Van alá 25 anos dende que por primeira vez se abriu o Instituto que hoxe se chama IES Praia Barraña, daquela corría o ano 1983 e Boiro era unha vila que estaba medrando, aínda que non tiñamos moitos sitios para o ocio nin moitos medios (máis ben ningún), pero por fin chegou a ensinanza do bacharelato; lembrareino sempre aquel día parecía coma calquera outro pero ese día tiña algo, un non sei que, nin como explicalo.
Todos eramos adolescentes, uns máis novos que outros pois os que estaban estudiando en Riveira e noutros lugares voltaron a Boiro para rematar o bacharelato.A inauguración foi a toda presa, pois tiña que comezar o curso escolar con toda normalidade, e así foi, aínda que durante o primeiro ano convivimos con obreiros, con cemento, con po e con moitas deficiencias e necesidades.
Non tiñamos biblioteca, era un luxo, non tiñamos laboratorios, nin ximnasio, nin cafetería, nin había señora da limpeza, nunha palabra tiñamos todo iso pero non equipado, todo o espazo que queríamos pero bacío, o que si tiñamos era os profesores e a Juanjo, o conserxe.
Todo era rebulir de sangue nova e con moitas ganas de aprender novas cousas, de mellorar aquel centro no que careciamos das instalacións básicas, pero algo do que nunca me esquecerei era a ilusión e as gañas con que facíamos todo, a imaxinación axudaba a paliar todas as carencias.
Foron uns anos nos que pouco a pouco ese centro foi medrando, máis alumnos, máis profesores e as carencias foron diminuíndo pero aínda quedaba moito que mellorar.
Este día foi de novo un rebulir de sangue non tan nova, pero coa mesma ilusión que daquela, sorprendémonos coas novas instalacións, parece incrible o que se pode mellorar en 25 anos, aínda que supoño que se debería mellorar moito máis, é certo tamén chegou a ESO e puxo todo patas arriba e imaxino que os que comezaron a ESO neste centro tamén terían que enfrontarse a novas situacións e adversidades que co tempo se irían superando. Dende logo nos superámolas e imaxino que todos farán o mesmo.
Hoxe non é máis que unha lembranza daqueles anos da adolescencia, daquel centro e das súas xentes, é coma unha pequena historia pensando en todos os que por alí pasaron, alumnos, profesores, persoal non docente.
E lembrade todos, que os profesores non só dan información, tamén nos forman e seguen a formar as novas xeracións, lembrade que os valores que se aprenden nunca debedes de esquecelos, logo xa virá a universidade para incrementalos e afirmalos.
Por último dicir unha vez máis, os que leades isto, aportade algo, seguro que tedes lembranzas que compartir con todos, seguro que nalgún lugar tedes fotos, estou totalmente segura de que é así, non vos esquezades mandádeo o correo electrónico e saíra publicado. Tamén me gustaría que aquí participasen todas as promocións coas súas lembranzas, así todos nos enteraremos do que facían nosos irmáns ou os nosos fillos, e poderemos rir todos xuntos, que iso, amigos meus é a vida, é unha comedia que da moitas voltas e ás veces convertese nun drama, pero a comedia volta de novo se a chamamos.
Saúdos a todos, e non vos aburrades, así que a comentar.
Lembro o correo electrónico: 25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com
Agora un vídeo, espero que me digades quen canta e sobre todo o título do tema, que eu non me lembro.
42 comentarios:
Horror en el hipermercado.
Terror en el ultramarinos, michica ha desaparecido nadie sabe como ha sido, oh.
Bonito relato Mary,
vémonos outra vz esta semana, pracompartir coca colas e pitillos
Un bico.
Vaia,por fin tócame a min facer o primeiro comentario, a culpa édestes cambios de hora.
Recordemos aqueles tempos.Aínda que os profes estabamos menos ilusionados, pois decatabamonos de que era unha burrada entrar sen rematar as obras. O tempo, e ata a inspección, déronnos a razon.
Se intentáramos entrar hoxe en día,a empresa constructora poñería, polo menos, porteiros de discoteca para non nos deixar entrar. Sen embargo, teño que recoñecer que o curso, gracias a iso, foi máis divertido. Saudos,Rodrigo.
