No iniciou do curso 85-86, sendo eu xefe de estudios, supoño que para aliviar as presións do cargo, aceptei una proposta de María Fandiño ,daquela a Vicedirectora,para dirixir a primeira obra de teatro que se representou no instituto.
María rematara de mercar un libro de teatro dun escritor para min descoñecido naquel intre Alonso de Santos, a obra "Bajarse al moro" foi estreada no ano 1985 e a finais dese mesmo ano empezamos os ensaios que nos levaron ata o mes de maio do ano 1986 cando foi representada no Instituto.
Esta obra foi a miña primeira incursión como director e polo tanto todo un reto .Despois dun longo casting o reparto quedou establecido do seguinte xeito:
CHUSA…………….ALICIA ABALO CHOUZA
ELENA…………….BERNARDA FERREIRÓS CALO
JAIMITO………...NEMESIO ROMERO HERMO
ALBERTO……..…PEPE PIÑEIRO GONZÁLEZ
Dª ANTONIA…...BEGOÑA VIDAL MARIÑO
ABEL............... .....LUIS FERREIRÓS BLANCO
NANCHO……........ALBERTO GALBÁN SEOANE
HUMPHREY O HAMSTER…O CUICO DE NEMESIO
Podería contar moitísimas anécdotas do arduo traballo que fixemos. Moitas horas sacadas ao estudio por parte duns actores empeñados en sacar adiante a aventura na que nos embarcaramos.
Creo , ainda que non son o maís indicado para decilo, que a representación no instituto foi un éxito rotundo e que todos os actores estiveron extraordinarios a pesares dos lóxicos nervos da ocasión.
Tanto é así que os propios actores decidiron aquel mesmo verán alquilar a Sala de Festas e representar a obra para todo o pobo de Boiro.Convencéronme para volver a dirixilos e penso que fixemos duas representacións maís ,tamén con extraordinarios resultados.
Daquela, moitos profesores e alumnos, faciamos cousas non porque nos pagaran, senón por amor o arte (nunca mellor dito).E a larga estas actividades son as que perduran para sempre no noso recordo.
Conservo nun lugar especial da miña casa un regalo que os actores fixéronme para que non me esquencera nunca do noso debut teatral. Espero que no ano 2008 todavía o teatro sexa parte do traballo extraescolar do noso querido instituto.
Manolo Anca
Conservo nun lugar especial da miña casa un regalo que os actores fixéronme para que non me esquencera nunca do noso debut teatral. Espero que no ano 2008 todavía o teatro sexa parte do traballo extraescolar do noso querido instituto.
Manolo Anca
En homenaxe á estrela de aquela actuación, esta canción
5 comentarios:
Efectivamente, neste instituto houbo un tempo no que o teatro era importante. Ramón o de historia aproveitou moitas horas de lecer para facer nacer nun grupo o amor polo teatro: Algúns deles pretenden vivir con esa ilusión o resto das súas vidas e están en grupos de teatro, de actores na TV... A Ramón tamen lle debemos o equipo de Rugby (unha novidade naquel entonces). Agora mesmo, no 2008, quizais outras actividades están a coller o relevo...
Recordo vagamente aquelas actuaciós de teatro...De feito teño a dubida de de se foi tamén naquel primeiro ano cando un grupo de 3º representara varias pezas inspiradas na música dos Les Luthiers. Un exitazo.
Para min foi o descubrimento de este maravilloso grupo polo que lles estarei sempre agradecida.
Realmente, e sin entrar en comparacións, certo é que hai 25 anos os medios eran escasos pero a imaxinación dabanos para moito. Ou ¿non recordades aqueles concursos de decoración navideña das aulas?...
eu lembro cando chuchamel nos mandara facer obras de teatro e fixeramos chistes de Amilito
QUE ME PICó LA COLEBRA
Eu tamén lembro aquelas datas, lembro incluso que estando en 2º con María Fandiño, nos mandara representar unha obra no salón de actos, cada un tiña o seu papel, desde o atrezo, a dirección, a iluminación etc.
Eu daquela xa tiña certa afección polo teatro, pero debo recoñecer que aquela experiencia foi moi agradable.
O que pasa é que a miña memoria falla bastante ultimamente, e creo lembrar que representamos Pic-Nic de Fernando Arrabal, que trataba sobre a crítica en ton humorístico da guerra.
Tamén lembro a Tucho interpretando o papel principal, e a Natalia como camilleira, etc.
Seguro que eles se acordaran mellor.
Saúdos a todos.
¡Còmo olvidarme daquela obra!.Quitei un sobresaliente(e ùltimo) en "lengua e literatura" gracias a ela .Faltaban candidatos e Marìa sobornounos desa maneira.¡Què pena que non encontrase fotos!.Recordo a Casais Loli,Abeijòn, Natalia ,etc;
Publicar un comentario