lunes, 14 de septiembre de 2009

ENERXÍAS ALTERNATIVAS. MUNDO ÉTICO.

2009, o ano de decrecemento con equidade

Ecoloxistas en Acción declara 2009 como o ano de “menos para vivir mellor”, o ano do decrecemento con equidade. Para iso porá en marcha toda unha serie de campañas, nas 13 áreas temáticas nas que traballa, que nos axuden a avanzar deica unha sociedade máis sostible e solidaria.


Ecoloxistas en Acción traballará para que 2009 sexa o “ano do decrecemento con equidade”. A estas alturas resulta evidente que sobrepasamos os límites do planeta: consumimos recursos a unha velocidade maior da súa capacidade de recuperación e producimos lixo a un ritmo imposible de aumir polos ecosistemas. Tamén é palpable que vivimos nunha sociedade con crecentes desigualdades.

Para a organización ecoloxista é o momento de decir basta, de entender que “necesitamos menos para vivir mellor”. É decir, que temos que evolucionar deica unha economía que non necesite medrar continuamente. Así, nos países sobredesenvolvidos do planeta, como o noso, en lugar de incrementar constantemente o consumo de enerxía e recursos, teremos que decrecer no seu uso. So así poderemos acoplarnos ós límites do planeta e avanzar deica sociedades máis xustas que permitan saír da miseria a millóns de persoas.

A crise que vivimos, asemade de ser dramática para a vida de moitas persoas, tamén supón unha oportunidade. A oportunidade de avanzar deica a sostenibilidade.

Baixo o paraugas do lema común “menos para vivir mellor”, Ecoloxistas en Acción vai por en marcha unha serie de campañas en 2009. Esto é so unha mostra dalgunhas delas.



- Menos CO2 para vivir mellor. A Confederación seguirá impulsando o aforro e a eficiencia enerxética xunto coas enerxías renovables e loitando contra o cambio climático, os novos proxectos de centrais térmicas e de refinerías. A campaña terá o seu punto álxido na celebración do cume do clima de Copenhague, deica onde Ecoloxistas en Acción fletará autobuses. La Confederación seguirá impulsando el ahorro y la eficiencia energética junto con las energías renovables y luchando contra el cambio climático, los nuevos proyectos de centrales térmicas y de refinerías. La campaña tendrá su punto álgido en la celebración de la cumbre del clima de Copenague, hacia donde Ecologistas en Acción fletará autobuses.


- Menos autopistas para vivir mellor. Na súa aposta por unha economía de cercanía e contra a implantación do PEIT (Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transporte), que está supondo a construción de 6.000 novos kilómetros de autovías e 9.000 de alta velocidade de camiños de ferro, Ecoloxistas en Acción seguirá realizando unha oposición sobre o terreo a cada un dos proxetos en marcha.


- Menos crecemento para vivir mellor. Iniciarase unha campaña de denuncia sobre a perda de biodiversidade causada polo crecemento económico, especialmente pola sobreexplotación de recursos naturais, os efectos que a perda de biodiversidade está causando sobre os servizos ecosistémicos, e o incumprimento do obxectivo de deter a perda de biodiversidade en 2010.


- Menos transvases para vivir mellor. Unha liña de traballo será a oposición ós plans transvasistas deste Goberno.

- Menos globalización para vivir mellor. Dinamizaranse as movilizacións en protesta ás medidas anti-crise que supoñan un incremento do consumo e a globalización.

- Menos consumo para vivir mellor. A asociación traballa por un consumo en función das necesidades reais das persoas e contra a publicidade. Para iso celebrarase, por exemplo, o Día sen Compras e os Premios Sombra á publicidade máis enganosa.


- Menos urbanismo para vivir mellor. Nesta liña a organización manterá activa a súa campaña “Nin un metro máis de formigón”, que se plasma en centos de loitas concretas contra proxectos urbanísticos.


- Menos coches para vivir mellor. Continuaranse as campañas en curso contra o uso abusivo do coche, como o día sen coches, contra os 4x4, ou a denuncia da baixa calidade do aire nas cidades, elaborando un informe sobre os principais contaminantes no noso Estado.

- Menos agricultura industrial para vivir mellor. Neste marco xogarán un papel fundamental as campañas

- Menos pesca industrial para vivir mellor. Ecoloxistas en Acción traballará pola defensa dunha pesca sostible e ecolóxica e contra a sobrepesca industrial. Neste senso a campaña pola defensa do atún roxo, o traballo xunto ás confrarías e contra a degradación do litoral (a campaña “Bandeiras Negras”) seguirán sendo fundamentais para a organización.

MENOS PARA VIVIR MELLOR

1 comentario:

Ramon dijo...

Está claro, o futuro e a pervivençia do planeta está no desenvolvemento sostible.