Para que non se diga que falo por falar :-))).
...aqui vai a miña colaboración.
Como me gusta xogar, seguirei sendo anónima e non darei o nome da persoa da que vou falar. Se vós queredes poderedelo adivinar ..creo que facilmente...
Houbo uns tempos nos que os alumnos e alumnas do IB Mixto de Boiro sabían que había un profesor (había máis...pero ...) que era digno da súa profesión máis alá do que eles realmente esperaban. E así o respetaban; creo que eso foi verdade tanto para as primeiras promocións como para tódalas seguintes.
Penso que o 90 % (ou o 95%)dos alumnos e alumnas de Boiro recibiron, se quixeron, a súa sabiduría.
Él puxo tódolos medios ó seu alcance para que rapaces e rapazas aprenderan a ler (ben) e a comportarse na vida.
Recordo unha vez, no mes de agosto (ou Xullo, non lembro ben...) cando me pideu prestada unha máquina de escribir ( a súa estaba estropeada) para poder pasar con letra de imprenta uns apuntes , diría eu máis que completos, para os alumnos.
Quedei pasmada cando vin o resultado: O Sr. X pensara no medio ambiente (as follas de papel estaban aproveitadas ó máximo); pensara tamen en tódolos alumnos e alumnas ( os que tiñan máis e os que tiñan menos facilidades) poñendo tódalas aclaracións necesarias para que os e as alumnos e alumnas non tiveran ningunha posibilidade de non entendelo.
Penso non equivocarme decindo que NUNCA faltou a unha clase ( ten vido incluso con febre).
Foi respetado e querido por tódolos alumnos, e estou segura que segue presente nas súas mentes.
Como compañeiro de traballo, direi que foi do mellorciño que tivemos no Centro, sen despreciar a ninguen. As súas charlas sempre eran e seguen sendo benvidas e enriquecedoras, sobre todo porque ademáis de falar tamen sabe ESCOITAR!!!!!!!

Él xa sabe canto eu o aprecio pero gustaríame que alguen que soupera escribir mellor ca min, o expresara de forma axeitada....Agora é libre de horarios e disfruta dos paseos.Un saúdo para todos e unha aperta especial para o Sr. X.....:-))))
6 comentarios:
Que certo é, para min era máis que un profesor, un señor con todas as letras, sinxelo, noble, sabio; si, sabio porque os sabios saben transmitir a súa sabiduria i el sempre soubo facelo, todo un cabaleiro dentro e fora da ensinanza, grande entre os grandes.
O único que lle chamaban Sr. porque sempre se comportou como tal.
Lembro que falaba con todo o mundo, aclaraba dubidas a todos, a min tenme aclarado unhas cantas, apesares de que nunca chegou a darme clase, pero ensinoume moito, ensinoume a ser máis eu, máis nobre por dentro....
Saúdos para todos.
Creo saber quen era o señor X e sin dúbida foi, sin despreciar ó resto, o mellor profesor que tuven na miña vida. Sempre atento e respetuoso, preocupado sempre porque os seus alumnos entendesen a sua asignatura .............
Sí señor Blanco, vostede foi o meu mellor profesor e desde estas liñas querolle agradecer todo o traballo que fixo por min e por tódolos meus compañeiros.
Un saúdo
Na miña opinión, se houbo un profesor querido e respetado no IBM ese foi o Sr. Blanco. Toda unha institución que nos fixo aprender ortografía (quen non recorda aquelas probas con palabras como tahona,na miña vida escoitara tal) e que aínda hoxe en día seguro que moitas veces nos acordamos del cando vemos algun texto con faltas ortográficas. Unha aperta moi grande para él e oxala poida acompañarnos na cea.
Pero ¿quen é señor x sub 2 que escribe sobre o señor x? E postos a preguntar ¿quen é o señor x sub 3 que escribe para preguntar quen é x sub 2?
Creo que todos temos claro que o Sr. X é o SR. BLANCO, e escribo con maiúsculas porque el o merece.
Pero gustoume a maneira de preguntar que é o/a que escribe sobre o SR. BLANCO.
Aínda que supoño que será alguén que o aprecia e admira como case todos nós.
Saúdos para todos.
En un curso aprendín toda a ortografía que en anos atrás ninguén se preocupara de ensinarme. Os seus apuntes feitos ata altas horas da madrugada servíronme na Universidade para aprobar Lingua e a outros moitos para aprobar asignaturas de Filoloxía. Aparte de PROFESOR tamén é MAESTRO.
Publicar un comentario