fama lonxe da realidade" descríbeo moi ben Crítico Teleabusivo.

É tal como ti dis en todo o que expós no teu comentario.

Moi ben rimado os dos nomes dos cantantes e dos distintos programas