viernes, 4 de septiembre de 2009

NATURISMO E NUDISMO




O movemento naturista e por extensión a práctica do nudismo, é unha filosofía baseada na integración do individuo cos medios naturais; sol, auga, natureza, en xeral.

Consideráse que esta relación contribúe a unha mellora do estado persoal de cada un e da colectividade, aportando un xeito de ser e un concepto da vida cuxos parámetros son: a tolerancia, o respecto mutuo e a liberdade.

Esta práctica é para os nudistas unha experiencia inmensamente liberadora que promove o concepto do corpo como un todo, en lugar de separar partes do mesmo como complexos e vergoñentas. En definitiva, denuncia a relatividade da estética convencional ou comercial do éxito e proclama a superioridade da estética da natureza e da pel espida.

Por todo iso, debemos admitir que o naturismo é unha filosofía socialmente construtiva que a Federación Internacional de Naturismo define como: "Un xeito de vivir en harmonía coa natureza, caracterizada pola práctica do espido comunitario, con intención de fomentar a autoestima, o respecto ós demáis e ó medio ambiente".

Como tal filosofía é tolerante deica os demáis e só espera recibir o mesmo a cambio. Os naturistas tenden a aceptar ós outros como son, sen dúbida polo feito de que eles mesmos aceptan o seu corpo como é, en maior medida que o resto da xente.


Contrariamente a certas opinións, os verdadeiros naturistas fomentan unha atmósfera familiar. Os nenos que medran nun entorno nudista presencian de forma absolutamente natural os cambios corporais causados pola adolescencia, o embarazo ou a vellez, mostrando menos ansiedade diante destes procesos naturais que o resto dos nenos que só o observan a través da roupa.

Resulta reconfortante, ver cómo aumenta cada día a aceptación e a práctica deste xeito de vida, observando que a maioría das culturas, especialmente en Europa e no resto dos países chamados desenvolvidos, aceptan con total naturalidade a práctica do espido en praias e outros lugares de recreo. Na maioría dos países, entre eles España, existen xa lugares específicos para a súa práctica e nalgúns (Dinamarca, Suecia e incluso Rumania) é habitual velo xa na maioría das súas praias.

A admisión xeralizada destes argumentos, fai que aumenten considerablemente, tanto as Asociacións Naturistas, como o número dos seus asociados, cuxo crecemento anual é do 20%, o que fai que sexa a actividade recreativa ó aire libre de maior crecemento e que, noutro orde de cousas, as vacacións naturistas sexan xa unha parte moi significativa para a industria turística de moitos países.

O naturismo é un xeito de vida, o nudismo somentes unha forma de estar.



O nudista quítase a roupa, o naturista tena que poner por unha razón ou outra!


Un naturista preséntase encoiro en corpo e mente, o nudista soamente o corpo.



O sexo non se pode considerar como nudismo e moito menos como naturismo, igualmente o nudismo e naturismo non significan sexo!



Un nudista non pode practicar nudismo coa roupa posta, ó contrario un naturista segue sendo un naturista, con roupa posta ou totalmente espido, ¿Por qué?, porque, o espido é soamente unha fase da filosofía naturista, o espido para un naturista non é un fin en sí, senón o primeiro paso a vivir un estilo de vida que poucos chegan a asumir.



Segundo a Federación Internacional de Naturismo (INF), o naturismo é unha forma de vida coa práctica do espido en común a cal enriquece o respecto ó veciño e medio ambiente, na súa máis básica forma o naturismo é a liberdade e a comodidade de non lelvar prendas cando non son totalmente necesarias, tendo sempre respecto a outros e ó medio ambiente.



Todos empezamos como nudista, poucos chegan a convertirse en naturistas, o pudor pérdese moi fácil, o acondicionamento da sociedade, os costumes e vicios aprendidos, son máis difíciles de perder, como a maioría de xente soe ser “naturista” de tempada, case nunca chegan a perder estes costumes malignos do mundo téxtil, eles quedaranse como moito, na calificación de nudista, anque se enganen e crean que son auténticos naturistas. A moitos nudistas que se cren, “naturistas” molestaralle esta nova, pero non nos enganemos, se un é “naturista”



7 comentarios:

Anónimo dijo...

