miércoles, 30 de septiembre de 2009

VOCABULARIO DO REMO DE BANCO FIXO


VOCABULARIO

Este é un pequeno diccionario sobre o vocabulario que se emplea no mundo do remo, moitas destas palabras son coñecidas por todos nós, pero outras seguro que soan a chino, pero se alguén as pode poñer en galego sería todo un éxito, sobre todo para aqueles que nesta última tempada están aficcionandose a acudir a ver as regatas a distintos lugares debido os éxitos acadados polo Clube de Remo de Cabo de Cruz que é o unico clube de banco fixo que temos no Concello de Boiro.
Tamén existe un reglamento, se hai alguén que lle interese que o diga por que tamén se pode poñer, aínda que sería un coñazo lelo todo.

  • Amura: é a parte curva do costado perto da proa. Existen dúas amuras, a de estribor e a de babor.
  • Babor: se estamos na embarcación mirando deica a proa, é a parte situada á esquerda.
  • Bancada: conxunto de dúas taboas que conforman o asento onde vai sentado o remeiro.
  • Banda: é cada un dos costados do barco desde o centro lonxitudinal do bote ata o costado. Existen duas bandas, a de estribor e a de babor.
  • Batel: é a embarcación máis pequena do banco fixo tripulada por catro remeiros e un patrón.
  • Cadernas: son as pezas curvas que se apoian na quilla e que serven para darlle forma ó casco e para soster os materiais impermeables que impiden que entre a auga.
  • Calado do casco: é a profundidade máxima medida desde o plano de flotación ata a parte máis baixa do casco sen ter en conta a quilla.
  • Calado: é a distancia vertical ou a profundidade máxima desde o plano de flotación ata a parte máis baixa da quilla.
  • Cana: é a parte ou corpo principal do remo que se sitúa entre o guión e a pala.
  • Carril: é a parte do barco na que se sitúa a toleteira.
  • Casco: é o conxunto de elementos e materiais que conforman o barco.
  • Cear: é a acción contraria á de vogar. Esta acción é a realizada polo remeiro que co empuxe do seu remo consegue desprazar a embarcación deica a popa.
  • Ciavoga virada: é a manobra que realiza o patrón da embarcación coordenada cos remeiros de estribor que continúan remando e os de labor que paran ou cean para cambiar de sentido a embarcación.
  • Costado: superficie lateral do casco. Hai dous costados, o de estribor e o de babor.
  • Champa: ritmo de voga máis rápido do normal.
  • Champa final: aumento súpeto do ritmo de voga ó estar próxima a chegada á meta.
  • Champa inicial: aumento del ritmo de voga ó comezar a remada nunha saída dunha regata.
  • Desprazamento: equivale ó peso do barco.
  • Eslora: lonxitude total do barco.
  • Estribor: se nos situamos na embarcación mirando deica a propa, é a parte situada á dereita.
  • Estrobo: anque non é unha parte propia do remo, forma parte da súa unión co barco. É un anel de corda torcida que serve para unir o remo ó tolete.
  • Guión (en Euskadi chámano ziborta): parte do remo polo cal o remeiro colle, suxeita e sostén o remo.
  • Liña de flotación: é a liña de intersección que describe a auga co costado do barco.
  • Loitadeiro: parte da cana coa que se apoia o remo na toleteira da lancha. Este, ademais, ten dúas partes, o loitadeiro ou zona de fricción do remo coa barca e o tope ou mecanismo que impide a variabilidade da palanca interior do remo.
  • Manga: é a parte máis ancha do barco. Soe estar no centro ou na caderna maior.
  • Obra morta: parte do casco que se sitúa por riba da liña de flotación.
  • Obra viva: parte do casco mergullada no aguai que está situada debaixo da liña de flotación.
  • Pala: superficie do remo que entra na auga e serve para impulsar a embarcación.
  • Palanca exterior: é a distancia que existe entre o tope do remo e o extremo da pala.
  • Palanca interior: é a distancia existente entre o tope do remo e o extremo do guión ou agarre do remo.
  • Pantoque: parte case plana da embarcación que está xunto á quilla.
  • Pica (En Euskadi, espaldín): é o remo curto que emprega o proa nas ciavogas e tamén é o remo curto que usa o patrón como temón.
  • Picar (En Euskadi, espalear): é a acción do proa que consiste en introducir a pica diante da proa durante a ciavoga para axudar ó patrón a virar máis axiña.
  • Popa: é a parte posterior da embarcación.
  • Proa: parte dianteira da embarcación que vai cortando a auga ó navegar.
  • Proeiro: é o remeiro que rema no lugar máis perto á proa da embarcación.
  • Puntal: é a distancia vertical desde a quilla ata a altura media ou principal do barco. Hai un puntal de proa e un puntal de popa.
  • Quilla: peza de madeira que vai de proa a popa no centro e na parte inferior dos barcos e que forma a base da súa estrutura. Nela afírmanse as cadernas.
  • Rápor: índice de dificultade ou dureza coa que o remeiro pasa o remo pola auga.
  • Regala: é a táboa que cobre as pezas do esqueleto no seu extremo e que forma a parte superior da traíña.
  • Remeiro: é a persoa ou tripulante que ten a misión de vogar, ou sexa, de impulsar a embarcación.
  • Remo: é o elemento que utiliza o remeiro como palanca para impulsar a embarcación durante o golpe da pala.
  • Repalear: movemento de xirar o remo que realizan os remeiros ó acabar óe ó comezar a palada.
  • Bota-augas ou palca: peza supletoria que se coloca na proa da traíña, traiñeiriña ou batel para darlle maior altura e evitar a entrada da auga en malas condicións do mar.
  • Rumbo: é a dirección e sentido que se lle da a unha embarcación para chegar antes a un punto predeterminado.
  • Táboa ou bancada dos pés: táboa onde o remeiro apoia os pés para fixarse ó barco e así poder vogar.
  • Timonel ou patrón: é a persoa situada na popa da lancha que é a encargada de conducir e dirixir o rumbo.
  • Tolete: é o cilindro de madeira que está situado na toleteira e serve de punto de apoio á palanca do remo.
  • Toleteira: é o lugar onde se fixa o tolete e onde o remeiro apoia o seu remo para poder accionarlo.
  • Virar: manobra que realiza o patrón da embarcación.
  • Voga o vogas, marca ou marcas: remeiros que se encargan de remar na popa e teñen que levar o ritmo da voga.
  • Vogar: acción realizada polo remeiro para que, coa tracción que exerce sobre o remo a xeito de palanca, desprace a lancha deica a proa.

