Nesta fotos podemos ver a Greg Louganis, facendo alarde das súas habilidades nunha piscina, pero hai dúas fotos que non corresponden ó campión olímpico, así que , ainda que sei que é dificil hai que expremer a seseira e contestar ás únicas preguntas que son:
-¿En qué fotos non está Louganis?
-¿Quenes son os intrusos?
-¿Onde é?
-¿Que ano é?
Ó que acerte leva un chupito de caña das herbas gratis o día da cea.
24 comentarios:
Creo que nunha foto aparece Merche De La Fuente e Amalia, pero non recoñezo ó rapaz que se tira á piscina.
A ver se alguén o recoñece.
Saudiños.
A imaxinación ao poder.
o de arriba é Carlos o de Angelita, o de abaixo npi.
Tanto pedir que participemos y visitemos el blog y ultimamente solo sabeis poner autenticas chorradas. Pero la de hoy es para nota
Tampoco es para tanto!! No está mal que de vez en cuando uno se entregue un poco al esparcimiento humorístico. Un poco de indulgencia con los administradores. Después de todo, a ver quién es el guapo/a capaz de sacar sesudos temas todos los días.
Recoñezo a labor do voluntariado...pero vós mesmos fostedes pechando as colaboracións con unha censura máis que rariña...dende o momento en que vos encamiñastedes a ceñir os acontecementos só á 1ª promoción ...e sentistedes como un "ataque" outras aportacións doutros anos, aclarando que só hai cabida neste blog para os nacidos nos anos 60 e algo....pechando os ollos ó resto da historia do centro...pois...qué esperábades??
Os/as que tivemos parte na construcción deste camiño nos sentimos despreciados ...E este acontecemento que tiñamos ganas de celebrar con verdadeira ledicia...se transformou en algo ..."triste"??
quédame unha pregunta que é urxente:
¿exactamente para quen é a cea do día 17? Só profesores e alumnos da 1ª promoción? (iso é o que parece e gustaríame que mo confirmarades.
Gracias.
Parece coma se os mais importantes foran os que estiveron no curso 83 (profesores e alumnos) que por certo moitos estiveron so un ano e que os 24 anos restantes non valeran para nada
Eu non son nin o administrador nin o que organiza nada, pero penso que o sentido común suxire o seguinte: a tódolos actos relacionados co 25 aniversario, calquera persoa que esté ou estivera relacionado co IES estaría ben que participase. Con respecto á famosa cea, posto que a organizan os da primeira promoción para reencontrarse, resulta comprensible que asistan esencialmente eles, ainda que non creo que lle prohiban a entrada a outros que queiran ir. Pero claro, a unha cea-festa un asiste cos seus amigos e ex-compañeiros, pero si mezclas xente de 20 anos con xente de 40 (que non ten nada de malo) o resultado pode ser curioso. En calquera caso os organizadores dirán...
Todos eses anónimos que censuran a labor que se está facendo, teñen a oportunidade de aportar novas ideas, só queremos decir que as aportacións que tivemos de xente que non sexa da 1ªpromoción foi CERO, polo tanto se queren aportar algo que non sexa unha CHORRADA,aquí estamos para recibir, a nosa dirección está aberta para todo o mundo, o cal non se pode decir de todo o mundo,
SÍ, A CEA É SOLO PARA A PRIMEIRA PROMOCIÓN , que foi a que estivo fai 25 anos,se alguén que non sexa da 1ª promoción quere ir, pois estupendo, que vaia, non excluimos a ninguén.
Chicolino ten varios salóns, e se alguén quere montar unha cea cos da 12ª promoción, adiante que a monte, non imos ser nós quenes a critiquen, e si queren montar unha páxina WEB,un canal de TV ou unha liña 902,non imos chamar para criticalos.
moi ben señor administrador, estou contigo
Vamos a ver, tranquilizádebos, trátase de duas celebracións por un lado o 25 aniversario do instituto que é algo no que todo o mundo pode participar e por outro dentro de ditas celebracións unha reunión de vellos compañeiros de clase que coincidiron aquel primeiro ano. Noraboa Luis por todo o traballo que estuvestes levando a cabo durante este tempo, espero que na cea che toque algún desos estupendos premios que estás sorteando e si somos todos un pouco agradecidos xa che deberíamos pagala cea.
QUERO FACER CONSTAR QUE O FIXECHEDES MAL!!!
