jueves, 1 de octubre de 2009

EMBARCACIÓNS DO REMO DE BANCO FIXO

As diferencias do remo de banco fixo fronte ás demáis especialidades do remo español son: a distribución dos remeiros, o deseño das embarcacións, as maniobras que se fan nas competicións e o tipo de apoio que usa o remeiro dado que está suxeto na banda da embarcación que é o que se chama toleteira.

As embarcacións constrúense con materiais lixeiros coma fibra de vidro ou de carbono para adaptalas o seu peso mínimo.


A competición de banco fixo practícase en tres tipos de embarcacións diferentes ou especialidades: Batel, Trainerilla e Trainera.



BATEL:


O batel é a embarcación máis pequena das tres especialidades do banco fixo. A tripulación está composta por 4 remeiros(2 por cada costado de forma alterna) colocados en liña e un patrón. Normalmente está colocada ao sistema tradicional de maneira que cada remeiro se sitúa detrás do outro co remo colocado ao costado contrario ao de diante (B-E-B-E). O remeiro de popa e o que marca o ritmo ós demáis.


Dimensións:

  • Eslora total máx. 7.00 m.
  • Puntal mín. a proa 0.56 m.
  • Puntal mín. a popa 0.47 m.
  • Puntal mín. en caderna mestra. 0.335 m.
  • Manga mín. inf. en caderna mestra. 0.975 m.
  • Manga da caderna mestra a 0.23 da cara superior quilla. 0.975 m.
  • Peso mínimo. 70 kg.




TRAINERILLA:


É a embarcación de dimensións medias, en eslora, manga e puntais, do banco fixo. A súa tripulación está composta por 6 remeiros e un patrón situados todos eles en liña. A forma de situar aos remeiros nesta embarcación pode variar aínda que as máis habituais son: Unha coa boga por babor e a outra en estribor, estando p proa nos dous casos en babor para poder usar mellor a pica nas ceabogas (B-E-B-E-E-B ou E-B-E-B-E-B).


Dimensións:

  • Eslora total máx. 9.50 m.
  • Puntal mín. a proa 0.63 m.
  • Puntal mín. a popa 0.53 m.
  • Puntal mín. en caderna mestra. 0.40 m.
  • Manga mín. inf. en caderna mestra. 1.10 m.
  • Manga da caderna mestra a 0.23 da cara superior quilla. 1.10 m
  • Peso mínimo. 100 kg.




TRAINERA:

É a embarcación raíña do banco fixo e a maior das tres, tanto polas súas dimensións como polo número de remeiros. Componse de 12 remeiros que se distribúen por parellas, un palotero que vai na proa da embarcación e un patrón, situado na popa. En total, 14 tripulantes. O nome sempre foi moi discutido e incluso se lle chama amiúdo TRAÍÑA, pero mal feito posto que traíña e o nome da arte de pesca e non o da embarcación.


Dimensións:

  • Eslora total máx. 12.00 m
  • Puntal mín. a proa 0.95 m
  • Puntal mín. a popa 0.75 m
  • Puntal mín. en caderna mestra. 0.60m
  • Manga mín. inf. en caderna mestra.1.72 m
  • Manga da caderna mestra a 0.23 da cara superior quilla. 1.17m
  • Peso mínimo. 200 kg.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A saber o que tira do peito bogar, e a cantidade de entrenamento que terán tódolos días, chavalas e chavales.

Pero que todo sexa pola forma física, usando o tempo en cousas positivas.