martes, 29 de septiembre de 2009

GANDI: ÉTICA DA LIBERACION DOS PAÍSES E DO INDIVIDUO


"Quizais as xeracións vindeiras dubiden algunha vez de que un home semellante fose unha realidade de carne e oso neste mundo.”
Albert Einstein
Antes de entrar na súa biografía quixera indicar que existe unha carta escrita con data 24 de decembro de 1940 por Gandhi con destino a Hitler. O goberno británico non permiteu que esta carta fora enviada nin se fixera pública. 
So se fixo pública despois de que estivaron xa mortos Hitler e Gandhi.

Unha pena non poder ter sido lida polo criminal, e ditador alemán, porque a carta era moi profunda, humana e benintencionada.


A pesares de encubriren esta carta á opinión pública mundial, logo da súa morte, Mahatma Gandhi puido ter unha proxección internacional.

Gandhi manifesta: Algúns amigos instáronme a escribirlle en nome da humanidade…

Se queredes acceder ó contido desta misiva do líder espiritual da non violencia podedes escribir na dirección de internet a seguinte frase: “Carta de Gandhi a Hitler”

Unha das persoalidades máis importantes e trascendentes do século XX, Gandhi permanece na memoria colectiva da Humanidade como símbolo da acción política e reivindicativa fundamentada no espiritualismo e na resistencia pacífica. Mohandas Karamchad era o fillo pequeño da familia Gandhi. Seu pai era avogado de certo prestixio casado en catro ocasións. Da última das súas unións, con Pulitnai, foi froito o que sería denominado "o Mahatma", alma grande. Da súa infancia e primeira xuventude sabemos que non foi aplicado nos estudos e que sentía verdadeira devoción e respecto deica seus pais.
Tratábase dun rapaz tímido, retraído, característica que non o abandonará ó longo da súa vida. Ós sete anos, conforme á tradición hindú, seus pais concertaron o seu matrimonio cunha nena da súa mesma idade, Kasturbai Makanji, con quen se casará ó cumprir trece años. Ámbolos dous permanecerá unidos ó longo de toda a súa vida, sendo a súa reservada esposa o apoio silencioso das actividades de Gandhi. Ós dezaoito anos Gandhi aprobou o exame que lle capacitaba para cursar estudios superiores.


