miércoles, 29 de octubre de 2008

¿CLASE OU PARTIDO? por Pili Vázquez

Nos eramos un grupo que entramos en 3º, xa viñamos de Ribeira así aínda que todo era novo, nos xa tiñamos a nosa "experiencia". Eramos un grupo moi heteroxéneo pero tamén moi unido, alí estaban Rosiña, Rafa, Santos, eu, Encarna, Luisa,Mercedes, Susana, Toñito, Calo, Isabel (hoxe tan guapa coma daquela), e un montón de xente mais que non recordo ben. Nen Lolita nen eu somos capaces de lembrar si ela tamén estaba nesa clase.
Tiñamos un profesor de Literatura Española, sinto moito non recordalo nome, que lle dedicou todo o ano o Quijote. Non só a léelo, de tódalas maneiras posibles senón que tamén había que estudiar tódolos traballos habidos e por haber adicados a este gran libro. Recordo sempre un dos traballos que se chamaba " La Quijotización de Sancho y la Sanchización del Quijote". Dios bendito! aquelo era tremendo, hoxe paréceme moi interesante, pero daquela salianos polas orellas.
Encarna e mais eu tiñamos un interese común, aparte dos estudios, que era o deporte, daba igual fútbol, baloncesto ou tenis, tivemos discusións eternas sobre si era mellor Lendl ou McEnroe,(está claro que foi Lendl). Este profesor enterouse de tal afición un día qué , a conto non sei de qué preguntou cal era o nome do estadio do Betis, e alá saltamos Encarna e mais eu como si nos deran a un botón, ¡ Benito Villamarín!. Bueno todo o mundo quedou a mirar para nós e sobre todo o profesor; nos por suposto coma tomates.
Chegou un día en que a selección de baloncesto tiña un choque crucial, era un encontro importantísimo e nos debatiámonos entre ir a clase de Literatura ou ir a velo partido. Luisa e Mercedes intentaron facernos entrar en razón, pero nós no tiñamos claro. Ata que veu Calo, e dixo que si faltamos nos el tamén faltaba. Non fixo falta mais, alá marchamos os tres para o bay-bay a velo partido.
O mellor de todo foi o que me recordou Encarna o día da cea, e foi que ó día seguinte canto voltamos á clase de Literatura o profesor en vez de seguir co tema, dixo (mais ou menos)" para el señor Calo y las dos señoritas aficionadillas al deporte, vamos a hacer un resumen de la clase de ayer". Non me lembro do que pensei naquel momento, pero visto desde hoxe realmente foi un bo detalle.


Un vídeo para a lembraza daqueles anos mozos, bueno xa sei seguen sendo mozos que todos temos aínda vinte anos, a ver se me podedes dicir de quen se trata.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Paréceme difícil que Calo faltara á clase, bueno, se era para ir con dúa chavalas ó bay-bay, podía ser.

Por certo, no BAY BAY seguen necesitando camarero, Hai cousas que non cambian nunca.
Está claro que o video é de Lorenzo Santamaría.

Anónimo dijo...

Por fin, una anecdota de mi clase. Yo también recuerdo lo del Quijote, lo siento por el profesor que era moi coitadiño, pero nunca más volví a coger ese libro.
A diferencia de vosotras a mi no se me presentaban problemas de conciencia a la hora de faltar a clase, pero la verdad es que con la idea que yo tenía de vosotras tuvo mucho mérito lo de faltar a clase.
Por cierto Luis, !qué poco conoces a Calo!. Ah, enhorabuena hoy has sido el primero.

Anónimo dijo...

Non son deste curso, senon do anterior, pero lembrome de moitos de vos xa do autobús a Riveira, un saúdo a todos.

P.D. Vemónos o sábado...

Anónimo dijo...

Dios mío! Ten razón Pili, esas clases de literatura éranche ben pesadas e aburridas.
Sen embargo eu teño un recordo excelente da clase de lieratura do ano seguinte, con Pilar.
Esta profesora contaxiaba o seu entusiasmo pola asignatura. Entraba pola porta con aqueles ollos redondos e o pantalón metido por dentro das botas e transmitía forza.
Recordo cómo nos facía traballar cos comentarios de texto ¿acordádesvos?

