INSTRUCCIÓNS Ó FINAL DO TEXTO.
FELICIDADES A ABEIJÓN POLO SEU SEGUNDO VÁSTAGO!!!!!! MAURO.
Xa sei que pode que me faga bastante repetitivo, ou haberá xente que pensará que son un ludópata (das lentellas), mellor que fun, pero a cousa é así, gustábame xogar ás maquinitas así que cando Miguel o do Katharsys abreu a sá de xogos Tívoli no local que posteriormente foi hamburguesería Golden Fish, Tianamen, Kyoto e actualmente Aturuxo, aquelo foi unha bendición, non só polas maquinas, senón polo ping pong e o billar, todavía non había ping pong no instituto e só uns poucos afortunados tiñan unha mesa feita con unha táboa na súa casa ou garaxe, como era o caso de José Angel, que tiña unha feita por el no garaxe onde pasabamos tardes ó chegar do instituto, e tra-lo bocadillo pertinente,intentando sacalo da mesa en partidas a once puntos, (saque cruzado, sen media).
Non era a primeira que había en Boiro, lémbrome da de Don Gonzalo, no sótano do cine de arriba, onde os Domingos pola mañán íamos "á misa", pasabamos de largo, baixabamos pola costa onde estaba a citada sá, e xogabámos ó primeiro "fútbolín de baloncesto", que lle fallaban tres ou catro botóns e que valía un peso.
Despóis de pechar a de Don Gonzalo, sempre atendida por un vello malhumorado , houbo outra no baixo que posteriormente ocupou o Banco Central con un B e un C xigantescas,sempre sucias, pero non lembro o nome, eu non me atrevía a entrar, xa que estaba moito á vista e a xente fumaba dentro, relativamente cerca da casa,..... se era visto dentro, podía darme por perdido.
Pero a de Miguel era distinta, a verdade é que non valía un peso, pero era rexentada por un tío xoven, que vendía pitillos soltos, e que poñía música moderna, había unha máquina da Guerra das Galaxias que sempre estaba ocupada, gráfica, antediluviana, simple; Pero a min gustábame unha dun cociñeiro que iba completando Hamburguesas, co cal se xuntaban dous paradigmas da modernidade ,as máquinas e as hamburguesas.
Non había Hamburgueserías en Boiro, un intento no baixo que actualmente ocupa Matucha Novias (Tucho son 2 euros), que se chamaba Burguer Chees, sen E, onde unha muller sudaméricana, facía hamburguesas que sabían a raios, pero que no medio dos guateques de Frama, entraban como Dios, ben para baixar o peido dos primeiros cubalibres furtivos que alí se tomaban, ben por fame, que a esas horas tamén entraba.
Despóis xa fomos invadidos pola comida basura, á que son adicto por certo (algún vicio hai que ter), e que pouco a pouco vai tomando diversas formas, empezamos polas hamburguesas,seguimos cos sandwiches, pasando polos perritos (cachorros como din en Portugal),tamén chegaron as pizzas, nalgún local fan burritos,xa hai un onde sirven kebabs, en dos ou tres anos temos montado un Taco Bell ou un KFC para probar as fajitas,tacos ou os nuggets ,un Mcdonalds para tomar fishfigers, en calquera esquina na imperfecta rúa peonil da que os Boirenses disfrutamos, e sabe Dios tal vez algún local de Sushi, xa que o local que houbo aberto de comida chinesa onde servían rollitos, eso sí que non falten churrasquerías.
En resumo, alí pasaba algún tempo antes de ir ó instituto, xogando, fumando , departindo con Miguel, e sobre todo escoitando sempre veces e veces o mesmo disco de Gabinete Caligari, onde quedei marcado para sempre, (e pasaron anos ) por esta canción.
Actualmente en curso-
EXPOSICIÓN DE CREADORES DO IES nos locales o Centro Cultural Deportivo de Boiro, Taller O FAIADO 2, IES PRAIA BARRAÑA e CASA DO CONCELLO DE BOIRO.
Venres 17:
20,00 horas- Recepción de Ex-alumn@s e visita guiada polo centro, viño galego.
21.30 horas- Saída do Bus Salvador Muñiz desde o IES cara a Chicolino.
22.00 horas- Cea- baile amenizada por unha gran selección musical escollida por Ricardito e con equipo de son cedido altruistamente por José Silva.
Tantas da maña- Cando Arturo nos bote fora, sairá o bus cara a Boiro e outras paradas.
Data por Concretar
Ruta de sendeirismo coa colaboración de Concello de Boiro, departamento de Turismo, Polo Vieiro das Mámoas da Cásota do Páramo á Arca do Barbanza.
Datas por Concretar.
Diversos concertos coa presenza de EX do Instituto.
Ultimo día para face-lo pago, así que apurando, repito o proceso
1º-Pagar no Banco de Galicia, no seu defecto Banco Popular, un ingreso de 50 Euros no número de conta--0097 8968 37 05 00149545, concepto --pago de cea.
2º-Gardar o xustificante do ingreso para entregar a modo de ticket o día da cea.
3º- Mandar un mail a 25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com , identificándovos para decir que o pago xa está feito.
4º- Estar atentos ó blog, xa que imos poñer un bus, para evitar disgustos, do que daremos máis datos.
5º- Ter moita fame e máis sede.
Visitade a paxina web do xornal CERTO, que falan de nós.
http://www.certo.es/
7 comentarios:
Por favor, cuatro rosas,mi madre cntos recordos. Mellor nin pensalo.
Por certo as dos tacons tamen poden levar no coche unhas rusas que che son moi comodas para o final do día.
Ultima llamada: CALO por favor, levántate y ven. Te esperamos
Miña nai que me esquecín de preguntar en que salón é a papatoria por iso do baño adaptado, pois ás veces aí que usalo e se non me colle a cadeira vaia lio.
Chicolino dime que xa tes todos os salóns cos baños adaptados, que da última vez que fun non me fixo falla ter que usalo.
Saúdos, isto non é de broma vai moi en serio.
PD. Eu de cando en cando aínda xogo con ese tipo de maquinitas, o das hamburguesas non só me lembro senón que o teño.
E AS "CUATRO ROSAS" quedaron para sempre na miña mente, quedame unha imaxe bailando en Disco Ritmo e soando este tema, fora despois dunha cea de COU, que tempos aqueles nos que as canas non abundaban máis que nas leiras, jajajaja.
Non estaria mal que publicarades neste blog a relacion de anotados a cea para comprobar que estamos anotados correctamente
Sí, paréceme unha boa idea o de publicar a lista. De paso, si non vemos nela a algún compañeiro/a que nos gustaría que fose, aínda podemos intentar animalo/a para que vaia.
Semella unha boa idea o de publicar a lista, pero creo lembrar que era hoxe o último día para facer o pago, e tamén supoño que os administradores terán moito choio, e ademais imaxino que terán que dar un número concreto de comensais, non credes?
A pena é que non se nos ocurrira antes o de pedir que publicasen a lista dos anotados.
Saúdos a todos.
Hai xente qu se lle pasou día, debe ser a Demensia Senil (olvidaronse da sena).
Mañá tamén se pode pagar, a lista mañán tamén.
Animade @s que faltan.
Publicar un comentario