Persoalmente inclinábase pola Medicina, pero a opinión dos seus familiares era que debía estudar avogacía, coma seu pai. Había na súa opinión razóns para iso: seu pai había pouco que falecera, e seguir a súa carreira era o mellor xeito de honrar a súa memoria; ademáis, resultaría imposible para un seguidor de Visnu compaginar as súas crenzas con prácticas médicas como a disección ou a cirurxía, por máis que os fins foran a curación do paciente.


Así, encamiñado ó estudo do Dereito, decideuse que o mellor lugar para facelo sería Inglaterra. En Londres, Gandhi esforzouse por integrarse nunhca cultura radicalmente diferente. Comprouse varios traxes, tomou clases de baile e incluso aprendeu a facerse o nó da garabata. Sen embargo, o máis importante e decisivo foi a lectura de dous libros que marcarán profundamente a súa existencia: a Biblia e o Bhagavadgita. Do primeiro cativáronlle certas pasaxes nos que se postula o pacifismo a ultranza e a ausencia de resposta ás agresións: "a quen te fire nunha meixela, preséntalle tamén a outra” (Sermón da Montaña).


Do segundo, libro sagrado do hinduísmo, Gandhi extraeu avergoñado –non en van tardara vinte anos en lelo- ensinanzas acerca da moral, a capacidade do esforzo e a resistencia tenaz diante da adversidade. Tras graduarse como avogado en 1891, Gandhi regresou á India para exercer a súa profesión, intentándoo en Bombai e Rajkot. Sen embargo, dous problemas de complicada solución cruzáronse no seu camiño e fixéronlle fracasar no seu empeño: o seu profundo retraimento, que lle dificultaba falar en público, e a súa ignorancia das particularidades do dereito hindú.


De tódalas maneiras, extraeu unha ensinanza positiva da súa experiencia, pois atopou que tiña habilidade para redactar escritos xurídicos e reclamacións. Gracias a isto consigueu emprego como consultor na empresa Daba Abdulla & Co, que lle destinou a súa delegación en África do Sur. Neste país, a existencia dunha gran comunidade hindú era froito da emigración en busca de mellores condicións económicas. Sudáfrica era, como a India, colonia inglesa, anque no seu solo observábanse fortes enfrontamentos entre ingleses e boers holandeses.


A situación da minoría hindúa era de marxinación e carencia de medios básicos de subsistencia, o que axiña puido observar Gandhi. Así, asemade de ó exercicio da avogacía, Gandhi dedicouse á creación dun partido político que aglutinara ós intereses dos hindús e loitara por defendelos: en 1894 naceu o Natal Indial Congress, órgano reivindicativo principal da minoría hindú en Sudáfrica. Ó estalar a guerra entre boers e ingleses, Gandhi tomou partido polos británicos e reclutou voluntarios entre a comunidade hindú para conducir ambulancias que atenderan ós feridos. Sen dúbida na súa decisión pesaron as súas crenzas e a súa educación en valores como a caridade e a axuda ó próximo, así como o feito de considerarse membro do Imperio Británico.


