lunes, 7 de septiembre de 2009

AMNISTIA INTERNACIONAL



A historia de Amnistía Internacional

Desde que comezamos as nosas actividades de campaña, en 1961, traballamos en todo o mundo para pór fin ós abusos contra os dereitos humanos.

Na actualidae, máis de 2,2 millóns de persoas son membros, simpatizantes e suscriptores da organización en máis de 150 países e territorios de tódalas rexións do mundo.

Na seguinte historia resumida destácanse moitas das campañas e accións que levaron a cabo desde os nosos lonxanos comezos.

A década de 1960
1961

O avogado británico Peter Benenson lanza unha campaña mundial, Appeal for Amnesty 1961 (Campaña en Pro da Amnistía) coa publicación dun destacado artigo, “The forgotten prisoners” (Os presos esquecidos”) no periódico The Observer. O encarceramento de dous estudiantes portugueses que levantaran os seus vasos de viño para brindar pola liberdade impulsou a Benenson a escribir este artigo. O chamamento reprodúcese noutros periódicos de todo o mundo, e é a orixe de Amnistía Internacional.

A primeira reunión internacional celébrase en xullo, con delegados e delegadas de Alemaña, Bélxica, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Reino Unido e Suíza. Deciden crear “un movemento internacional permanente en defensa da liberdade de opinión e de relixión”.
-->No bufete de Peter Benenson en Mitre Court, Londres, ábrese unha pequena oficina e un arquivo, atendidos por persoal voluntario. Créase a “Rede dos Tríos”: cada Grupo de Amnistía Internacional adopta a tres presos ou presas de zonas xeográficas e políticas moi diferentes, suliñando así a imparcialidade do traballo do Grupo. 

O 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos, préndese a primeira vela de Amnistía Internacional na igrexa de St-Martin-in-the-Fields, Londres.














1962
En xaneiro realízase a primeira viaxe de investigación, a Ghana, seguido por outro a Checoslovaquia en febreiro (a favor dun preso de conciencia, o arcebispo Josef Beran), e logo a Portugal e a Alemaña Oriental.

Créase o Fondo para Presos de Conciencia para axudar ós presos e presas e as súas familias.

Publícase o primeiro informe anual de AI, con información sobre os 210 presos e presas xa adoptados por 70 Grupos en 7 países. Ademáis, documéntanse 1.200 casos no arquivo de presos e presas de conciencia.






Nunha conferencia celebrada en Bélxica, tómase a decisión de crear unha organización permanente co nome de Amnistía Internacional.

Un observador asiste ó xuízo de Nelson Mandela.










1963
Amnistía Internacional xa ten 350 Grupos. En dous anos foron adoptados 770 presos e presas e quedaron en liberdade 140.

Créase en Londres o Secretariado Internacional (sede de Amnistía Internacional).
1964
Peter Benenson é nomeado presidente. Xa hai 360 Grupos en 14 países. En agosto, a ONU outorga a Amnistía Internacional categoría de entidade consultiva.
1965
Amnistía Internacional publica os seu primeiro informes, sobre as condicións dos cárceres en Portugal, Sudáfrica e Rumania, e patrocina na ONU unha resolución en favor da suspensión e, ao longo, a abolición da pena de morte para os delitos políticos cometidos en tempo de paz.

Comeza a campaña mensual Postcards for Prisoners (Postais para os presos).






1966
Eric Baker asume a dirección da organización.

1967
Hai 550 Grupos en 18 países, e Amnistía Internacional traballa xa a favor de case 2.000 presos e presas en 63 países. Quedaron en liberdade 293 presos.


















1968
Celébrase en novembro a primeira Semana do Preso de Conciencia.





















Martin Ennals é nomeado secretario xeral de AI.
1969

En xaneiro,la UNESCO outorga a Amnistía Internacional categoría de entidade consultiva e prodúcese outro fito na historia da organización: prodúcese outro fito na historia da organización: foron ceibados 2.000 presos e presas de conciencia.

A década de 1970
1970
Xa hai 850 Grupos en 27 países e durante o ano quedan en liberdade 520 presos e presas.

1971

O décimo aniversario de Amnistía Internacional recibe unha ampla cobertura na prensa, a radio e a televisión internacional, nun ano no que quedan en liberdade 700 presos e presas.

1972
Lanzamento da primeira campaña mundial en favor da abolición da tortura.


















1973 
Publícase a primeira acción urxente completa, en favor do profesor, Luiz Basilio Rossi, brasileiro detido por motivos políticos. O propio Luiz cría que os chamamentos de Amnistía Internacional foran cruciais: “Sabía que o meu caso fixérase público e que xa non podían matarme. Entón reduceuse a presión e melloraron as condicións”.

O novo réxime de Chile accede a admitir a visita dunha delegación de Amnistía Internacional formada por tres persoas para investigar sobre o terreo as acusacións de violacións masivas de dereitos humanos.