Es un desghrasia luis, mentras escribia xa te me colaches.
que recordos
Que razón tes Rodrigo, esta visto que estes cambios de hora deixan frito a calquera, incluso a min cos meus 23 anos; tamén é certo que a movida acaba pasando factura, pero bueno para eso espero a outro día para descansar.
A que esperades para escribir, veña que eu non son periodista, jo non me deixedes soa escribindo porque ó final vou ter que publicar un libro con todo isto e espero que non me reclamedes dereitos de autor, así que se queredes participar a que esperades para mandar artigos.
Saudiños a todos os que nos leen.
PENSO QUE UNHA RETIRADA A TEMPO E UNHA VITORIA E O BLOG CUMPRIU CON CRECES A SUA MISION. E MELLOR DEIXALO AGORA QUE MANTELO CON VIDA ARTIFICIALMENT. E A MIÑA OPINION E NON PRETENDO ARMAR POLEMICA
Opino o mesmo que o derradeiro anónimo.
Non todo o mundo opina o mesmo que o estimado anónimo anterior, posto que desde que foi o día da cea as aportacións son máis diversas.
Ademáis queremos utilizar o blog como elemento difusor das actividades que se van facer, está claro que non todos os días vai escribir Pablo Neruda no blog, pero quedan moitos artículos, fotos e videos por publicar.
Unha aperta, grazas pola túa opinión.
Non estou dacordo cos dous ultimos anonimos.
Estou con Luis.
O blog debe seguir aberto, ainda ai moito que contar...
sempre que se use con cabeza,o blog debe seguir aberto e con máis fotos,relatos e anecdotas
sí luis,aportacións moitas,pero a maioría criticandovos a vós e metendose con outra xente
Está máis que claro que hai anónimos que nos critcan a nós e a outra xente.
Tamén está claro que a administración non pode estar 24 hortas enrba do Blog, aínda que ei de boa tinta que Mary pasa moito tempo nél e colaronse anónimos faltando á xente.
As críticas fannos mellorar sempre que sexan respetuosas, e repito , como cando eu levaba o blog,o problema non é que se supriman comentarios, o problema é que hai comentarios que merecen ser suprimidos.
Hai xente que non escribira nada e a partires da cea animous merecen ser publicados.
Polo momento foron Carlos Insúa e Álvaro González,aparte de Mary, claro está, pero xa hai máis xente distinta que está mandando os seus relatos.
Con esto fago unha chamada para deixar de lado a polémica, enviar as vosas colaboracións e remar todos cara a mesma dirección...A xuntanza con motivo do 30 aniversario.
Unha aperta a tod@s.
Gracias Luis pola aclaración; evidentemente no se pode estar 24 horas pendente disto, e creo que debe seguir aberto ás colaboracións, sei que todos temos recordos, anécdotas de todo tipo (alegres e tristes) e deberían ser contadas, ademáis haberá máis actividades para participar e que mellor ca internet para difundilas.
E na miña humilde opinión, este blog debería ser construído entre todos, así que xa sabedes collede lápiz e papel e a escribir os vosos artigos.
Saúdos a todos.
Estaba preparando un escrito...
pero pasaronme as ganas, vista a insistencia que brota en todo o blog en recordar que éste está só concebido para vos: 20, 25 e 30 xuntanza da 1ª promoción... Intenteino de moitas maneiras (con anónimos, con relatos...)...pero creo que vou pasar. Queredes colaboración pero non parades de insistir (sobre todo na relación tan exhaustiva referente ós merecedores do voso aprecio na que facedes fincapé no detalle de omitir a calquer persona ou acontecimento que non teña que ver coa 1ª promoción) en que só se trata da 1ª promoción: relatos,recordos, anecdotas, agradecementos, fotos... Sintoo na alma...Un saúdo.
Manuela
Manuela direite que cando nos referimos a todos, tratamos de dicir todos, non vamos a explicalo cada vez, nin a excluir a ninguén, porque supoño que ti teras anécdotas, fotos e moitas cousas que contar, supoño que os que hoxe están aí tamén terán anécdotas e demáis, pero vexo que non o entendedes ben, non sigamos dandolle voltas a algo que non ten máis que unha e non é outra que creo que xa dixen con anterioridade TODOS OS QUE POR ALÍ PASARON, creo que máis claro non se pode dicir, senón non hai máis que ler o que escribiu Alvaro e que sei que te gustou, pero por desgraza non temos colaboracións doutras persoas e vamos publicando o que nós lembramos pois non vivimos o que viviron outros.
