Se por xeneración fose non me correspondería participar a mín neste 25 aniversario do instituto de Boiro, senon máis ben ó meu irmán Carlos que sí é da vosa época, mais son varios os motivos que me permiten escribirvos estas liñas.
O primeiro é a miña nai, Angelita, que dende o día da cena non para de chamarme( a tarifa plana de telefónica fai estragos) para decir que teño que escribir unha nota de agradecemento da súa parte polo trato recibido e por ese fermoso ramo de flores que tivéchedes o detalle de regalarlle. Dende aquí e poñendo estas palabras na boca da miña nai: GRACIAS A TODOS!! GRACIAS POR TODO!!
O segundo motivo, e agardo no poñerme moi sentimental, é o meu pai: Elisardo. Tristemente él non puido asistir a esta celebración, pero gracias a todos vós e ó voso recordo unha parte del sí puido acudir. Sei de boa tinta que habería protestado no momento de saber que tiña que asistir ó evento; supoño que diría algo así como: “Angelita, coño, a ver a que imos ir nós a esa festa se non pintamos nada!!”. Pero da misma forma sei que iría de bó agrado e que estaría cheo coma un pavo no Nadal cando se lle entregou o ramo de flores á miña nai. Que queredes, éravos de levar a contraria por natureza. E se me permitides e falando de natureza, un recordo persoal que gardarei sempre do instituto e o sauce chorón que medra diante das fiestras da cafetería. Prantouno meu pai xa hai anos, o mesmo que a maioría dos que se poden ver nos arredores do instituto. Só que este é especial.
E por terceiro e último motivo, eu mesmo. Vale que non coincidimos nas aulas nos primeiros anos do instituto, pero de seguro que repartín entre vos algún que outro bocadillo de tortilla. Daquela rondaría eu os 12 anos, xa choveu que dicía Juanjo, pero lembro perfectamente as hordas vikingas invasoras que aparecían nada máis tocar o timbre do recreo, ou as "horas libres" de algún que outro cliente fixo de pitillo de estraperlo e quinto de Estrella, ou as partidas de escoba de Marcelino (se daquela me chegan a dicir que acaba de cura!!) e o sr. bedel... en fin, que contarvos que non seipades mellor que eu.
Non me gustaría rematar sen adicarlle unhas verbas a dous profesores dos que gardo un especial recordo:
- O primeiro xa non está, e era o que nas clases de ximnasia facía que votaras os fígados dando voltas ás pistas, ou polo paseo marítimo ata Escarabote e volta. Todo un portento tanto físico coma humano.
- O segundo firmou un escrito anónimo que descifrei gracias ás matemáticas de Andrés e ó Modus Ponendus Ponens ( ou como se diga) de Deira. Era doado: Sr. anónimo + Firma en Blanco = Sr. Blanco. Excelentísimo Sr. Blanco, graciñas por ensinarnos e facer que aprendéramos.
E con isto creo que xa remato este tostón que vos soltei...un momentiño...si??? si, hola...non, estaba neso agora mesmo..vale,vale...chao, un bico. Perdoade, era Angelita outra vez. Que GRACIAS OUTRA VEZ!!! E MOITOS BICOS PARA TODOS!!!!.
Unha aperta e ata sempre.
Álvaro González Seoane (o fillo pequeno de Angelita e Elisardo)

17 comentarios:
Bonito relato: asi da gusto miralo blog. Manuela.
Sin lugar a dúbida é un relato que nos deixa perplexos a moitos, pero por desgraza é o único que nos chegou ata o momento, e espero que a partires dagora vos vaíades animando, podedes pensar que non tedes nada que contar, pero ás veces con moi poucas palabras dinse moitas cousas.
Anímovos a que mandedes algún artigo, seguro que tedes moito que dicir, eu estou esperando sempre que sexa con respeto hacía os demais.
Saúdos a todos.
Grazas Angelita por aqueles maravillos anos, e que seibas que tamén gardamos un moi bo recordo de Elisardo. E como non podía ser doutro xeito, xa vexo que de boas persoas saen fillos estupendos: precioso Alvaro! Recordos a Carlos que é da miña quinta.
