jueves, 23 de octubre de 2008

Na prensa

Se alguén se quedou sen periódico o Domingo, onde saía a noticia relacionada coa cea, ou co de hoxe Mércores no cal saían comentarios e fotos na sección "Cosas de la gente", aquí vos poño un enlace ao diario "La Voz de Galicia".
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/10/22/0003_7244688.htm

No momento en que coñezamos algún dos actos que se celebren con motivo do 25º Aniversario irémolos publicando. Se non sae ningún é porque non temos constancia deles.
Polo de agora sabemos do seguinte:

Ata fin de mes estará aberta ó público a exposición CREADORES DO IES PRAIA DE BARRAÑA onde diversos artistas expoñerán as súas obras.

A exposición atópase en catro locais:

-CENTRO CULTURAL DEPORTIVO de BOIRO: EXPOSICIÓN DE PINTURA DE XOVES ARTISTAS DE BOIRO-ALUMNADO e EX-ALUMNADO DO IES.

-CONCELLO DE BOIRO: EXPOSICIÓN DE ESCULTURA DO ARTISTA PIQUICO, EX-PROFESOR DO IES.

-TALLER O FAIADO 2: EXPOSICIÓN DE DEBUXOS DE COMIC DE MARIO LÓPEZ E BRAIS RODRIGUEZ- EX ALUMNOS DO IES.

-IES PRAIA DE BARRAÑA: EXPOSICIÓN DE PINTURA DE FRAN BLANCO E RODRIGO CHAO- PROFESOR E EX-ALUMNO DO IES.

Por concretar:

Ruta de sendeirismo Polo Vieiro das Mámoas da Cásota do Páramo á Arca do Barbanza. Coa colaboración de Concello de Boiro, departamento de Turismo, .

Diversos concertos coa presenza de EX do Instituto.

No hay comentarios: