domingo, 12 de octubre de 2008

4 FOTOS




A verdade é que nestas fotos non se ve moito, naturalmente, como non, hai un burro,polo tanot non estaría de máis que nons botasedes unh man para poder saber quenes son as persoas que están nestas fotos.

Destacar na 2º que xa había lentes de contacto, o cal non deixa de ser sorprendente, normalmente usábanse as Gafas de cú de vaso.



E para non desentonar un pouco de música.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu si que necesito esas gafas de cu de vaso, porque non vexo nada coma para saber quen son os da foto, así que ou as poñedes nun tamaño razoable ou quedaremos coa dubida de quenes son; a menos, claro esta, que os interesados nos descubran o secreto, jajajaja.
De verdade que somos tantos para a cea, decídeme que é certo que non estades de broma.
Saúdos.

Anónimo dijo...

supoño que será coña

Anónimo dijo...

Non me dou apañado para mandar un texto ó voso correo...cómo diaños hai que facer???:-))

Administrador dijo...

Normalmente hai dúa formas, escribilo nun arquivo WORD e logo vas ó correo , pinchar en Achegar ou adjuntar, exminar, buscar o arquivo e aceptar, logo enviar.
Outra é, prim eiro escribir o texto nun arquivo WORD, marcalo todo co botos esquerdo do rato, pinchas enriba da superficie azul co boton dereito e pinchas en COPIAR, vas ó correo elctrónico, escribes un MAil, pinchas co botón dereito no texto e elixes PEGAR, aparece todo o texto anteriormente escollido.
Pos a dirección 25aniversarioiespraiabarran@gmail.com e envías

Anónimo dijo...

Gracias...pero onde me perdo é á hora de enviar...non atopo a pestaña correspondente...:-((

Anónimo dijo...

O de enviar depende de cal sexa o teu correo, normalmente soe estar na parte superior esquerda da pantalla en case todos os servidores.
Saúdos.

Anónimo dijo...

HOLA AMIGHOS E AMIGHAS. SON RAMÓN LAÍÑO, NATURAL DE CURES,BOIRO.


QUERIDOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS:

FORMO PARTE DA PRIMEIRA PROMOÇION QUE ESTREOU O INSTITUTO DE BOIRO, EN PRAIA XARDÍN.

SOUBEN DA INTENÇIÓN DE QUE QUERIADES LEVAR A CABO UNHA XUNTANÇA CON TODOS AQUELES QUE VOS FOSE POSIBLE ATOPAR DA PRIMEIRA FORNADA DE ESTUDOS DO NOSO INSTITUTO COA FIN DE VOLVERNOS A VER POR MEDIO DUNHA ÇEA DE FRATERNIDADE.

PODE SER QUE RENOVEMOS NOVOS LAÇOS E FORMEMOS FUTUROS E DIVERSOS PROXECTOS ENTRE OS QUE ASÍ TEÑAN A INTENÇIÓN, OU TAMÉN LIMAR POSIBLES ASPEREÇAS QUE HOUBESE ENTRE ALGHÚNS DE NÓS.

PENSAR QUE XA VAN ALÁ VINTEÇINCO ANOS. CANTAS HISTORIAS PERSOAIS QUE TRAIAMOS DA NOSA CURTA VIDA DO ENTORNO NO QUE NAÇERAMOS,ANTES DE ENTRAR NO ÇENTRO.

LOGHO DESPOIS TRASLADAMOS A SANCRE NOVA DE ADOLESÇENTE, COAS SÚAS ILUSIÓNS E ANSIAS DE VIVIR Á NOVA ETAPA NO INSTITUTO.

AQUÍ QUERÍAMOS APRENDER TODO O QUE HABÍA NO MUNDO E A SER POSIBLE CAMBIALO PARA UN MUNDO MELLOR E MÁIS XUSTO.

CANTOS OBSTÁCULOS E INCOMPRENSIÓNS HABÍA E HAI COAS SITUAÇIÓNS PERSOAIS DE CADA UN DE NÓS (ESTUDOS, VIDA AFECTIVA, SOÇIAL, CULTURAL, ETC..).

UNS SOFRÍRONAS MÁIS CA OUTROS. O QUE FOI POSIBLE ENFRENTOUSE. O QUE NON, FOISE CAMIÑANDO COMO SE PUDO.

COMO DÍ O REFRÁN UNS NAÇEN NA PALMA DA MAN E OUTROS CON SAPATILLAS DE PEDRA.

SEN MÁIS, XA NOS VEREMOS E FALAREMOS CON MÁIS VAGHAR DE TODO O QUE NOS QUEDE NO TINTEIRO.

SAÚDOS, RAMÓN.