viernes, 31 de octubre de 2008

O SAMAÍN.

A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.

O samain
A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comunión cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

A festa do samain, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.

Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.

Texto sacado de XUVECURTIS.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Onte a noite houbo exposición das calabazas que aportaron os nenos do Santa Baia. De noite e todas alumeando a pena foi que choveu un pouquiño. Un bonito espectaculo nocturno para commemorar o Samaín.

Anónimo dijo...

sí. eu fun velo coa miña filla. a verdade é que estaba moi chulo. moi ben para os profes por pasar o traballo de expoñelas!e moi ben para os nenos e pais que as prepararon nas casas.