Moi ben Álvaro polo teu relato, un bico a túanai e saúdos ó teu irmán de Papá pitufo-.
fermoso relato,alvaro.hoxe sí se pode decir que temos un blog de categoría.bicos para angelita,para carlos,manuel e mary.sodes unha gran familia,sempre ben aconsellada polo bo amigo elisardo.
haber si se siguen poñendo bos relatos no blog.sería demasiado.
como se nota que o da entrada anterior non foi á clase do Sr. Blanco- HABER non é o mesmo que A VER
TIENE QUE SER UN ORGULLO, TENER UNA MADRE COMO ANGELITA, POR QUÉ ANGELITA NO ERA UNA MÁS, NO, ANGELITA SABÍA CUANDO UNO ESTABA MAL Y SE PREOCUPABA, ELLA SABÍA OIR Y NO CONTAR NADA DE LO QUE ALLÍ OÍA, SER COMPLICE (ESTOY SEGURA DE QUE SABE ELLA MÁS ANECDOTAS DEL INSTI, QUE NOSOTROS). EN LA CAFETERIA SE TRAMABAN MUCHAS COSAS, PERO ANGELITA LAS CALLABA, COMO CALLABA CUANDO AÚN A PESAR DE CONOCERNOS DE SU BOCA NO SALIÓ QUIEN FUMABA A ESCONDIDAS, QUIEN HACÍA PELLAS, ETC. EN FIN! ANGELITA ERA UNA MÁS. ANGELITA TE QUEREMOS. ELISARDO NO TE OLVIDAMOS
POR CIERTO, SE ME OLVIDÓ PREGUNTAR, SIGUE HACIENDO LAS TORTILLAS TAN RICAS? ALGÚN DÍA TE DARÉ MI DIRECCIÓN PARA QUE ME MANDES UNO DE ESOS BOCATAS Y ASÍ RECORDAR DE TODO LOS VIEJOS TIEMPOS.
propongo una fiesta con tortillada de angelita
foi inmensa a miña alegría cando chamaron polo micro a anxelita para recoller o seu ramo de flores,a emoción fixo estragos en mín cando se recoñeceu publicamente tamén a elisardo.emoción a raudales na cea.
nin gasta cartos en sms ,nin gasta tempo no blog
alvaro, medrastes cos meus fillos no insti,fixesteste do barsa con nós e convertísteste nunha gran persoa coa tua familia.sempre todos bós na nosa memoria.un saúdo para toda a familia gonzalez seoane dun amigo da alma.
estamos esperando un relato de manuela no blog
Anónimo (ou non tan anónimo) das 11:25. Sigo sendo do Barça (ainda teño o pin que me regalaras) gracias a tí, ainda que xa sabes que o Dépor tamén me leva a alma.Dende aquí agradézoche todo o vivido na túa casa sempre aberta. Non te considero un amigo, senon máis ben coma alguén da familia, que ó fin e ó cabo e o que demostraches durante estes anos.E permíteme que te felicite a tí especialmente polos teus 30 anos do instituto, cheos de bos e malos momentos, como a vida mesma. Unha aperta para tí e a túa familia, sempre estaredes rondando pola miña cabeza.
E gracias a todos bos, anónimos horarios e persoas con firma, que demostrades que unha persoa sencilla que simplemente facía ricas tortillas e cafes con leite foi capaz de quedarse nun rinconciño dos vosos recordos.Coma diríamos nós: ¡Ajradesido!
Perdón, onde pon 30 anos quería decir 25...que todo chegará, e nos que o vexamos.
alvaro,teño noticias de que ahora pégaslle ó pitillo.¡PERO TI!Si non podías ver un pitillo diante.bueno, teu pai tampouco podía o digo mellor debía fumar e atopabao no cuarto de baño burlando a sempre atenta vixilancia de túa nai, angelita.un saúdo.
Publicar un comentario