¿Lembrades este home?
Tamén cambiou bastante, pero no seu caso, ademáis da idade, tamén houbo outras circunstancias que o fixeron cambiar física e psiquicamente.
Era o principio dos anos 70 cando das mans de Eddie Holland, Brian Holland e Lavon Dozier saltaban á fama con un grupo que era unha imitación de Frankie Lymon and the Teenagers, a discográfica de Detroit, Tamla Motown, volvía pola senda do éxito, senda que nunca deixara de todo, xa uqe tivo sempre grandes nomes coma Smokie Robinson, As Supremes, Stevie Wonder, Marvin Gaye (asasinado polo seu pai), Martha Reeves and the Vandellas, The Temptations, etc, etc.
Éxitos como I want you back, ABC, Ben ou Blame it on the Boogie, fixeron grande ós Jackson 5.
Chegaron os 80 e o pequeno Migueliño empezou a voar só, o seu album Thriller chegou a números insospeitados iniciando unha nova era na música pop, a era do videoclip, nese album destacaban cortes como o propio Thriller, Billie Jean ou The girl is mine, que se editaron como cara A dos vellos 45 rpm.
Con BAD, refrendou a súa figura de Nº 1 do pop, excelente cantante e bailarín, pasou ó cine cun filme para o seu lucemento Moonwalker, con excepcionais canción como Man in the mirror ou Dirty Diana, adicada á líder das Supremes.
Pero amigos, ahí empezou a costa abaixo, a súa obsesión por cambiar de color, comprobada co título de seu seguinte disco Black or White, xunto cos escándalos e acusacións de pederastia das que saiu sempre inocente, fixeron que saltase ós tabloides por todo menos pola música, e os anos 90 foron un tormento para o outrora rei do pop.
A emerxencia de novas figuras xunto co cambio de tendencias e as súas extravagancias, fixeron que pasara ó olvido e que pasase a ser un esperpento, unha sombra do que foi, casou coa filla do Rei, tentando estabilizar a súa vida, pero foi un sonoro fracaso.
Do vello Miguel, non queda nada, só o recordo do que foi, Norma Desmond loitando contra o tempo, din que vai volver, non sei, xa non pega, mellor deixalo no que foi, porque está claro que Calquera tempo pasado foi.....Anterior.
Quedamos co seu recordo, cos bós ratos que nos fixo pasar na pista do Baile de Outeiro naquel Guateque do 84, na Frama, en Disco 3,no Suki, na Golden e outros tantos sitios.
Miguel seguirá camiñando sobre a lúa nos nosos recordos, seguirá namorado platónicamente de Diana Ross, e seguiremos lembrando o seu Thriller que no 84 nos pareceu tan real, con unha transformación digna do filme Un home lobo américano en Londres, unha coreografía cadavérica, e un final inesperado.
Polo tanto, para os que tendes descendencia aplicádevos o discurso américano para soltarlle ós pequenos a segunda frase do dogma .
NON TOMEDES DROGAS.
Imos ver uns videos de este home,
ó que lle sairon imitadores por todas partes, tamén no vello instituto.
BILLIE JEAN
THRILLER
Moonwalk(pasos de baile)
BEAT IT
Espero que vos gustasen, porque neste caso nada será como foi.
19 comentarios:
Que certo é o pasado deste personaxe non volverá, esta claro que foi un rei nas pistas de baile, pero para min quedarame sempre o recordo do noso compañeiro "Josecho" imitando aqueles pasos de baile que semellaban imposibles, e recoñezo que Josecho o facía ben, sempre o podías atopar nas discos e nos guateques, e cando soaba esta música aparecía coma por arte de maxia e poñíase a bailar.
Calquer tempo pasado non é que fora mellor, pero no caso de Michael Jackson!!!!!!
Saúdos a todos.
Hay algunos que dicen que todos los caminos conducen a Roma,
y es verdad porqué el mío me lleva cada noche al hueco que te nombra, y le hablo y le suelto una sonrisa, una blasfemia y dos derrotas; luego apago tus ojos y duermo con tu nombre besando mi boca.
Ay, amor mío qué terriblemente absurdo es estar vivo sin el alma de tu cuerpo, sin tu latido.
Qué el final de esta historia enésima autobiografia de un fracaso, no te sirva de ejmplo,
hay quien afirma que el amor es un milagro
que no hay mal que no cure, pero tampoco bien que le dure cien años; eso casi lo salva,no se porqué te escondes y huyes de mi encuentro, por saber de tu vida no creo que vulnere ningún mandamiento, pero no me hagas caso lo que me pasa es que este mundo no lo entiendo.
