martes, 28 de octubre de 2008

O CEMENTO por Ramón Laíño.

QUERIDOS AMIGH@S.

SEMPRE ME PREGHUNTÍN UNHA COUSA DESDE QUE ESTOU NESTE MUNDO E TEÑO USO DE RAÇÓN:

CANDO CHEGHAN AS VACAÇIÓNS DE VERÁN, SEMANA SANTA, NADAL, ETÇ., OS QUE VIVEN NAS GHRANDES ÇIDADES ESCAPAN A FUME DE CAROÇO DOS INFERNOS NOS QUE VIVEN, E VEÑEN AOS LUGHARES PEQUENOS E DE ESPAÇOS ABERTOS.

SEN EMBARGHO, OS LUGHARES QUE POLO MOMENTO SON PEQUENOS, QUEREN MEDRAR ATA ALCANÇAR A ESTAS ÇIDADES, OU SE PUDERA SER, SUPERALAS.

PAREÇE MENTIRA QUE OS DE AQUÍ NON VEXAN O INFERNO NO QUE VIVEN ESES URBANITAS QUE FUXEN EN CANTO PODEN, E NON OBSTANTE QUEREN COPIALOS. ¡QUE ABSURDO E QUE ESTÚPIDO!

O AXEITADO SERÍA TER O MÁXIMO DE SERVIÇOS POSIBLES, CON BOA CALIDADE DE VIDA MEDIOAMBIENTAL, TENDO O NÚMERO DE HABITANTES QUE DUN XEITO NATURAL XA ESTÁBAMOS ASENTADOS AQUÍ, E QUE AÍNDA ESTABAMOS A VERTEBRARNOS. E DIÇIR, FAÇER VALER O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE.

¿POR QUÉ OS TIPOS DE ASENTAMENTOS HUMÁNS DE HOXE EN DÍA TEÑEN QUE DERIVAR EN SELVAS DE ÇEMENTO, COS SEUS EDIFIÇIOS, AUTOVÍAS, DESMONTES, CANTEIRAS, ETC.?

¿QUEN PIDE URBANIÇAR E AMPLIAR?

- CLARO ESTÁ, OS ESPECULADORES.

¿POR QUÉ NON VIVIR EN HARMONÍA CO ENTORNO A ESCALA HUMANA, COAS SÚAS VIVENDAS REHABILITADAS, OU CONSTRUCIÓNS DE VIVENDAS UNIFAMILIARES REÇENTES, SEN QUE HAXA ÉXODO DO RURAL ÁS VILAS OU ÇIDADES?. ¿POR QUÉ NON VIVIR AO ANCHO EN VES DE AO ALTO?

CANDO ME TRASLADARON NOS FINAIS DOS 70 DA ESCOLA UNITARIA NA QUE ESTABA AO COLEXIO DE BOIRO, XA ERA CHOCANTE VER A INERÇIA QUE COLLÍA A ARQUITECTURA E A SÚA CONSTRUCIÓN EN BOIRO. LOGHO, CANDO INIÇIEI A ETAPA NO INSTITUTO DE BOIRO NO 83 ISTO SEGHUÍA A MESMA LIÑA IRRAÇIONAL, E PARA MÁIS AGHORA, NESTAS ALTURAS.

A MIN, ISTO DE ESPALLARSE O FORMIGHÓN EN ANCHURA E ALTURA, PARÉÇEME QUE ATENTA CONTRA O EQUILIBRIO DO SER HUMANO.

QUE MELLOR QUE SENTIR O BENESTAR CANDO PASEAS TRANQUILAMENTE POLOS MONTES, RÍOS, PRAIS, VALES, ETC., SEN TER O BARULLO DESPERSONALIÇADO DAS ÇIDADES.

XA BASTANTE É, SE NON HAI MÁIS REMEDIO, E FORA NECESARIO DE VERDADE, O CONSTRUÍR EDIFIÇIOS DE USO PÚBLICO.

O QUE NON PODE SER É QUE TEÑAN QUE EXISTIR FORMAS DE ASENTARSE E VIVIR (ÇIDADES, EN DISTINTAS ESCALAS) COAS SÚAS PERTURBAÇIÓNS MENTAIS E PSÍQUICAS QUE ESTAS CONLEVAN, PODENDO VIVIR EN EQUILIBRIO E DUN XEITO INTELIXENTE CO MUNDO NATURAL, CONTIGHO MESMO E COS DEMAIS.