A ONU aproba por unanimidade a resolución inspirada por Amnistía Internacional que denuncia formalmente a tortura.

1974 Sean McBride, presidente do Comité Executivo Internacional de Amnistía Internacional, gana o premio Nobel da paz en reconocemento a toda unha vida de traballo en favor dos dereitos humanos.

No primeiro aniversario do golpe militar de Chile, AI publica un informe que revela a represión política, as execucións e a tortura baixo o réxime do presidente Augusto Pinochet.






















O turco Mumtaz Soysal convértese no primeiro ex preso de conciencia elixido membro do Comité Executivo Internacional, principal órgano de goberno de AI.

1975
As Nacións Unidas adoptan por unanimidade a Declaración contra a Tortura.

Xa hai 1.592 Grupos en 33 países e os membros superan as 70.000 persoas en 65 países.

1976
Celébrase en Londres o primeiro Secret Policeman's Ball, acto de recadación de fondos no que participan John Cleese e os Monty Python, Peter Cook e outros actores cómicos de Beyond the Fringe, Not the Nine o’Clock News, Fawlty Towers e The Goodies. O acto, precursor de actos benéficos como Live Aid, tería outras edicións en anos posteriores con humorista e músicos como Peter Gabriel, Duran Duran, Mark Knopfler, Bob Geldolf, Eric Clapton e Phil Collins.

1977
Amnistía Internacional gana o premio Nobel da paz por ter “contribuido a afianzar a liberdade, a xustiza e, con iso, tamén a paz no mundo”.

1978
Amnistía Internacional gana o Premio de Dereitos Humanos da ONU polos súas “notables contribucións no campo dos dereitos humanos”.

1979
Publícase unha lista de 2.665 casos de persoas “desaparecidas” en Arxentina tralo golpe militar de Jorge Rafael Videla.














A década de 1980
1980
O sueco Thomas Hammarberg toma o relevo de Martin Ennals como secretario xeral.

1981
Celébrase unha cerimonia do prendido de velas en Londres o 20 aniversario de Amnistía Internacional.

1982
O 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos, lánzase unha petición de amnistía universal para tódolos presos de conciencia. Más dun millón de persoas firman peticións que, un ano despois, preséntanse diante das Nacións Unidas.

1983
Informe especial sobre homicidios políticos a mans dos gobernos.
















1984 
Presentación da segunda Campaña contra a Tortura, que inclúe un plan de 12 puntos para a erradicación desta práctica.
















1985 
Amnistía Internacional publica a súa primeira carpeta de material de educación en dereitos humanos, Teaching and Learning about Human Rights (Ensinar e aprender dereitos humanos).

Na Reunión do Consello Internacional, celebrada en Helsinki, Finlandia, a organización decide ampliar o seu Estatuto para incluír o traballo a favor das persoas refuxiadas.

Xa son máis de medio millón as persoas que son membros, simpatizantes e suscriptores.

1986
A Sección Estadounidense presenta a xira de concertos de rock Conspiracy of Hope (Conspiración de esperanza), con U2, Sting, Peter Gabriel, Bryan Adams, Lou Reed, The Neville Brothers e outros artistas.

Ian Martin ocupa o posto de secretario xeral.

1987
AI publica un informe no que afirma que a pena de morte en Estados Unidos aplícase de forma racista e arbitraria, e viola tratados como o Segundo Protocolo Facultativo do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (PIDCP).

1988
Xira de concertos ¡Dereitos humanos xa!, con Sting e Bruce Springsteen, entre outros. A xira, que recorre 19 cidades de 15 países, é vista por millóns de persoas na súa emisión o Día dos Dereitos Humanos..
Trala xira prodúcese un vertixinoso aumentos d@s membr@s en moitos países.

1989
Publicación do importante estudio sobre a pena de morte Cando é o Estado o que mata.
A década de 1990
1990
Os membros ascenden a 700.000 persoas en 150 países, con más de 6.000 Grupos de voluntarios e voluntarias en 70 países.

1991
No seu 30 aniversario, Amnistía Internacional amplía su ámbito de actuación para ocuparse dos abusos perpetrados por grupos armados de oposición, a toma de reféns e as persoas presas pola súa orientación sexual.

1992
Os membros superan o millón de persoas.

Pierre Sané, secretario xeral.

1993
Activistas de AI maniféstanse na Conferencia Mundial de Dereitos Humanos das Nacións Unidas en Viena e mostran accións urxentes de todo o mundo.




















1994 
Lanzamento de grandes campañas internacionais sobre os dereitos das mulleres, as desaparicións forzadas e os homicidios políticos.

1995
Campaña de Amnistía Internacional para poñer fin ó comercio da tortura.

1996
AI lanza a campaña en favor dunha Corte Penal Internacional permanente, cuxa creación as Naciones Unidas aproban en 1998.