Aute
Chicolino ten coidado ca bebida que haiche xente moi rara
Lo que tiene que tener cuidado Arturo es con los flanes. El otro día fuí a su terraza de la Puebla, le pedí un flan y me apareció un pelo. Llamé al camarero,y todo indignado me contestó que que esperaba si era de huevo.
Sin comentarios
Ide durmir, que estades todos coma chotas
Aqui faltan as actividades que se están (ou non) a facer??Cando, qué,cómo?
É unha pena que non se poida poñer anónimo ou anónima para saber quen fai cada comentario
Que diferencia hai entre anónimo/a, eu creo que o mellor sería que puxerades o voso nome, e así si saberíamos todos quen fai cada comentario.
Saúdos.
Mary Hermo: felicitacións.Menos mal que estás neste blog. O comentario anterior di ben cómo pode ser a "persoa" que foi capaz de escribir semellante aberración. Dame moita pena que siga existindo xente que pense desa maneira: Tes toda a razón: es@ individuo debería empezar por dar o seu nome; cambiar o xénero non di nada en absoluto e poñer seudónimos tampouco. Creo que cada un/ha debería poñer o seu nome verdadeiro. E si eu non o fago é que non quero toparme con "tipos" desta clase. Asi que o meu consello se queredes que esto non remate mal é que os comentarios deberían levar nome para saír publicados.Saúdiños.
Non sei porqué vos parece raro recordar a Luis Eduardo Aute un dos mellores cantautores dos ochenta, vale non e Michael Jackson pero tamen vale moito.
O mellor era unha mensaxe subliminal para alguén ...
Por favor, que non me entero, ¿cal e a aberracion?
Hay que empezar por dar exemplo, tanto rollo e es igual de anónimo coma os demais.
Cada un escribo como quer , moi ben os que se identifican pero os demais mentres sean respetuosos temos dereito a identificarnos ou non.
Creo que recordar a Aute non está mal, iso pola miña parte, pois eu son fan de Aute, das que ten toda a súa discografía, das que lle gustaba ir os seus concertos, e das que aínda canto de cando en cando os seus temas, que son coma poesías....
Saúdos a todos/as.
Non entremos en disputas que non levan a ningunha parte, eu simplemente dixen e direi que podemos poñer os nosos nomes pois o final este blog e para lembrar os vellos tempos e como compañeiros que fomos todos (ben fose de clase ou de curso) non deberíamos ter vergoña, digo eu que xa estamos nos corenta, ou corenta y....
Veña compañeiros sorride e nada máis.
Si Mary, tes razón pero a veces o que estamos e a botar de menos un recordo, algo que hoxe non significa nada, pero no seu tempo si o significou.
A esa persoa dirialle coma Amaral
Nos dijimos adios y pasaron los años, volvimos a vernos una noche de sabado, otro pais otra ciudad, otra vida pero la misma mirada felina,a veces te mataría otras en cambio te quiero comer, ojillos de agua marina,
como hablar, si cada parte de mi mente es tuya y si no encuentra la palabra exacta como hablar que me has ganado poquito a poco tu que llegaste por casualidad, me estas quitando la vida, como hablar si cada parte de mi mente es tuya y si no encuentro la palabra exacta, como hablar....
Como ves Mary esto vai para un recordo, non para una realidade de hoxe en día 25 anos despois. Para escribir aqui hai que trasladala mente a aqueles tempos, polo menos asi penso eu, e as veces e mellor non poñelo nombre se non alguen podría confundirse. Ata outro dia
Esta é a aberración:o comentario machista.
"É unha pena que non se poida poñer anónimo ou anónima para saber quen fai cada comentario.6 de octubre de 2008 18:19"
Non entendo como podedes pensar que me refería a Aute ó que adoro; e tamen disfruto, sempre que podo do romanticismo.(E disfrutei tarareando mentres lía estas palavras: de Aute...Amaral...)
Disculpademe, xa entendo que se refire a un recordo grato e que hoxe podería mal interpretarse.
Saúdos, pero non vos poñades tristes pois como digo eu, aínda seguimos neste xogo chamado vida.
Por certo visitade as miñas paxinas webs, pinchade no meu nome e xa vos levara a elas, graciñas.
Non hai como mencionar a palabra machismo para que as anonimas entredes ao trapo
Segues sen entender nada...é unha pena.
Publicar un comentario