Mary Hermo.
Manuela, manda a túa contribución, que será seguramente enriquecedora. Si neste blog se fala moito dos antigos tempos é simplemente porque a maior parte dos que aquí participan os viviron, non porque se faga de menos o presente. Proporcionar contidos interesantes ó blog non é fácil, todas as achegas son valiosas.
a manuela,olvidate de primeiras promocións e participa no 25 aniversario do I.E.S.PRAIA BARRAÑA cun relato teu.un saúdo e xa falaremos mañan
Manuela , cóntanos algo , nós só lembramos uns cantos anos, pero ti sabes máis.
O último comentario non foi censurado, preferimos poñelo na páxina principal para que todos o poidan leer.
Saúdos e gracias por a túa aportación, se tes máis xa sabes podes mandarnola por correo electrónico tamén.
Vaia por diante que non quero fomenta-la polémica, pero as persoas con estreitez de miras, superanme.
Querida Manuela, non che coñezo máis que polo blog e porque che vin na cea do pasado dia 17. Nembargantes, dame a impresión, e o mellor equivócome, que o teu é moito criticar pero pouco facer. Segues coa mesma teima de que si a 1ª, a 2ª, 3ª.. que máis da. Explicouse o por qué da cea en varias ocasións, podes compartilo ou non, pero respetao. E en canto ó resto de actividades, porque non propos e traballas nalgunha opción?. O camiño máis fácil sempre é a critica e o ruxe, ruxe...¡xa está ben!
Seguramente, para outras promocións foras ou eres unha profesora reseñable, para a nosa, non o eres, simplemente porque non formas parte da nosa historia. Eso non quere dicir que non nos apeteza ler as tuas reflexións, ou anecdotas.. Cadaquén ten o seu momento. Así que deixa xa a cantinela de sempre, e propón algo constructivo que de seguro será interesante para todos.
♪♪♫♫ Benvidos ó exlusivista clube da primeira promoción do instituto de Boiro ♪♪♫♫
"Díxolle o pote ó cladeiro achegate alá que me enlixas",último anónimo. Falas de que te superan as persoas con estreitez de miras pero tí non te quedas manco censurando co que dis a todo o que non foi exactamente da túa promoción.
Eu creo que Manuela leva tempo propoñendo algo constructivo, interesante para todos, e máis amplio de miras que a maioría das cousas que vou lendo neste blog... O
facer partícipes a tódolas promocións de alumnos e profesores que nos formaron ó largo de estos 25 anos enriqueceríanos a todos.
Fai moi pouco tempo que empecei a ler o blog, pero só podo dicir unha cousa MOITAS FELICIDADES A TODOS OS QUE FACEDES POSIBLE ESTO, SOBRE TODO A MARY A LUÍS F. E A RODRIGO. O que non entendo e como algunha xente critica tanto, o que pense que pode facelo mellor que o intente, pero non se pode criticar así como así, ainda que claro critican desde o anonimato pois esa a maneira máis fácil para algunha xente de criticar un traballo que eles non fan.
pola miña parte nada máis e repito FELICIDADES A TODOS os que facedes posible o blog.
para moita xente
pois nada, que aínda seguides dalle que te pego.nin son tan bós os que critican nin son ninguns santos os organizadores.
tampouco hai que darlle tanta cremita os que organizaron éste chanchullo e a céa,que o fixeron bastante mal.coidado co gran traballo,todo por internet e en catro reunións para tomar unhas copas.
deben ser catro os que quedaron contentos,(organizadores e amigos/as),por que con cada persona que falo das que foron á cea,todas me dín o mesmo:mala comida e cea exclusivista mexando fora do texto os organizadores nos postres.un saúdo e vamos a falar doutras cousas xa dunha vez.
non te creas, por que entre os organizadores,a mín tamén me comentou algún o mesmo:mala comida e equivocacions ó final,pero bueno, piden disculpas e xa está.que sigan intentandoo e para o 30 aniversario igual xa lle sale mellor.
xa empezamos outra vez.escribide sobre outras cousas e non empecemos a liala outra vez máis.un saúdo os organizadores,que fixeron o que poideron ou o que souperon facer.