Non en van, Gandhi vestía á inglesa, gozaba de altos ingresos e residía nunha das zonas más cotizadas de Durban. Tamén en Sudáfriac ocorreron outros acontecementos fundamentais para a vida de Gandhi, como foi a lectura de textos cuxas ensinanzas calarían fondo no seu xeito de pensar e actuar. Grazas á influencia dos textos de John Ruskin, Gandhi pasou a valorar en primeiro termo o traballo manual, é decir, o conseguido por un mesmo mediante o seu propio esforzo; de Henry David Thoreau extraeu o concepto de desobediencia civil como xeito de loita e resistencia do individuo fronte á inxustiza das institucións; por último, recibeu a influencia do pensamento de Tolstoi, valorando o anarquismo pacífico como unha opción transformadora da realidade social. A síntese resultante foi unha doutrina orixinal no seu conxunto, que non en tódolos seus compoñentes, elaborada por Gandhi utilizando tódalas influencias recibidas.


Dous principios propios da mística hindú foron a base do seu sistema de pensamento: a "satyagraha", "forza da verdade", do que deriva o concepto de resistencia pasiva, e a "ahimsa", "non violencia". O primeiro supón a búsqueda da verdade como camiño de rectitude e virtude; é, por tanto, unha acción, por máis que a súa compoñente sexa físicamente pasiva: resistencia, vigor e fe son crenzas que teñen o seu reflexo nos actos individuais. O segundo, a “non violencia”, deriva da "satyagraha", e é a súa consecuencia directa: a forza da verdade fará que se impoña por sí mesma, non mediante a violencia; por iso, o dano que nos é infrinxido non ha de obter unha resposta violenta pola nosa parte, senón a confirmación da nosa posición a xeito de resistencia. En 1906, os principios teóricos comezaron a ter visos prácticos.


Unha orde do goberno británico obrigaba a censar a tódolos asiáticos nun rexistro aparte, debéndolles ser tomadas as pegadas dactilares dos dez dedos das mans. Inmediatamente, Gandhi respondeu coa resistencia pasiva, o que produceu a súa entrada en prisión xunto con cento cincuenta dos seus seguidores. Producíase así o acto inicial dun camiño de loita contra a opresión que se desenvolverá ó longo de toda a súa vida. Catro anos máis tarde decide por en práctica os seus principios de austeridade e espiritualidade. Así, renuncia a súa profesión de avogado e a tódolos seus bens e crea unha comunidade autosuficiente que denominou granxa Tolstoi.


Nela postulábase o traballo individual en beneficio da comunidade e a reducción do considerado supérfluo e accesorio, como a ostentación na vestimenta ou na alimentación. O principio fundamental era que cada individuo puidera crear coas súas propias mans todo aquilo canto lle fora necesario, sendo o demáis considerado banal. Ademáis, facíase obrigatorio o traballo diario nos cultivos e a asistencia ás cerimonias relixiosas correspondentes ás crenzas de cada integrante do grupo. Con motivo da I Guerra Mundial, Gandhi propúxose extender as súas crenzas ó seu propio país. Foi recibido con tódolos honores, pois a súa fama de home sabio e espiritual precedíalle alá por onde fora. Tagore impúxolle o sobrenome de o "Mahatma", alma grande", e para os hindús convertírase nun guía espiritual, un "karmayogui", é decir, unha persoa rodeada de santidade e que desprendía bondades.


En 1915 fundou unha comunidade parecida á de Durban, a Ahmadabad el Sabarmati-Ashram, desde onde irradiou toda a súa doutrina pola India. Axiña, o seu pensamento e xeito de vida foron tomados como exemplo de loita contra o Imperialismo británico. Doído polas condicións de miseria en que debían vivir os seus compatriotas, Gandhi levou os seus actos aínda ata maiores extremos: eliminou calquera atisbo de ostentación das súas roupas e alimentouse co estrictamente necesario.


Igualmente, rechazou as súas antigas conviccións occidentais e asumeu a súa propia cultura hindú, na crenza de que a opresión británica non só empobrecía a economía do pobo hindú senón tamén as súas almas. Acabada a I Guerra Mundial, Gandhi aproximouse nos seus obxectivos ó nacionalista Partido do Congreso, organizando unha campaña de desobediencia civil en 1919, protestando polo mantemento do estado de excepción unha vez rematado o conflito bélico.


