sábado, 26 de septiembre de 2009

ARDE A CORDELERIA J.J. CHICOLINO EN BOIRO, por Mary Hermo



Incendio espectacular e triste ó mesmo tempo pois é unha empresa, a Cordeleria de J.J. Chicolino, cuns 87 traballadores e que non saben que vai pasar agora co seu traballo, espero que a empresa teña todos os seguros e que poida recomezar a súa labor canto antes, a columna de fume que se formou na primeira hora era tan negra que desde a miña casa lle saquei unha foto pois semellaba un tornado que se achega para levalo todo por diante, logo a medida que foi pasando o tempo a columna íase extendendo e facendo moito máis grosa e alta.



Foi unha das miñas enfermeiras cando veu a pincharme preto das tres que veu dende a súa casa en Catoira unha columna de fume negro e que non sabía onde ubicala pero que non lle parecía que fose o monte o que estivese ardendo, e cando viña de camiño á miña casa a columna íase ennegrecendo moito máis, esta enfermeira aínda puido pasar pola vía rápida sen problemas pois pasou cedo antes de que tomasen a decisión de cortar un carril en dirección Riveira; logo a eso das catro da tarde souben a través dunha veciña que viña de traballar de Santiago que cortaran un carril en dirección a Riveira e apesares de que tiña as ventanillas do coche pechadas dixo que o calor era tal que semellaba que ía arder dentro do coche, así que imaxinade a que temperaturas tivo que chegar o incendio.




Logo a medida que foi pasando o tempo decidiron cortar tanto a vía rápida coma a carretera xeral e desvialo tráfico según me foron informando, e supoño que por Abanqueiro e o Bodión para ir saír a Cespón e logo coller a vía rápida en Taragoña.



Estou escribindo isto preto das dúas da madrugada do venres e reflexiono sobre o tema, pois según as miñas últimas averigüacións o incendio segue sen ser controlado, a verdade é que vendo as fotografías na prensa son impresionantes. Penso no traballo dos Bombeiros, de Protección Civil, dos grupos do Grumir, todos estes homes e mulleres que traballan a reo para evitar que a desgracia sexa maior, pois ó lado hai vivendas, un taller de coches e uns depósitos de gasoil.


E tamén veñen a miña mente os traballadores da empresa que se vían impotentes ante tal desolación, e todo isto pasa cando estamos en tempo de crise, ¿Que vai pasar con eses traballadores? ¿Terán que ir ó paro ou recibirán algún tipo de axuda por parte da administración polo sucedido?

E cando estes homes e mulleres están sufrindo intoxicacións por inhalación de fume tóxico. é cando me fago a pregunta ¿Por qué agora as redes e cordas de batea se fan con este tipo de materiais tan inflamables e tóxicos para o medio ambiente?. Lembro todas as artes de pesca de meu avó, e lembro que eran de fio e as ían remendando cando se vían rotas polos envistes dalgún arroás ou por encallalas nalgunha pedra no fondo do mar.

A vós que vos parece todo isto, ¿non credes que estes materiais que se utilizan hoxe en día no sector da pesca deberían voltar ó de antes? ¿Cal é a vosa opinión?

As fotos son todas tomadas dende a miña casa en Cabo de Cruz a diferentes horas e dende onde se vía esa columna tremenda de fume negro e tóxico.

Espero e desexo que mañan cando esperte este incendio xa esté controlado e que os danos sexan os menos posibles.

Mary Hermo.

1 comentario:

Mary Hermo dijo...

Gracias a todos os recursos empregados (tanto a nivel humano como técnico), o incendio foi controlado e pola tarde tan só quedaban rescoldos, as imaxes que vin na televisión eran dantescas, menuda desgraza, espero que pronto poida recuperarse a empresa para que os seus traballadores poidan voltar o seu traballo no menor tempo posible.
Tamén espero que as administracións poñan da súa parte para que isto se poida levar a cabo.

Un saúdo a todos os que ledes iste caderno de bítacoras.