jueves, 3 de septiembre de 2009

VIAXE A SAN SEBASTIÁN PARA A REGATA DA CONCHA


Dende aquí quero animar a todos/as a que vos apuntedes para ir animar ás remeiras da Tripulación RIAS BAIXAS que nela están rapazas do Clube de Remo Cabo de Cruz, do de Chapela e do de Meira, sería unha viaxe a San Sebastián que merece a pena disfrutar da súa comida despois de velas remar.

A regata celebrárase entre os días 12 e 13 de setembro e corre presa, así que xa sabedes poñedevos en contacto coa Oficina de Turismo de Boiro antes do 9 de setembro que alí vos darán maior información.

Debemos ir todos e todas, veciños de Boiro pois estás remeiras de Cabo xa foron dúas veces campionas de España de Trainerillas e merecen o apoio dos seus conveciños, e iste ano participan na liga ACT que é a liga por excelencia do remo de banco fixo, veña que necesitan ánimos por que participan tamén na liga galega, así que paga a pena ir pois como mulleres dan moito que falar no mundo do remo, moito máis do que ninguén pensa e debemos apoialas e animalas no campo de regatas, por que ninguén como estás persoas que levan o nome do pobo por todos os sitios e nos deixan quedar como os mellores nesta categoría.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Todos a encher os autobuses para animar ás regatistas e que logren outro trunfo máis.

Anónimo dijo...

ESTA VEZ NON VOU IR, PERO RECOMENDO A VIAXE, POSTO QUE NO NORTE SI SE VIVE O REMO, INCLUSO OS TRATAN COMO SE DEBEN TRATAN A ESTES REMEIROS E REMEIRAS COMO CHAMPIONS!!!!! QUE TEÑADES MOITA SORTE E GUSTARIAME VER COLGADA OUTRA PANCANTA NO CONCELLO QUE PUXERA !!!!ENORABOA CAMPEONAS!!!