miércoles, 22 de octubre de 2008

PIC-NIC



Era aló polo ano 85, estabamos en 2º de BUP, as nosas ansías aumentaban, estabamos vivindo novos acontecementos, novos profesores e algúns deles déronnos máis ganas de aprender, todo era novo pois cada ano as materias eran distintas.

Ese ano tiñamos Literatura Española e a profesora que á impartía era María Fandiño, lémbrome dela como unha cativa dentro dun corpo de muller adulta.

Un día María chegou a clase e invitounos a preparar unha obra de teatro, díxonos que contaría no exame e que a nosa nota aumentaría; algúns non se atrevían pero outros apuntáronse sen tan sequera pensalo (supoño que por iso de que contaría para o exame fixo que nos animaramos).

Así que mans á obra e a representar Pic-Nic de Fernando Arrabal, unha obra que falaba da guerra e na que os pais dun soldado o ían a visitar e a comer con el ó fronte; un argumento complicado de interpretar pero que nos convenceu a todos.

Lembro que a min como iso de actuar non era o meu, tocoume a iluminación e parte da dirección.

Na obra participaron entre os que eu me lembro (se me esquezo dalgún perdoádeme pero vou vella e a memoria xa falla, un pouco, moito) Natalia, Susana, Mary Loly, Casais, Ana, Encarna, Abeijón, Tucho, e alguén máis que creo que fixo de apuntador. Pero se me equivoco, rogo me desculpedes e me corrixades.

Todo foi ensaio e máis ensaio, cada un co seu guión tratando de memorizalo, probas coa iluminación, busqueda de vestiario, e todo o que consigo conleva este tipo de actos; por detrás moito traballo que todos facíamos con ganas e con gusto, sobre todo con moita alegría e con moita risa polo argumento.

Despois de conseguir memorizar cada quen as súas frases tocou o último ensaio, pois tiñamos que representala no salón de actos.

E por fin chegou o día, era pola tarde, aquel salón de actos estaba a rebosar, murmullos de fondo, e nós cos nervos a flor de pel pensando en que non ía saír ben, pero tíñamos a María para darnos ánimo, e chegou o momento de saír a escena, todo comezou ben, algunha frase que non saía pero a improvisación axudou bastante, e como non, o traballo do apuntador foi excelente.

O público ría a esgalla, pois o argumento non era para menos (a pesares de que era unha crítica á guerra), ó final todo foron aplausos, os compañeiros contentos e os profesores tamén pois aquela tarde de teatro fixo nas vidas de todos un alto o fogo na rutina diaria nese centro de ensinanza.

Logo viñeron algunhas fotos e os halagos de María Fandiño e doutros profesores, foi unha tarde de éxitos e de teatro e que sempre quedará para a lembranza.

Creo lembrar que todos os que participamos na obra aprobamos aquela evaluación.


Agora compañeiros toca que vos lembredes o momento e comentedes algo.

Unhas fotos para que vos lembredes, por cortesía de Susana Blanco.



Quixen escribir isto a man pero non me deixa, jajaja.

23 comentarios:

Anónimo dijo...

Mary, síntome obligado contigo, xa que candoi eu levaba o blog, tí eras a que facía o primeiro comentario, agora tócame a mín.
Lémbro ben ese día do que falas reín a esgalla, a verdade é que todas estas acitvidades nos viñan ben nun insi cheo de limitacións e o que a imaxinación facía que superáramos calquera atranco.
Creo que actuaba Dani Bocacho tamén.
Desde aquí tamén quero lembrar a Pedro e meu irmán Jose que saían a facer o parvo con calquera excusa para divertirnos e facían unha obra de teatro con unha escoba.

Anónimo dijo...

eu tamén me lembro.era no salón de actos vello e cun palco feito con mesas e uns tablóns de fimapan por enriba.agora ese salón de actos xa non existe,según comprobamos o venres e no seu lugar están as aulas do bacharelato de artes.

Anónimo dijo...

sí, e verdade, ahora o salón de actos está frente á biblioteca,no exterior,onde antes era o ximnasio.a verdade e que xa cambiu un pouquiño o centro nestes 25 anos,sober de todo, a zona nova,cas aulas de música,tecnoloxía,infórmática,debuxo,taller de artes e ximnasio novo.