PODE SER QUE HAXA DISTINTAS POSTURAS. PERO, ESTAS DISTINTAS POSTURAS NON CREO QUE FOSEN COMPATIBLES CO EQUILIBRIO DO SER HUMANO.

POR FAVOR, QUE ALGHUÉN COMENTE ALGHO AO RESPECTO.

UN SAÚDO, RAMÓN.




Agora un vídeo para amenizar a noite, a ver quen me di quenes son e quen é capaz de escribir o título tal e como aparecía no disco, jajaja, a buscar entre os vellos vinilos ou cassettes.


29 comentarios:

Anónimo dijo...

Coñó, ramón, a última reflexión que fixen eu dese tipo (life is lIfe..divagacións dun pesimista) puxéronme a caer dun burro.
Espero que teñas máis éxito.
Que saibas que estou dacordo contigo e só podo dicir ¡¡¡¡¡AREA, SEMENTO,.... A RAMÓN UN MONUMENTO !!!!

Anónimo dijo...

totalmente de acordo con ramón.estámonos a convertir pouco a pouco en robots,para aquí,para alá,coma nas grandes cidades,por que estamos a convertir boiro nunha delas.como me gustaba o vello concello,o martín gomez,o antigo xardín...

Administrador dijo...

Evidentemente estou dacordo contigo, pero vivimos nun mundo consumista e non nos preocupamos de nada máis que de ter; e de seguro que non pensamos no que estamos a facer coas nosas vilas, e si todo é cemento e máis cemento e onde as autopistas nunca se esquecen das pequenas aldeas e fan que os seus habitantes teñan que irse a unha caixa de 80 mts2.
Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

ata a praia de barraña agora xa non ten a aréa da praia de barraña,senón a aréa da canteira,dura coma o formigón

Anónimo dijo...

mary,¿e qué me dís do cabo da cruz?,antes coas súas casiñas mariñeiras e agora tamén con moles de edificios.non fai tanto que puxestes unha foto do porto de cabo,que agora tampouco e o mesmo xa.un saúdo.

Anónimo dijo...

e escarabote, ¿en qué convertiron escarabote?si a crisis serve para que paren de edificar,que siga a crisis.

Anónimo dijo...

parade,que deira vai a deixar de aportar cartos do concello para os actos do 25 aniversario

Anónimo dijo...

estamos esperando con ansia o relato da profe manuela

Anónimo dijo...

tamén nos gustaría que escribira algo o noso profe de filosofía e actual alcalde de boiro,sr. deira

Administrador dijo...

Un relato que había no anterior artigo (supoño que de Manuela) sairá publicado pasado maña, pois para maña xa tiñamos un doutra compañeira.
Eu espero as vosas aportacións.

Con respecto a que opino sobre o cemento e as moles en Cabo de Cruz, pois creo que non fai falla que diga nada, non me gusta como foi medrando este pobo, non me gusta a area que votaron na praia; a isto chamanlle progreso, plans de urbanización que non entendo, para mín a miña terra debería medrar pero conservando a súa cultura arquitectónica e si con cordura e con orden.
Mary Hermo.

Anónimo dijo...

Lémbrome de Praia Xardín antes de que construíran o instituto, había unha pequena praia fluvial no pinar debaixo da casa da señora Pura ( "a de lexos" ), logo fixeron o que foi o noso ies e destrozarono todo. Durante o verán a xente facía alí acampada libre e ca marea alta incluso te podías dar uns chapuzóns. Hoxe lembro con nostalxia o que era toda a zona da praia, a súa area impresionante, o río donde de neno pescabas troitas, collías algún que outro camarón... A poza da sartaña donde meu pai me ensinou a coller anguilas e lorchos aínda que non era moi bo aprendiz, dábanme un pouco de noxo as anguilas. Todo aquelo perdeuse da misma maneira que se perdeu Boiro, ahora xa non é un puebliño donde todos nos conocíamos, donde un rapaz podía saír á rúa a xogar sin medo ós coches, á xente. Antes tiñamos espacios para correr, xogar ahora teñen a play station, a nintendo .... este é o progreso, o desarrollo.

Anónimo dijo...

Todo este boom inmobiliario que estaba destrozando as nosas costas foi por un lado ventaxoso para un grupo de persoas que superon sacar proveito da permisividade dos nosos gobernantes e incluso de nos mesmos. Ter unha leiriña ó lado da carretera supoñía para nos uns cartiños que non gañaríamos na vida, para o promotor pasta por un tubo e para o comprador de castela unha ganga.