1997
Os dereitos humanos das persoas refuxiadas en todo o mundo convértense nun dos principais obxectivos da actividade de campaña de Amnistía Internacional.

1998
Lanzamento da campaña Súa firma é a sua voz para conmemorar o 50 aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos. Recóllense 13 millóns de compromisos de apoio.

El Día de los Derechos Humanos se celebra en París un concierto con Radiohead, Asian Dub Foundation, Bruce Springsteen, Tracey Chapman, Alanis Morissette, Youssou N'Dour y Peter Gabriel, con la asistencia especial del Dalai Lama y de activistas internacionales de derechos humanos.

1999
A Reunión del Consello Internacional acorda ampliar o ámbito de actuación de AI para incluír o impacto das relacións económicas sobre os dereitos humanos; dárlles poder ós defensores e defensoras dos dereitos humanos; loitar contra a impunidade; ampliar o traballo de protección das persoas refuxiadas e reforzar o activismo de base.

2000-hoxe
2000
Lanzamento da terceira Campaña contra a Tortura.


2001 
No seu 40 aniversario, o sitio web de Amnistía Internacional stoptorture.org gana un Revolution Award polo mellor marketing digital.

O humorista Eddie Izzard presenta un acto de recadación de fondos no Wembley Arena, Londres, Reino Unido.


2002
Amnistía Internacional lanza unha campaña na Federación Rusa contra os numerosos abusos contra os dereitos humanos cometidos nun clima de impunidade.















2003
Amnistía Internacional, Oxfam e a Rede Internacional de Acción contra as Armas Lixeiras lanzan a campaña mundial Armas baixo Control.

2004
Amnistía Internacional lanza a campaña “Non máis violencia contra as mulleres”.















2005
Lanzamento da campaña Make Some Noise (Fai ruido): música, celebracións e accións en apoio do traballo de Amnistía Internacional. Yoko Ono regala a AI los dereitos de gravación de Imagine e do repertorio completo de John Lennon en solitario.

O informe de Amnistía Internacional É cruel. É inhumano. Degrada a tódalas persoas. Non máis tortura nin malos tratos na “guerra contra o terror”, pon en tea de xuízo a afirmación de que, diante das ameazas terroristas, os Estados non teñen por qué respectar normas de dereitos humanos previamente acordadas.



















2006 

O informe de AI Cómplices: O papel de Europa nas “entregas extraordinarias” de Estados Unidos desvela detalles da participación dos Estados europeos nos voos estadounidenses que se utilizan para secuestrar e meter en prisión a persoas no contexto da “guerra contra o terror” sen o debido proceso.


















A persoa número un millón que colgou unha foto súa na petición “Un millón de rostros” do sitio web Armas baixo Control solicitando un Tratado Internacional sobre o Comercio de Armas presenta a petición ó secretario xeral da ONU, Kofi Annan. Outro cuarto de millón más asinan a petición antes de acabar o año.












AI e os seus socios na campaña Armas baixo Control conseguen unha vitoria ó votar a ONU abrumadoramente a favor de comezar os traballos sobre o Tratado.














2007 
AI lanza unha petición mundial para que o goberno de Sudán protexa á poboación civil en Darfur, e un CD no que tocan 30 músicos de fama mundial para mobilizar apoios, titulado Make Some Noise: The Campaign to Save Darfur.













Amnistía Internacional ten máis de 2,2 millóns de membros, simpatizantes e suscriptores en máis de 150 países e territorios de tódalas rexións do mundo.















Boa nova

23 xullo de 2009
Unha ONG brasileira agradece a Amnistía Internacional a acción que levou protección e seguridade a un activista campesiño e polo dereito á terra.


22 xullo 2009
A reclusión de Usra al-Hussein durante case un ano pode terse debido ós esforzos que realizou para pórse en contacto cunha organización internacional en relación coas condicións de detención do seu esposo.


22 xullo 2009
O 21 de xullo de 2009, a República Checa ratificou por fin o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional.


Principio del formulario
Final del formulario

2 comentarios:

Ramon dijo...

¿Cómo é posible que o ser humano cheghue a este punto de tolería e falta de dor cos semellantes, dun xeito planificado e frío?

Calquera que entre neste mundo escuro e sen fondo convértese nun perigho para a humanidade e non debe andar çeibo, nin de broma.

Mary Hermo dijo...

A verdade é que Amnistía Internacional fai un labor admirable, loitando polos dereitos humáns, algo que por desgracia en moitos paises incluso dos chamados democráticos e liberales se perderon.
Como pode ser o caso de USA con Guantanamo, unha prisión onde non existía nin existe ningún tipo de dereito, é vergonzoso o que alí pasou e pasa i oxalá deixase de pasar iso e outras cousas que suceden o noso arredor.
Un saúdo e unha aperta para todos en xeral, así non me esquezo de ninguén.