Anónimo dijo...

antes eu penso que se facían moitas máis actividades que ahora

Anónimo dijo...

decirlle a juanjo,que non estea cabreado por que foi un lapsus pero que se lle quere moito

Anónimo dijo...

bueno, non lle dar máis voltas e supoño que xa falarían con él quen tiña que falar e se arreglaría todo.supoño.

Anónimo dijo...

juanjo foi o mellor conserxe e tamén foi o meu entrenador no futbol sala,e levounos a moitos torneos,e unha boa persona.un saludo para el

Anónimo dijo...

non sei por que sacaron xa a pancarta os de protección civil,a que estaba xunta o instituto,si ainda quedan máis actos e o aniversario é todo o curso 2008-2009

Anónimo dijo...

gooool de messi

Anónimo dijo...

Aclarado que a cea era exclusivamente para a 1º promoción, ¿por qué non aparece por ningún lado o agradecemento, por parte da administración deste blog, da colaboración (tanto personal como económica)que aportou o IES "Praia Barraña"?

Anónimo dijo...

por que esta xente agradecelle solo a quen lle da a gana

ENCARNA dijo...

Lembrome desta obra, era o ano 85, e o meu 2º ano no insti,repetia curso e debeu ser por eso polo que os repetidores colaboramos en todo, ata sentandos sempre na primeira fila para non perder detalle.Nesta obra colaborei no escenario e no vestuario, preparando os cascos, as trincheras e a camilla que portaba Susana e Natalia, que lembro que no momento de utilizala rompeulle un pau, menudas risas en todo o salón.............elas eran os camilleros, Loli a nai de Tucho que lle ia facer unha visita o frente, donde o enemigo era Abeijon. O que non lembro moi ben o papel de Casais que ia de traxe....
Eu teño as mesmas fotos....notase que fixemos moitas para un bo recordo, a quen non coñezo e a quen esta o meu lado e debaixo de Mary, a todo esto alegrome moito de verte pois facia moito tempo.

Anónimo dijo...

a foto non é de moi voa calidade,claro,tantos anos,pero os recordos son moitos

Anónimo dijo...

cinco caracolillos do barsa en champions.una manita.

Anónimo dijo...

non quero ser pesada,pero creo que sev lle deben moitas disculpas a juanjo,o conserxe

Anónimo dijo...

parece que non hay ninguén.estarán vendo el internado

Anónimo dijo...

¿que máis actos hay programados polo 25 aniversario?ten algo máis rodrigo preparado, supoño.por certo,mirando a foto do periódico, pregúntome ¿de cantos meses e o embarazo de rodrigo?

Anónimo dijo...

a cea debiu estar de puta madre,por que rodrigo parece que se comiu hasta as bandexas

Anónimo dijo...

a mín dixeronme que faltou un balón de baloncesto no ximnasio do insti,e creo que o tragou algún profesor,según a foto do periodico

Anónimo dijo...

¿non se tragaria a placa ?

Anónimo dijo...

comentaronme que marcelino pagou solo por él e levou a dous amigos , un deles un curiña novo

Anónimo dijo...

Creo que o dos curiñas sorprendeu a todos os da organización,que lle pegaron o toque,
e que rodrigo falou con Juanjo, xa que o asunto dos bolis foi cousa de Rodrigo non dos da cea, eles non esperaban os boligrafos.e que se dirixiron a él pero en privado.

Anónimo dijo...

Pódovos asegurar que estou profundamente doido polo que,sen mala intención, estase interpretando de Juanjo. El é moito máis ca un compañeiro. 25 anos xuntos, el gruñíndome e eu protestándolle, pero nunca nos enfadamos. Dentro do Instituto colaborou e colabora algunha xente conmigo,que non estiveron na cea, tamén terán o seu agasallo. Juanjo é algo máis e para él haberá moito máis cariño...e non quero dicir máis. Por favor, cerrade este tema.

Por certo, o das pancartas está arranxado, parece ser que unha tirouna o vento e a outra quitaronna por erro.Falei con Deira e volverán ser colocadas.
Comunicarei a Mary os actos que sigamos celebrando...Con un pouco de sorte serán moitos e bonitos.
Unha aperta e un bico moi fortes. Rodrigo