CELEBRAR O 25 ANIVERSARIO DO IES PRAIA BARRAÑA (E NON IB MIXTO ) TAL COMO PUXESTEDES Ó PRINCIPIO, SIGNIFICA QUE TODOS (PROFESORES E ALUMNOS) DE TODOS ESTES ANOS ESTÁBAMOS IMPLICADOS: SE NON ERA ASI COMO DESPOIS VOS EMPELASTEDES EN FACER SABER, NON TIÑADES DEREITO A AROPIARVOS DESTA CELEBRACIÓN. EN TODO CASO DEBERÍAS CHAMARLLE CELEBRACIÓN DOS 25 ANOS DA 1ª PROMOCIÓN. A CONFUSIÓN E O MALESTAR QUE ACARREOU NOS LEVA A ALGÚNS QUE ESTÁBAMOS ENTUSIASMADOS A SENTIRNOS DESPRECIADOS. EU FALO POR MIN PERO SEI QUE HAI MÁIS XENTE MOLESTA.EU SON PROFESORA PERO NON DIREI O MEU NOME PORQUE AQUI NON PINTO NADA...A PESARES DE HABELO QUERIDO...QUE O PASEDES BEN!!!
Eu non acabo de entender a que ben tanta disputa, pero bueno respeto todas as opinións, e vexo que aquí hai para todos os gustos.
Direi que eu dende un principio entendín que era o 25 aniversario do Instituto e que se ían celebrar diversos actos nos que podería participar todo aquel que o desexase, o blog supoño que ten cabida para todos aqueles que formen parte destes 25 anos (o que tamén tedes é que mandar artigos(non só criticar por criticar; e que logo aparte se ía celebrar unha cea para a 1ª Promoción do Instituto e creo que todos o deberíamos entender así; pois daquela cando saíu a noticia na prensa eu entendino dese xeito.
E por todo iso digo que non entendo a que ben tanta disputa.
Saúdos a todos.
Para esa profesora, non sei se o fixeron mal ou ben, pero seguramente é moito máis do que fixeches tí, que levas todo o tempo dando a brasa e non aportas nada, se non te atopas a gusto, a ler o Caso.
¿Apropiarse de qué?
Cada un organiza as cousas como sabe, pode ou como lle da a gana, e os de fora dan pitillos.
E SÍ era IBM,e se para tí non era así é que en efecto AQUÏ NON PINTAS NADA.
Supoño que te sentirías marxinada,e ademáis resentida e celosa ata o punto de criticar o articulo sobre un dos grandes homes das nosas letras Eusebio Lorenzo, porque según tí, non pintaba nada porque estivo pouco tempo,(a pesar do anonimato ese comentario veu da túa parte) pois ben, hai xente que está dous meses e que aporta máis que as que levades vinte anos, pero ante iso só hai unha solución,... colaborar, non largar pestes pola boca, non fai falta que digas quen eres,non vale nin a pena coñecerte, como din na miña terra ... a chorar a Cangas.
IMOLO PASAR BEN A PEsAR DOS TEUS INTENTOS DE AMARGAR A FESTA
NORABOA ÓS DA IDEA
Xa vexo que non dades unha no clavo. Nunca (ata agora) critiquei o voso traballo. Menos aínda a carta a Eusebio, moi querido por min, nin o recordo de Máximo ...nin o recordo(pola miña parte) dun rapaz que a pesar de que non o coñecechedes, fixo durante 7 ou 8 anos parte do centro,: os meus anónimos non sempre o foron...pero si sempre tratando de preguntar o que non sabía e intentando non meter a pata. Fun a primeira en felicitar o escrito de Juanjo (xa vedes que non teño celos porque sei que me aprecia aínda que non apareza no seu relato onde efectivamente non pintaba nada)e tamén fun a primeira en felicitar as exposicións e se non estiven na presentación foi porque tiven un impedimento personal.Todos os demáis anónimos negativos non son meus. Diríache más, Luis ( se eres quen eu pens) pareceume mal que se atacara o escrito de Saborido sobre o acelerador e asi o fixen constar. Se tí eres o Luis que eu penso, despois de ver a foto dos 20 anos, sei que tamen me aprecias moito e que na miña boca e menos por escrito, iría nada en contea de este Instituto que fai parte moi importante da miña vida. Un saúdo para todos...e deixade a mala uva e de estar a defensiva ( como llo a gradecín unha vez a Mary Hermo, a que creo que non coñezo, pero que tódolos días aporta paz e sensatez neste blog ( tamen estivemos de acordo en relación a unha boutade machista.
Os que me coñecedes, creo que vos será moi fácil adiviñar quen son e os demáis pois parece que non lle importa en absoluto.
Non se trata de saber ou non saber quen son eu,cousa que é vox populi, xa que en primeiro lugar eu non son o único que administro o blog,e en segundo lugar, este blog foi feito para ser un punto de encontro ou reencontro, á vez que nunha ferramenta para a lembranza.E nesta parte quero decir que foi un sonoro fracaso que a xente non asine co seu nome, excepto MARY,(por certo, volve a mandarme o teu tlf).
