jueves, 16 de octubre de 2008

A maionesa e o café

Para cando as cousas da vida che parezan demasiado. Cando 24 horas ó día non son suficientes… Lémbrate da maionesa e do café

Un profesor diante da súa clase, sen mediar palabra, colleu un frasco grande e baleiro de maionesa e procedeu a enchelo con pelotas de golf. Logo preguntoulle aos estudantes si o frasco estaba cheo ou baleiro. Os estudantes contestaron que estaba cheo.
A continuación o mestre tomou unha caixa de canicas e baleirouna dentro do bote onde estaban as pelotas de golf, ocupando os ocos que deixaban estas. O profesor volveu a preguntar aos estudantes se o frasco estaba cheo, e eles volveron contestar que si.

De seguido o profesor colleu unha caixa de area e baleirouna dentro do frasco tapando tódolos ocos que aínda quedaban. O profe volveu facela pregunta á que os /as alumnos/as responderon unanimemente con un SI sentenciador .

Ao momento o profesor engade 2 tazas de café ó contido do frasco e agora si se chegaron a cubrir tódolos ocos baleiros. Xa non daba lugar a facer a famosa pregunta e cando os/as alumnos/as remataron de rir, o profesor díxolles:

Quero que se dean de conta de que este frasco representa a vida:

As pelotas de golf son as cousas importantes: A familia, a saúde os amigos, todo o que che apaixona. Son cousas, que aínda que perdéramos todo o demais, as nosas vidas seguirían estando cheas.
As canicas son as outras cousas que tamén importan, como o traballo, a casa, o coche, etc…
A area é todo o demais, as pequenas cousas.
Si poñemos a area no frasco de primeiro, non habería espazo para as canicas nin para as pelotas de golf. O mesmo ocorre na vida. Si gastamos todo o noso tempo en enerxía e nas cousas pequenas, nunca teremos lugar para as cousas realmente importantes.
Presta atención ás cousas que son cruciais. Ocúpate primeiro das “pelotas de golf”, das cousas que realmente importan. Establece as túas prioridades, o resto é só area.


Un dos estudantes levantou a man e preguntou: “Mestre, e que representa o café?”.

O mestre sorriu e dixo:
Que ben que o preguntas!... Só é para demostrarvos que non importa o ocupada que poidades ter a vosa vida, sempre hai un lugar para un par de tazas de café con un amigo”.

Tomade nota e os que faltades apuntádevos á cea. Non deixedes escapar a oportunidade de reencontrarvos, xa non digo con amigos (palabra moi grande), pero si con ex-compañeiros.

Vémonos o Venres. Saúdos e a pasalo ben…

Mentras tomades a decisión escoitade un dos grandes éxitos de Mike Olfield no Ano 1983, do seu album Crises.


Agora pegádelle un vistazo á lista de éxitos:







4 comentarios:

Anónimo dijo...

Esto si que é unha invitación....!!!!:-))))

Anónimo dijo...

Noraboa, moi bo artigo, aínda que eu digo que tamén hai que difrutar das pequenas cousas. Nunha palabra esta vida é para disfrutar e esquecer os problemas e non anticiparse a eles.
Un saúdo para todos/as.

Anónimo dijo...

¿cantos somos ó final para a gran cea?

Administrador dijo...

Esperade ás doce que entra a lista,

Esto parece o mercado da LFP.
Se queda alguén, imoslle dar o último día mañán pola mañán.

AVISADE ÖS REZAGADOS, Voume que eño que colgar unha lavadora de roupa.
Preparade os pantalóns nevados e as hombreras,