lunes, 31 de mayo de 2010

FOTOS MAL TRUCADAS DE MODELOS, por PeLo2dEaNdO

Os expertos de Photoshop que retocan dixitalmente os corpos das modelos, con intençións de disimular imperfecións, moitas veces equivócanse. En ocasións os erros imprímense e as revistas mostran verdadeiras aberraçións como as seguintes.


O uso do Photoshop no retoque das fotografías de modelos e celebridades xa non é novidade para ninguén. As marabillas que pode facer alguén que domine ben este programa permite agochar enrrugas, alisar graxas ou mellorar a contorna dalgunha coxa caída.


Nas produçións das revistas, xeralmente, o Photoshop é usado a manchea para embelecer aos/as modelos/celebridades e presentarlle ao consumidor unha mentira enfeitada.


O problema é cando os deseñadores mostran o fío e deixan escapar fallas que deixan en evidencia o procedemento. Os seguintes exemplos son bastante ilustrativos.


No primeiro exemplo que mostramos, recollido por A Cocteleira, pode notarse a unha modelo cunha cintura de nespra. Ou así o creríamos, se o deseñador, no seu afán por estreitarlle o corpo, non estirara tódalas baldosas que aparecen no fondo.


O segundo caso é o máis espantoso. O deseñador púxose a adelgazar unha das pernas da modelo, pero entusiasmouse tanto que lle borrou unha parte, e un anaco de extremidade quedou pendurando abaixo como un tipo de experimento Frankestein no mundo da modelaxe.


O terceiro é un caso para a nosa sección de Lendas Urbanas. Jessica Simpson paséase pola praia, pero non está soa. Cinco dedos misteriosos asoman sobre o seu ombreiro esquerdo e non hai ninguén preto para reclamalos. O enigmático acompañante foi borrado mediante a técnica dixital, pero os cinco dedos da súa man esquerda permanecen alí para testemuñalo.


O derradeiro é un antes e despois. Aquí ve o que pasa cando unha persoa normal, pousando en bikini, é tocada pola man de Deus dos deseñadores.



No hay comentarios: