Xa choveu,xa ventou, xa caeron boas treboadas,ata neve tivemos,desde que o I.B.Mixto de Boiro empezou a funcionar aló polo curso 83/84.
Xa vin pasar por aquí moitos profesores,alumnos,directores,secretarios,xefes de estudos,limpadoras,administrativos,conserxes, e ata vin a xubilación da primeira muller encargada da cafetería do centro,un bo saúdo e un recordo para Angelita, a que vendía os pitilliños soltos e sen que se desen conta os cargos directivos e profesores do centro,o primeiro extraperlo no instituto.
Eu xa estaba cando metemo-las mesas e sillas nas primeiras aulas que estaban rematadas,no último piso,mesas e sillas que trouxo un camión do concello doutros colexios do municipio.
Eu xa estaba cando non había biblioteca,sala de profesores,conserxería e apenas profesores.
Eu xa estaba cando tiven que facer as copias dos exames cunha multicopista de antes da guerra e que me manchaba máis a mín de tinta que ó rodillo que tiña que imprimi-las letras.
Eu xa estaba cando uns cantos alumnos (eles acordaránse ben),romperon as tapas das tazas dos wateres e as usaron para deslizarse pola carretera abaixo pola neve que caera e por certo un deles case que vai parar a debaixo dun coche que pasaba.
Eu xa estaba en todalas manifestacións e sentadas que fixemos,por falta de limpadoras,por non rematalas obras no seu tempo,por non ter materrial para as aulas,por facernos un anexo que metía auga por todo-los currunchos, po-lo prestige, polo aniversario do prestige, e algunhas máis que se fixeran neste tempo.
Eu xa estaba cando cachei a dous alumnos de noite e se me escapou o primeiro po-la fiestra pero ó segundo agarreino por un pe e non lle dou tempo a saltar (viñan de conseguir un exame no casilleiro dun profesor, e moito chorou o rapaz para que non dixese nada, sobre todo ó seu pai).
Eu xa estaba cando Jorge o de Rita, profesor de física me subía a bicicleta ata o laboratorio,na segunda planta,por que tiña medo que os alumnos lle fixesen algo nela e deixabame as rodeiras todas de lama polos pasillos adiante.
Eu xa estaba cando chegou un tal Manolo Anca para dar inglés cunha ghallardía enriba que deixaba ás alumnas abraiadas.
Xa estaba cando Rodrigo se subía no burro aló en Mijas,na excursión,pero daquela o burro estaba moi tranquiliño e con boa cara (que se suba agora Rodrigo no animal,veredes que cara lle queda co peso que ten que aguantar.).
Eu xa estaba cando o mismo profesor andivo tres cursos cunhas gafas de aviador de pasta rotas e amañadas con esparadrapo por todos lados.
Eu xa estaba cando un rapaz moi Perfecto traía as súas botas novas ca punteira de ferro e me rompía todo-los azulexos dos cuartos de baño.
Eu xa estaba cando algún alumno moi eclesiastico agora , chegaba na sua mobilete cos libros no porta-paquetes e se quería ligar á primeira administrativa que tivemos (Mari Carmen), xogaba ás cartas na cafetería de Angelita, sempre á escoba e me decía:voucho bailar, agora voucho bailar, referíndose ó sete velo.
Ou cando viña para a miña vivenda e me decía que lle puxese algunha película das que a él lle gustaban daquela (ó meu fillo máis vello,que era un cativo decíalle:tí tapa os ollos e non mires que aínda eres moi novo).
Eu xa estaba cando montei aquel equipo de futbol sala do I.B. e quedamos campións comarcales de centros en Rianxo.
Eu xa estaba cando o sr. Proupín, o primeiro director, se iba para o bar do Sheriff e o tiña que ir a buscar por que preguntaban por él.
Eu xa estaba cando Vicente o yanki abriu o bar A Xunta, frente ó centro e había que ir a busca-los rapaces para que viñeran ás clases.
Eu xa estaba cando algún que agora e empresario da hostelería me quería sobornar,xunto con outro que escribe moito neste blog, ofrecéndome cartons de winston de contrabando.
Eu xa estaba cando algúns alumnos e tamén algúns profesores nos foron deixando para sempre (un recordo moi emotivo para eles).
Eu xa estaba cando pasaron moitísimos alumnos e moítisimos profesores por este Instituto que agora cumple 25 anos.(saúdos cordiais para todos).
A verdade e que podería seguir así ata mañán pola mañán,pero eu penso que xa estaredes máis que fartos do EU XA ESTABA CANDO,só decir que sigo vendo cada curso ós novos alumnos,novos profesores,novos xefes de estudos, novos cargos directivos (algúns moi bós e outros non tanto,coma todos),por que eu sigo aquí, ó pe do cañón, e non son eterno como me poñedes no blog (que máis quixera eu), porque eu cheguei un día para abrir o INSTITUTO DE BACHILLERATO MIXTO DE BOIRO, case que sen barba e ca misma idade dos que viñan a facer COU daquela, e , espero, si Dios me da saúde, encontrarme aínda con moitas xeracións de alumnos no I.E.S. PRAIA DE BARRAÑA DE BOIRO.
Espero que participides nos actos e non só na cea, porque Rodrigo e a comisión de festexos están preparando boas exposicións,charlas de algúns profes coma o Sr.Blanco e J.Antonio Viña, exposicións de Xaquín e Pablo Porta, e moitas cousas máis nas que está traballando o incansable Rodri.
CONTO CON VÓS.
Vémonos na cea (que me parece un pouquiño cara, a ver Arturo si se molla un pouco pola causa), o día 17 de outubro.
Un saudiño para todos, pero ¡XA CHOVEU!
Juanjo, o voso conserxe.
Hace mucho mucho tiempo en un pueblo junto al mar......
NOTA- Se alguén pode aumentar o noso número de contactos, que nos mande un mail, está sendo especialmente difícil atopar ós profesores dos primeiros anos, HELP!
OS QUE XA PAGACHEDES MANDADENOS UN MAIL
1º-Pagar no Banco de Galicia, no seu defecto Banco Popular, un ingreso de 50 Euros no número de conta--0097 8968 37 05 00149545, concepto --pago de cea IES PRAIABARRAÑA.----.
POÑEDE O NOME DO PAGADOR
2º-Gardar o xustificante do ingreso para entregar a modo de ticket o día da cea.
3º- Mandar un mail a 25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com identificándovos para decir que o pago xa está feito.
4º- Estar atentos ó blog, xa que imos poñer un bus, para evitar disgustos, do que daremos máis datos, cando esté pechado o asunto.
5º- Ter moita fame e máis sede.
6º-DIA LÍMITE 15 OUTUBRO
4º- Estar atentos ó blog, xa que imos poñer un bus, para evitar disgustos, do que daremos máis datos, cando esté pechado o asunto.
5º- Ter moita fame e máis sede.
6º-DIA LÍMITE 15 OUTUBRO
XA TARDADES
8 comentarios:
Gustoume moito a túa intervención e tamen me emocionou.
Noraboa Juanjo, gracias polos teus recordos, e desexo que te sigas lembrando porque ti estarás sempre, creo que para todos os que por alí pasamos fuches algo máis que o conserxe, aínda que non sei como serán os rapaces dagora, pero espero que teñas un bo recordo de todos nós.
Saúdos.
Aínda que xa estivera ollando fotos nas que aparezo cun bo tupé, Onte entrei no blog por primeira vez con tempo e ganas de participar, estiven leendo varios artigos e moitos comentarios.
Xa teño ganas de que chegue o día da festa para volver a vernos; sobre todo a Mary Hermo, que me vacilaba moito e espero que o siga facendo.
Saúdos, Toño
Pero...¿quenes son os tenros infantes da primeira foto?.Paréceme recoñecer a algún deles e teño que decir que mellorou cos anos como o bo viño.
Gracias Juanjo por tan bos recordos, espero que sigas contando máis anécdotas no blog porque habelas hainas e máis das boas.
Luisiño. como melloraches cos anos...I love you Giralda
O de recaudasión parece Zape
Xa me gustaria podeir ir a esa cea.. ese autobus.. vira a recollerme a Paris por casualidade??? buaaaaaaaaahhh !! de todo-los xeitos, a data acercase, desexovos a os que estaredes na festa que o pasedes moi ben (que dubida hai!!).. espero que contedes despois no blog as anecdotas...Felicidades Juanjo.. este aniversario tamen che concerne.. e tanto !!! calquera dos ex-alumnos teremos algo que contar.. ti sempre.. moito mais !! sempre parecias de tan mal xenio... sempre berrando.. anda que ! menuda paciencia hai que ter!
Publicar un comentario