Así, os hindús foron chamados a non pagar impostos, non participar en actos públicos e non consumir produtos ingleses. O seu prestixio como home sabio e desinteresado acrecentábase día a día, contándose xa por millóns os seus seguidores. En consecuencia, as súas consignas tiñan un peso fundamental e en nada desdeñable. A resposta británica produceuse en forma de xuízo en 1922, tralo que foi condenado a seis anos de prisión. Non os cumpreu, pois foi excarcelado por motivos de saúde, pasando desde ese momento a dirixir ó Partido do Congreso. A forza política de Gandhi acrecentouse aínda máis con motivo da “marcha do sal”, organizada para romper simbólicamente monopolio británico sobre este producto.


Nela, Gandhi, e miles de seguidores camiñaron ata o mar para recoller un puñado de sal. Novamente pasou polo cárcer, o que demostraba o seu peso na sociedade hindú e o temor que procuraba ós británicos. Pero tamén facíase patente que se trataba dunha figura de referencia, con quen os administradores coloniais deberían dialogar para lograr a normalización da India. Así, foi ceibado en 1931 para poder participar na Round Table Conference de Londres, reunión na que se tratou a independencia da India.


O fracaso da negociación propiciou que Gandhi fora novamente encarcerado á súa volta. Desde o cárcere comezou unha serie de folgas de fame, en protesta polos malos tratos infrinxidos ós parias ou intocables, tidos por impuros, por parte do resto da comunidade hindú. Co seu esforzo logrou en 1932 que se asinará o pacto de Yeravda, mediante o cal os parias foron admitidos a participar nos comicios electorais, se ben a súa situación de marxinación, froito da sociedade de castas, aínda permanece en boa medida. Outro punto de inflexión no proceso de independencia da India produceuse con motivo da II Guerra Mundial. Os británicos ignoraron á comunidade hindú, embarcándoa nunha guerra estraña e lonxana. En consecuencia, Gandhi e o Partido do Congreso extremaron as súas posturas e a súa campaña de desobediencia, negándose a participar en calquera actividade relacionada coa guerra e esixindo a independencia do país.


Preocupado por un conflito que resultaría desastroso para a Humanidade, Gandhi solicitou por carta a Hitler que parara as accións bélicas, o que evidentemente foi desoído polo ditador alemán. As súas protestas levárono ó cárcere en 1942, xunto coa súa esposa e dirixentes do Partido. En prisión, non comeu durante 21 días. A súa esposa morreu, encarcerada, un ano máis tarde, mentres que Gandhi foi ceibado en 1944. Rematada a guerra, Gran Bretaña planeaba dividir a súa colonia en dúas partes, a India e Pakistán, ó que Ghandi se opuxo. O proxecto británico planeaba a creación de dous países en virtude das relixións predominante en cada un deles, a hindú na India e a musulmana en Pakistán. Con motivo da decisión, producíronse fortes enfrontamento entre ambas comunidades. Sen embargo, Gandhi non puido evitar a decisión do Primeiro Ministro Atlee, o que lle supuxo unha forte decepción, pois sempre soñara cunha India unida na que tivesen cabida tódalas relixións convivindo pacíficamente. (Ver Lucha Por Cachemira)
O 15 de agosto de 1947 a India e Pakistán son declarados independentes do Imperio Británico. Un ano máis tarde, tras cear co primeiro xefe de goberno hindú, Nehru, retirouse a orar xunto con dous dos seus seguidores. Unha multitude esperáballe congregada no xardín da Birla House, desexosa de ver e tocar ó Mahatma. Entre ela estaba Hathuram Godse, un fanático relixioso que acusaba a Gandhi de traidor por propugnar a convivencia cos musulmáns. Era o 30 de xaneiro de 1948, e Godse disparoulle tres tiros a queimarroupa. Gandhi sinteuse morrer, pero aínda tivo tempo de perdoar ó seu asesino.

lunes, 28 de septiembre de 2009

ESPERANÇA NA PESADUME. CORDELERÍA J. J. CHICOLINO


COMO MOI BEN ASÍ TRANSMITEU NESTE SÁBADO 26.09.2009, MARY HERMO, DEBIDO Á DESTRUÇÇIÓN POLO LUME DA CORDELERÍA J.J. CHICOLINO EN BOIRO, COA CONSEGHUINTE PERDA DOS POSTOS DE TRABALLO DIRECTOS E INDIRECTOS DAS PERSOAS QUE ALÍ TRABALLABAN E SE MOVÍAN POLO MUNDO ADIANTE ABRINDO MERCADO, CONSIDERO UN DEBER MORAL POLA NOSA PARTE LEMBRAR A SITUAÇIÓN QUE ESTÁN PASANDO TODAS ESTAS PERSOAS DE XEITO QUE NON QUEDE NO ESQUEÇEMENTO.