Anónimo dijo...

ahora si facemos esa pregunta no i.e.s., sin dubida a resposta é a segunda opción:partido

Anónimo dijo...

Eu a Calo coñeciacho ben, aínda lembro aquelas interminables sesión de estudio en Zamora ata a 1,00 da mañá, facendo láminas de debuxo técnico, que despóis cambiabamos por seis pesetas, se facías 5 podías tomar un bocadillo.
Despóis andivemos xuntos na mesma pandilla se "Sair", con Briones, Lorenzo, Toñito, Fran lopez, etc. Pero a partir dos 21 ou 22 anos, meteuse es sí mesmo e non volveu a asomar a cabeza.

Anónimo dijo...

¿CUantos puros te tienes fumado con nuestro común amigo en el Derby? y otras cosas que tenemos compartido que forma parte de nuestra intimidad.Está claro que todos tuvimos diferentes fases, y seguro que la tuya es tan real como la mía. Un fuerte abrazo. Muac

Anónimo dijo...

¿Ese profe tiña o pelo rubio ou blanco? si era un que falaba moi pouca pouco xa me acordo. Como tamén me acordo da de Griego, os dous poden pasar os anales das clases divertidas, con todo respeto eh?, pero para 17 anos erache dificil de masticar.
Por certo eu recordo a Pili na excursión de Torremolinos, que daba igual a hora que nos deitaramos, nos na piscina de resaca e alá viña ela de compralo periódico, creo que o Pais.

Anónimo dijo...

Seguro que traía o País, pero dentro viña o As, de onde recortaba tódalas fotos e os artigos sobre Lendl.
¡o que ten gastado esta muller no As!

Anónimo dijo...

Eu recordo á de griego unha vez que lle dixo a Carlos que era un castigador.Eu nunca oira esa palabra. Eran outros tempos, non si?

Anónimo dijo...

A frase exacta foi "no me mires con esa cara de castiganenas". (Inda hoxe me prejunto con qué cara a mirei). CARLOS

Anónimo dijo...

A verdade é que me sorprendeu bastante que Pili faltara á clase, sabía da súa afición ó deporte, era un libro aberto cando lle dabas cancha para falar de deportes, espero que sega tendo a mesma afición.
Saúdos a todos.

Pd. Xa non son a primeira en comentar pero dademe tempo e a ver quen corre máis, jajajaja.

Anónimo dijo...

Gracias Mary polas tuas palabras,vexo que daquela ainda falaba mais que ahora. Pois si sigueme gustando o deporte, pero teño dous problemas, un que os partidos importantes teño que velos en diferido xa que me poño histérica e ando seguido a cambiar de canle; e segundo teño lexos a miña compañeira de batallas Encarna, que daquela quitabame o nervio. Por outro lado fun casar co único home da redonda que o único que lle interesou do deporte e que era unha palabra de tres silabas, e coincidiras conmigo que ver certos partidos sola non é o mesmo que ben acompañada. Bueno unha aperta para todos e espero que alguen recorde o nome do profesor de Literatura.
Pili

Anónimo dijo...

José Ramón Souto Blanco. Cando teñades algunha dúbida xa sabedes a quen hai que preguntar

Anónimo dijo...

Por certo quen pensades que é o anóimo anterior?

Anónimo dijo...

Gracias, polo nome. Espero que non se teñan en conta os comentarios sobre o divertido das clases. Solo tiñamos 17 anos.
Por certo, o da Sanchización .... era do outrora reitor da USC Dario Villanueva?.
Pili

Anónimo dijo...

Carlos e que ti castijabalas moito, e ela notoucho.

Anónimo dijo...

Pero, ¿non era Menendez Pidal quen falaba da "Quijotización de Sancho e da SANCHIFICACIÓN do Quijote? En canto ó de castijanenas, eu penso que a de grego aprendeu aquel día a palabra e estaba deseando encontrarse a alguén para usala. (Pero recoñezo que tiña o seu morbillo), je,je

Anónimo dijo...

Sejuro, sejuro que era Pidal a min tamen me sona, pero ti que fas a estas horas lanjran?

Anónimo dijo...

´joder! ata que horas estades no blog.vaia exitazo!

Anónimo dijo...

¿Qué fajo a estas horas? Chatear ca de griego. (je,je)