¡ORGANIZACION,DIMISION!
mirade unha cousiña,os da primeira promoción.ademáis de excursións e festas, ¿estudiastedes algo?¿como eran as clases?¿que profesores eran mellores para vós?etc,etc,etc...
Anónimo do 28 de octubre de 2008 12:54:
Tí si que eres rompec.....
E está clarísimo que non sabes nada de min. Senon deberías saber que contribuín moito máis do que parece a intentar que esa VOSA XUNTANZA (xa que asi insistes que se chame)tivera éxito. Non sei quen eres tí pero, algún dos administradores de este blog que presumen do ben que o fixeron, che dirán , se son honestos, que a miña aportación foi de moito interés e axudou bastante a que saíra "ben". Dame tamén a impresión que escribín máis relatos que os que ti aportaches, e sen lugar a dúbidas, intentei que esto chegara a bon porto sen ofender a ninguén (cousa que non conseguín).Pero non son unha persona que presuma do que fai ou deixa de facer, nin son unha persoa que critique por criticar
(como fas ti)Deberías de ler tódalas miñas mensaxes co pensamento limpo...e asi pode que o entenderas.
Manuela
Os administradores do Blog, Manuela, como acabo de comentar contigo pola rúa, nos presumimos do Ben que fixemos, sabemos que houbo erros, e que moitas cousas foron moi millorables, pero non creemos ser merecedores da crucifixión á estamos sendo sometidos por toda esta horda de anónimos.
Para o anterior anónimo a Manuela:
As cousas non saen solas aínda que sexan por internet, hai que queimar horas diante do ordenador;En canto o de quedar para tomar as cervexas..decir que hai xente que tomou outras cousas ou que prefrirían estar vendo a tele na casa.
E no blog se a xente fala das excursións, ...póis toma excursións... se fala do cemento...toma cemento, se fala do Sr. X...ahí vai o Sr. X., se queres
podemos contar o que puxo Santi no exame final de latín do ano 84,ou da evolución de Roma dende Alesia ata Actium, pero sería menos interesante, pero clases tivemos bastantes tamén.
Se ti tes algo que contar sobre as clases podes facelo.
Se intentamos facer outra, intentaremos aprender dos erros.-
Unha aperta.
Por certo para min os mellores profesores que tiven en Boiro, foron Pilar Lorenzo, Lola Lobón, Sr. Blanco, Santi Suárez e X.Deira...a rodrigo non fai falta que o mente , xa sabe o que penso.
Hola de novo, xa lle estou collendo o gusto a esto do blog, eu repito, na cena paseino superben, porque o que conta e a compañia, e para min foi boísima.
Os mellores profes sin dudalo e por orden foron o SR.BLANCO, MAXIMO (aparte de profe un bo amigo), TERESA OTERO, MATIAS e SANTI. Bicos a todos
Para Luis:
como creo que xa sabes non me refería ó conxunto de administradores do blog; facía referencia a esta mensaxe de Torquemada (que non teño nin idea de quen é) con data do "25 de octubre de 2008 3:41". Eu non son quen para valorar (e sobre todo negativamente) o traballo de outras persoas, e sempre aprecio que a xente se mova e intente facer algo.
Un saúdo.
Manuela
eu tamén perdín algún tempo axudando á organización dos actos e da cea,así como o estou perdendo nesta chafullada de blog.saudiños ós da primeira promoción e hasta outra.
manuela,non sei por que segues a perder o tempo nesto.un saúdo.
voume a ver gran hermano
¿A ver gran hermano? ¿Pero non é ésto Gran hermano? Ostia, que despiste. Acábanme de desir que se trata dun blog de bachilleres. E eu que pensei que era unha disputa de Rabaleras...
O certo é que vendo o gran nível do combate dialéctico a min entranme gañas de ter nacido 10 anos antes. Ou despois.
Non me podo creer que algúns organizadores entren ó trapo de provocacións que de ningún xeito poder ser capaces de ofender. Definitivamente, vaivos a marcha.
Por certo esquecía a Máximo,ás veces a xente esquece cousas...será a Senil
A MÁXIMO é imposible esquecelo porque era unha persoa especial,era diferente dos outros mestres. ingesseg
Publicar un comentario