En canto á colaboración, digo en serio que non tivemos ningunha que fose máis alá do ano 86,escribeu Mary, Manolo D, M. ANca, Rodrigo, Eu mesmo e Un da Boliña co cal estamos ante a primeira promoción, o resto para poder publicalas, temos que recibilas primeiro.
Se publicamos chorradas, pois Sí, moitas , pero é que ese é un dos obxectivos,publicar chorradas, facer que a xente pense, que lle quite ferro a todo, que lembre e intente reirse cadaquén co seu tipo de humor,se as fotos non se ven mellor é porque non se pode,e moitas veces poñemos tonterías, porque non hai material máis que para poñer unha foto e catro parvadas debaixo.
A cea, é para a primeira promoción, con esto non referimos ó ALUMNADO, podería facerse extensible á 2ª ou 3ª, pero en algún sitio hai que cortar, se aparece alguén que non sexa do primeiro ano, non imos tomar lista e que se senta a gusto con xente de case 40 a 40 e tantos anos, que veña, pero nun principio é para xente do 1º ano.
En canto ó profesorado, estase avisando a moitos docentes que non foron parte da inauguración, ben porque están alí ou porque estiveron e foron e son parte da historia do centro,co cal supoño que se fochedes avisad@s por Rodri ou Juanjo, ou por alguén máis, non quere decir que porque eu poña que é para a primeira promoción, queira excluir a alguén, non pretendemos eso, pero meter os alumnos de 25 promocións é inviable.
En canto ó nome do centro, sabemos que se chama Praia Barraña, pero queremos facerlle unha pequena homenaxe ós nos recordos, xa que para nós sempre será O INSTITUTO, a pesar de que xa haia tres, e sempre lembraremos cando pintamos a pistas por primeira vez e lle puxemos no centro do campo IBM e á mañán seguinte puxeran a tiza ó lado Computers.
Sigo animando que vos apuntedes á cea, que visitedes as exposición e que nos enviedes as vosas colaboración, e disculpas se me excedín an algún momento no meu tono.
Luis F.
Perdon, olvidaba a Saborido.
Agradecida da túa aclaración, en todo de acordo con ela...e direiche máis esta mensaxe era a que eu estaba esperando coas miñas preguntas (para non meterme onde non me mandan)Sí que estiven pensando en colaborar con algo pero sentín que as mensaxes doutros anos ( eu falei do teatro de Ramón...)non tiñan eco e pouco a pouco sentinme desmotivada. Se dende o momento 1º en que preguntei por quen estaba implicado ( de feito eu mesma falei da imposibilidade física de que tódolos alumnos puideran participar na cea), houbera recibido esta resposta , houbera enviado uns poemas de Eusebio e ó mellor houbera intentado aportar o que cada un de nós (alumnos e profesores) vivimos no Noso INSTITUTO, como tí ben dis e todos o sentimos.
Un saúdo.
PD.: dende o principio quixen que esto funcionara, aínda que é verdade que eu non aportei nada, pero ningún comentario en contra pertenece á miña persoa; tendes que buscar noutro lado.
:-)...pareceche mal se che corrixo: "desde a administración nunca estamos abertos ás críticas e ás colaboracións?"
jajaja..estou segura de que foi un lapsus :-)))
Como tí ben dis hai que poñer un pouco de humor.
Outra aperta
lamento profundamente o mal entendido, e uero aclarar que desde a administración estamos abertos ás críticas e ás colaboracións, se esto nos sirve pàra ir mellorando, benvidas sexan, pero o que non nos gusta é que o noso traballo sexa mal interpretado como un instrumento para encauzar ás opinións, eu eliminei algúns comentarios por consideralos de mal gusto, pero non fun o único, como ben dixen antes, somos varios os que temos acceso á administración é confiamos todos no noso criterio.
Uha aperta
O que era unha chorrada, ó final é a entrada con máis comentarios, OS CAMIÑOS DO SR. SOn......
Suprimín unha entrada, porque pareceme oportuno poñela un día na páxina principal, así que atentos que sairá.
NON FOI CENSURA
Alégrome de que por fin as augas volten o seu cauce, espero que a partires de agora xa non haxa máis disputas.
Unha cousa eu lémbrome de moitos profesores, pero que de moitos pois votei no centro unha fartura de anos, tantos que repetín COU ata que me cansei e me fixen adulta, jajaja.
Daquela moitos me chamaban Mari Carmen e o meu apelido que xa o sabedes todos pois é co que firmo.
Dende aquí animo a todos os que comentan os artigos e demais que firmen co seu nome, creo que é moi fácil, facede como fago eu, veña animádevos.
Saúdos a todos.
Publicar un comentario