ESPERO QUE ESTA EMPRESA RENAÇA DAS SÚAS ÇINSAS, SEXA COA AXUDA DE QUEN SEXA,
PARA BEN DOS QUE A DIRIXEN COMO DOS SEUS TRABALLADORES E AS SÚAS FAMILIAS.

DESEXO
QUE SIRVA PARA PERFEÇÇIONAR O SEU PROÇESO DE PRODUÇÇIÓN, XUNTO CO ACHÁDEGHO DE MATERIAIS EQUIVALENTES OU SEMELLANTES ÓS QUE XA DESCUBRIRAN E UTILISABAN OS NOSOS MAIORES ACORDE COA SABIDURÍA NATURAL DOS USOS E COSTUMES TRADIÇIONAIS, PARA EMPREGHAR NOS SEUS PRODUTOS, E QUE FAGHAN DIFÍÇIL OU MITIGHUEN ESTE TIPO DE SUÇESOS.

CREO NO EMPUXE, NA FORÇA E PERSEVERANÇIA DOS SEUS DONOS E DOS TRABALLADORES.

domingo, 27 de septiembre de 2009

CHÁMASE VIDA


Esta é a historia dunha vida e dun amor. El rolda os ointenta e ela pasa deles. Ela quéixase. Dóenlle as pernas, os riles e a columna impídelle case andar. Ela dille a el que para estar así, era mellor non ser. E el chora. Chora porque fica impotente como o tempo non perdoa a nada nin a ninguén. Chora porque cada vez ve máis lonxe aquela primeira vez que a acariciou, o primeiro bico entre o millo, a primeira vez que lle tocou unha teta, a primeira vez que fixeron o amor, o primeiro fillo, as borracheiras que tomaban na barra entrementres servían... Agora ela tamén chora, ¿sabedes porque?. Porque agora tócalles a eles. Teñen que morrer, e sábeno.



Ás veces véxoo alá enriba das pedras. Ten a mirada perdida. Perdida nun sitio no que ninguén lla atopará. Chámase amor, chámase vida.




sábado, 26 de septiembre de 2009

ARDE A CORDELERIA J.J. CHICOLINO EN BOIRO, por Mary Hermo



Incendio espectacular e triste ó mesmo tempo pois é unha empresa, a Cordeleria de J.J. Chicolino, cuns 87 traballadores e que non saben que vai pasar agora co seu traballo, espero que a empresa teña todos os seguros e que poida recomezar a súa labor canto antes, a columna de fume que se formou na primeira hora era tan negra que desde a miña casa lle saquei unha foto pois semellaba un tornado que se achega para levalo todo por diante, logo a medida que foi pasando o tempo a columna íase extendendo e facendo moito máis grosa e alta.



Foi unha das miñas enfermeiras cando veu a pincharme preto das tres que veu dende a súa casa en Catoira unha columna de fume negro e que non sabía onde ubicala pero que non lle parecía que fose o monte o que estivese ardendo, e cando viña de camiño á miña casa a columna íase ennegrecendo moito máis, esta enfermeira aínda puido pasar pola vía rápida sen problemas pois pasou cedo antes de que tomasen a decisión de cortar un carril en dirección Riveira; logo a eso das catro da tarde souben a través dunha veciña que viña de traballar de Santiago que cortaran un carril en dirección a Riveira e apesares de que tiña as ventanillas do coche pechadas dixo que o calor era tal que semellaba que ía arder dentro do coche, así que imaxinade a que temperaturas tivo que chegar o incendio.




Logo a medida que foi pasando o tempo decidiron cortar tanto a vía rápida coma a carretera xeral e desvialo tráfico según me foron informando, e supoño que por Abanqueiro e o Bodión para ir saír a Cespón e logo coller a vía rápida en Taragoña.