Bonitas paisaxes. Non hai mellor roupa que non levar nada enriba.

PACA GARSE dijo...

¡Coño!, voltou a páxina a funcionar e eu non me enterara, e que millor forma de facelo que cun tema que realmente a mín me apasiona...o do sexo salvaje.¡Que suculenta colección de felpudos se xunta nesta reportaxe,Dios mío querido!. Vai un pasando as fotos e vaille entrando un subidón de adrenalina que finalmente conquire baixarse de golpe ó ver a foto das abellas e pensar en onde lle poderían picar a estes espidos e desvalidos persoaxes.

Unknown dijo...

En Certo publicamos a semana pasada unha reportaxe sobre nudistas de Barbanza.

http://certo.es/index.php?page=nudismo_barbanza

Pode que falle o asunto das imaxes, pero é mellor previr... xa tivemos lío por xente vestida, para canto máis se a sacamos espida!

Anónimo dijo...

É o máis natural do mundo, sen hipocresías nin tapuxos.

Non hai mellor "puritanismo" pero do de verdade, que mostrarse tal cal somos, sen adornos nin vestimentas diante dos maiores, dos da mesma idade, así coma dos nenos pequenos, porque a mente e a lóxica adáptanse ó que é natural, evitando trastornos e obsesións enfermizas por causa de ocultar o corpo humano.

Como moi ben se di nesta publicación, conta tanto o nudismo como o naturismo, que é un xeito vivir en equilibrio co entorno e con nós mesmos.

Corpos libres e sans, mentes limpas e sans, vida san.

A.C.A.P.A.R.L.E.S.Y.A. dijo...

Pero bueno...vosotros toleásteis o qué..¡hasta aquí podríamos llegar...!No sé si os dísteis cuenta, pero las personas que aparecen en estas fotos que publicais están tal y como vinieron a este mundo,¡sin ropa!, en pelota picada, desnudooosss...¡por Dios, que desfachatez!.
Desde la asociación de mujeres comprometidas para mantener la decencia y el orden en esta corrompida sociedad en la que vivimos, y que yo presido,vamos a hacer todo lo que esté en nuestras manos para que estas situaciones no queden impunes.Tanto la gente que sale en las fotos enseñando sus vergüenzas, así como los autores de las demoníacas fotografías, tendrán noticias de nuestra asociación.
FIRMADO: LUCIA LAPIEDRA
Presidenta de la asociación
A.C.A.P.A.R.L.E.S.Y.A.
(Asociación Católica Anti Petelas Alegres Recomienda Llevar Elástico, Slip Y Abrigarse)

Anónimo dijo...

Que bueno, xa me comezo a rir e iso é un moi bo síntoma de que xa a miña tripa non está tan mal, jajajaja.
Menudo articulazo.
Mary Hermo

SOYUNODELOSPELOTUDOS dijo...

Hola, Buenas tardes, que tal. Me llamo Juan, vosotros no me conoceis nada más que en foto(soy uno de los que salen en el artículo de hoy sobre nudismo), y quería hacer un pequeño comentario: Mucho cuidadito con esas de la asociación A.C.A.P.A.R.L.E.S.Y.A. puesto que van muy en serio con lo que dicen. Resulta que estaba yo hoy tomando el sol en Baroña junto con los demás miembros de la congregación de nudistas de Galicia cuando aparecieron esas señoras. Estuvieron un buen rato intentando disuadirnos para que no tomásemos el sol en bolas y os aseguro que usan métodos muy convincentes. De hecho puedo deciros rotundamente que a partir de hoy en la congregación ya somos un miembro menos. El miembro en cuestión medía unos 10 centímetros en reposo y pertenecía a mi colega Agapito que a partir de hoy pasa a llamarse sólo Aga.