domingo, 19 de octubre de 2008

A CEA DO 17 por Mary Hermo.




Onte a cea estivo estupenda, o noso compañeiro Arturo despregou na cociña pratos con gusto e arte.

Estivemos moitos pero non todos, notabanse algunhas ausencias.

Pero o final todos nos lembramos daqueles primeiros anos nos que o rebulir polos pasillos era incesante entremezclados cos obreiros que aínda estaban rematando os últimos retoques (algo máis que retoques).

Esa placa conmemorativa que Deira trataba de ler coa escasa luz que había, o percorrido polo INSTITUTO (si, seguirá sendo para nós, os que o inauguramos, o noso Instituto) e de novo o rebulir polos pasillos pasadas xa as oito e como non podía ser menos fotos e máis fotos, as caras de asombro cando vimos algunha daquelas aulas bacías e con tan poucas mesas (antes eramos máis de trinta por aula), ascensor pequeno pero ascensor, porta de emerxencia, logo o tapeo con conversas agradables para tratar de recoñecer a algún antigo compañeiro ó que non víamos facía máis de 18 anos, preguntas como ¿Alumno ou Profesor? ¿Si, ti es? soaban constantemente de fondo, algúns dos profesores que deron clase daquela estaban un pouco máis maiores pero co corazón aínda xoven, Angelita a señora da cafetería (por ela non pasaron os anos, eu quero que me dea o segredo), Juanjo o noso conserxe (que segue coma sempre).

Logo veu a cea, xuntos nas mesas uns con outros, profesores con alumnos, os de 1º cos de COU.

Case todos nos coñeciamos, logo viñeron as conversas, os recordos do que tiñamos feito fai 25 anos, as risas, no aire perfume á ledicia, a contento; música de fondo con palmas seguindo o ritmo, moitas fotos, flashes constantemente.

Logo viñeron os discursos, os agradecementos (compañeiros e profesores, mil gracias) e unha carta do noso querido Sr. Blanco desculpándose pola súa ausencia que nos emocionou a todos, e por fin o esperado baile para axudar a dixerir aqueles pratos suculentos, todos bailamos (ata eu o fixen, jajaja), ninguén quería marchar para a casa, pero inevitablemente algúns tiñan que marchar pois aínda lles quedaba un largo percorrido ata as súas casas e incluso traballo o día seguinte, xa pasadas as catro tiven que marchar pero aínda quedaban a maioría dos compañeiros.

Agora dicirvos, mil gracias por unha velada inesquecible, que as sensacións vividas quedaran atesouradas para sempre no meu corazón.

En breve poderemos velas fotos, así que xa sabedes os que levaches as cámaras, a envialas ó correo electrónico para poder publicalas.

Tamén vos animo a que sigades participando neste blog, e espero que participedes todos e digo todos (profesores e alumnos) destes 25 anos de historia do IES PRAIA BARRAÑA, e para que isto se manteña vivo mandade os vosos recordos o correo electrónico, que serán publicados (e non vos preocupedes se redactades ben ou non, pois a miña redacción tamén deixa moito que desexar).

Para os que non puideron vir, esperámolos no seguinte.

Hoxe non poñeremos vídeos, pois aínda temos o cansazo no corpo.

Saúdos para todos.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

o día da cea todo saiu bastante ben, a comida boa, o alcol excelente e a compañía insuperable.
gRACIAS A TODO O MUNDO.
Dentro de cinco anos ...outra.

Administrador dijo...

Este comentario non foi censurado, senón que decidimos publicalo na páxina principal para que poida ser leído por todos.
Saúdos.

Anónimo dijo...

BOA CEA, BOA COMPAÑA E BOS DESEXOS PARA TODOS E DIGO EU DE VERDADE QUE TEMOS QUE ESPERAR CINCO ANOS PARA VOLVER A XUNTARNOS, NON PODERÍAMOS CREAR UN CLUB OU ALGO ASÍ PARA VERNOS MÁS A MIUDO E FACER COUSAS XUNTOS, A VER SI ALGUÉN DA IDEAS

Anónimo dijo...

Vaya noche. Coincido en todo con Luís. La comida ,la bebida...pero sobre todo, la gente. La creme de la creme. Gracias a los organizadores por un día tan especial.Espero que aparezcan más fotos porque me gustaría guardar unas cuantas para la posteridad. Besos para todos

Anónimo dijo...

Non estaría mal o que di este compañeiro de formar un club de ex-alumnos e ter diversas actividades.
O que pasa é que resultaría difícil pois alguén tería que encargarse de poñerse ó fronte e de organizar actividades, pero pode que todo acaba por materializarse nalgún momento.
Un saúdo para todos.

Anónimo dijo...

Que poco dura lo bueno!!! Me supo a poco.....Me quedaron tantas cosas por decir. Tanta gente con la que hablar....
En fin para los 30 espero organizarme mejor y poder charlar con todo el mundo.

Anónimo dijo...

O educado e que os mails persoales se lle conteste de forma persoal non pública.