Estou escribindo isto preto das dúas da madrugada do venres e reflexiono sobre o tema, pois según as miñas últimas averigüacións o incendio segue sen ser controlado, a verdade é que vendo as fotografías na prensa son impresionantes. Penso no traballo dos Bombeiros, de Protección Civil, dos grupos do Grumir, todos estes homes e mulleres que traballan a reo para evitar que a desgracia sexa maior, pois ó lado hai vivendas, un taller de coches e uns depósitos de gasoil.


E tamén veñen a miña mente os traballadores da empresa que se vían impotentes ante tal desolación, e todo isto pasa cando estamos en tempo de crise, ¿Que vai pasar con eses traballadores? ¿Terán que ir ó paro ou recibirán algún tipo de axuda por parte da administración polo sucedido?

E cando estes homes e mulleres están sufrindo intoxicacións por inhalación de fume tóxico. é cando me fago a pregunta ¿Por qué agora as redes e cordas de batea se fan con este tipo de materiais tan inflamables e tóxicos para o medio ambiente?. Lembro todas as artes de pesca de meu avó, e lembro que eran de fio e as ían remendando cando se vían rotas polos envistes dalgún arroás ou por encallalas nalgunha pedra no fondo do mar.

A vós que vos parece todo isto, ¿non credes que estes materiais que se utilizan hoxe en día no sector da pesca deberían voltar ó de antes? ¿Cal é a vosa opinión?

As fotos son todas tomadas dende a miña casa en Cabo de Cruz a diferentes horas e dende onde se vía esa columna tremenda de fume negro e tóxico.

Espero e desexo que mañan cando esperte este incendio xa esté controlado e que os danos sexan os menos posibles.

Mary Hermo.

viernes, 25 de septiembre de 2009

A PROSTITUCION




Causas psicolóxicas da prostitución









O comportamento sexual dos seres humanos, a pesares de que na maioría dos casos realízase en privado, ten unha fonda repercusión nos ámbitos sociais. Este é o caso da chamada prfesión máis antiga do mundo: a prostitución.



O exercicio dela considerouse de diversos xeitos ó longo da historia e das diferentes culturas. Nun tempo considerouse como unha forma de realizar ofrendas ós deuses, noutras como unha válvula de escape ás tensións dos homes, ou como unha expresión denigrante da sexualidade, unha forma de escravitude.



Como fenómeno social humano a prostitución está ligada á historia, ten diferentes dimensións que deben considerarse e unha multicausalidade en que conflúen unha diversidade de elementos persoais, familiares e sociais.



A historia da prostitución pode ser tan extensa como a historia mesma, o seu exercicio foi unha constante a través da historia, ligada á vida das diferentes civilizacións.



O seu significado para os diferentes pobos variou enormemente. Como fenómeno social profundamente ligada á historia da humanidade, a prostitución non ten causas únicas. Nela confluén aspecto de orde económico, social, psicolóxicos, persoais. Na grande maioría dos casos non existe “a razón” que explique satisfactoriamente por qué unas persoas se prostitúen e outras demandan o servizo.



As causas poden verse desde o punto de vista da muller: psicolóxicas, económicas e sociais, ou desde o punto de vista do home que demanda o servizo.



Na primeira parte deste século, médicos psiquiatras intentaron explicar a presenza das prostitutas afirmando que son mulleres fríxidas e que polo tanto os cartos son o único beneficio que poden obter do sexo.



AS EXPLICACIÓNS DE CORTE ANALÍTICO:



1- Fuxida das tendencias homosexuais reprimidas que conducen a mergullarse nunha frenética heterosexualidade.



2- Actitude de Don Xoanismo na muller a partires de non ter resolto axeitadamente a atracción e o amor deica o outro sexo, e a rivalidad eco do mesmo sexo.



Outros tratan de explicar a prostitución como unha estratexia para expresar a agresividade e o inconformismo cos valores e pautas de comportamento da sociedade na que viven.



As investigacións mostran que algunas prostitutas ou traballadoras sexuais (T.S) teñen trastornos de persoalidade ou cociente intelectual por debaixo do normal. Pero en realidade, a maioría das prostitutas (T.S) non son mulleres con características diferentes á poboación en xeral.