Anónimo dijo...

Hai que construir con sentido e evitar a especulación inmobiliaria, certo. Sen embargo no vos esquezades dunha cousa: en Galicia está a maior parte dos núcleos poblacionais de España. A población galega está tan espallada polo territorio que resulta moi caro levar tódolos servicios públicos adecuados a cada núcleo poblacional: auga corrente, saneamento, luz, internet... Estou dacordo en que hai que evitar a especulación inmobiliaria descomunal, pero tampouco pode ser que cada quen faga a súa casa na súa leira donde lle pete... hai que nuclear cúmulos de vivendas de forma sostible.

Anónimo dijo...

¿ Y que pasa con el pobre paisaniño nacido en la zona costera y que su pequeña leiriña queda ahora en la zona de los 500 metros? ¿Que coño tiene que ver eso con la especulacion urbanistica? ¿esa es la justicia que defendeis?

Anónimo dijo...

eso da línea de costas eu sigo sin entendelo,sobor de todo vendo esas bonitas casas que se acaban de construir no paseo marítimo, mesmo o ladiño da praia.que mo expliquen.

Anónimo dijo...

bueno, e indo para a pobra, na merced, mesmo na curva e o lado do mar,aquela pequena urbanización de chalets.que alguén mo explique tamén a mín.

Anónimo dijo...

xa de que co cemento non se está facendo moi ben a cousa,construamos nós ou polo menos intentemolo un futuro mellor para os nosos fillos.

Anónimo dijo...

Es muy facil opinar cuando no se tienen propiedades al lado del mar

Anónimo dijo...

Propiedades o lado do mar, ou a 1 km escaso do concello de Boiro. Sei de quen ten terreos nos arredores de Boiro e non pode edificar porque ou ben son zonas de protección gandeira ou zonas afectadas por patrimonio. Así que xa me diredes, o que non ten padriños non vai a misa.

Anónimo dijo...

só hai que ver de quen son as casas que se fixeron polo paseo marítimo.e coidadiño que aínda falta unha do outro fillo.proximamente en sus pantallas.

Anónimo dijo...

que lle digan a jose angel,que estuvo na cea,por certo,que pode edificar alí seu pai e preguntadelle polo terreno que lle falta.

Anónimo dijo...

non hai que esquenzer que os terreos onde está o noso instituto foron expropiados algúns deles e outros pagados malamente

Anónimo dijo...

¿e pedro? ¿qué é de pedro? xa vive na casa con cristina ou ainda está na caseta do can?

Anónimo dijo...

¡guau! ¡guau! ¡guau!

Anónimo dijo...

¿Sabes o que opino, Ramón? Que o simple feito de poder establecer contacto despois de tanto tempo con xente coma tí e escoitar as túas reflexións xustifica por sí solo a idea do reencontro. Ésta é a verdadeira finalidade para min.
CARLOS RGUEZ. MUÑIZ

Anónimo dijo...

Jrasias á miña intervensión no Blog, que sepades que xa teño unha oferta pra abandoar a caseta do can.
Chamoume unha rapasa que vira o meu comentario, insinuándome que podía ir a vivir con ela.
Díxome que era unha cantante famosa que acababa de ter un desenjaño co seu moso. Creo que se chama FALOTE,ou FALETE... ¿Coñesédela?, ¿Está de bo ver?, ¿Paga a pena o cambio?. Eu non estou moi sejuro porque xa me estou acostumando ós BREKKIES e FRISKIES.

Anónimo dijo...

Pedro, aq rapasa esa da que falas chámase COSME e coñecechela EN BENIDORM.

Lembras?????

Anónimo dijo...

Querida ELENA FRANCIS, ¡Uy, perdón, equivoqueime! (E que esto de chatear en dous consultorios á vez fai que me líe). Agora vai...
Querido anónimo das 13:38. Claro que me lembro da Cosme, como non me vou lembrar. Pero vexo que tí si que non te lembras ben. Si tí estabas conmigo ese día (que creo que sí estabas), ibas bastante peor ca mín.
Imos a ver, querido ah-nó,a mí-no, eu nunca na miña vida estiven en Benidorm(Alicante). O día de autos eu estaba, e tí creo que tamén, en Torremolinos (Málaga).
Amba-las dúas localidades están separadas por máis de 500 KM.

Anónimo dijo...

Pedro, ¿en que quedou o teu co FILETE ese de marras??