Os investigadores atoparon que algunas encontran un valor romántico na súa profesión, gústalles sentirse necesitadas e que dan apoio e satisfacción ós homes. Nalgúns casos, o cliente remata por apegarse afectivamente e establecen relación permanentes.



TRANSACCIÓNS COMERCIAIS



É posible, para algunas mulleres, que razón para estar neste oficio sexa a grande excitabilidade sexual; é dicir, unha minoría de mulleres serían tan ardentes que gozarían de verdade con moitas ou case tódalas participación sexuais.



As prostitutas establecen, en xeral, as relación cos seus clientes como transaccións comerciais.



É común escoitarlles que o que ocorre non é con elas senón co seu corpo, como unha entidade aparte. Como en calquera relación comercial, dos seus clientes teñen impresións favorables, desfavorables ou neutras.



Por último atopáronse que algunhas mulleres síntense obrigadas a exercer este oficio, porque están ligadas ós chulos e rufiáns que as explotan sen escrúpulos ou as obrigan por medios físicos ou psicolóxicos.



Das numerosas causas individuais que poderían explicar a prostitución, poden exercer a súa influencia nunha pequeña porcentaxe elas. Pero estas explicacións, onde se enfatiza a causa da prostitución nas características da muller prostituída sen considerar o contexto económico e social, non son nin en termos cercanos precisos.

jueves, 24 de septiembre de 2009

SEXO, DROGAS E ALCOL

Sexo, drogas e... pouca precaución




Segundo unha recente investigación da Rede Europea para a Investigación e Prevención de Problemas dos Xóvenes (IREFREA), o consumo de altos níveis de alcol e outras drogas entre a xuventude europea fomenta o aumento de prácticas sexuais non seguras. Este dato non só se traduce nunha porcentaxe máis alta de embarazos non desexados, senón tamén nun perigoso incremento das infeccións producidas por enfermidades de transmisión sexual.

As condicións do estudio extraéronse a través das respostas de 1.341 xóvenes de nove cidades de nove países de Europa (Alemania, Austria, España, Eslovenia, Grecia, Italia, Portugal, Republica Checa e Reino Unido), con idades abranguidas entre os 16 e os 35 anos que estaban acostumados a saír pola noite en busca de diversión.


Un dos puntos nos que se centra o traballo é en investigar o propósito polo cal se consomen drogas. Os resultados apuntan a que o 28,6 por cento de consumidores de alcol tómao porque cre que facilita entrar en contacto cunha posible parella sexual, mentres que o 26,2 por cento dos de cocaína faino para prolongar a relación sexual.


Tamén se atopou unha relación directa entre consumir drogas e ter tido relacións sexuais precozmente. De feito, tal e como afirma unha das investigadoras do documento, Montse Juan, “o consumo de alcohol, cannabis, cocaína ou éxtase antes de cumprir os 16 anos relaciónase con ter tido relacións sexuais antes desa idade”.


Asimesmo, os investigadores atoparon que os varóns en xeral consomen máis éxtase para prolongar a experiencia sexual, e aqueles que están solteiros toman máis cocaína que o resto para aumentar a excitación e mellorar as sensacións. Ademáis, no caso da cocaína, os consumidores habituais teñen cinco veces máis probabilidades de ter cinco ou máis parellas sexuais nos últimos doce meses ou de pagar para ter sexo.


Falta de concienciación


A pesar destes datos, no noso estado existen moi poucos programas preventivos que traten o vínculo entre o consumo de dorgas e o sexo. Por iso, a experta aposta por propoñer programas e estratexias preventivas e por seguir indagando sobre a abordaxe do consumo de drogas “vinculando o factor social, o psicolóxico e o físico coa sexualidade, desde a propia experiencia vital dos xóvenes".

E é que, anque existen moitos riscos para a saúde, os estudos que abordan a asociación entre sexo e consumo de drogas (e, específicamente, as estratexias polas cales os xóvenes utilizan estas sustancias para facilitar o proceso da actividade sexual) siguen sendo limitados.