Aínda que todas as mulleres soñan cun un marido coma Richard Gere en Pretty Woman, a realidade é moi distinta. É certo que os tempos cambian e a mentalidade tamén, pero paulatinamente, iso si. Un bo exemplo disto é Fernando Corral (Cospeito, 1979), un abnegado marido e un compañeiro ideal para visitar tódalas tendas da capital nas rebaixas.
-¿Vir de compras coa túa muller é unha obriga?
-Non, para nada. Aínda que non me creas, fun eu quen a animou.
-Aínda así, parece que te estás aburrindo.
-Máis ca aburrido, estou canso. Traballo pola noite. Pero ir de compras non é aburrido en absoluto.
-¿Por que cres que os homes non sodes moi dados a isto?
-Pois, porque as mulleres miran moito, tardan unha eternidade en elixir o que van ou queren comprar. Nós somos máis rápidos. Non sei, máis prácticos. Eu, por exemplo, a primeira cousa que me gusta xa a compro e non miro máis.
-Hoxe é o primeiro día e o último...
-Non, mañá iremos á Coruña. E hoxe, aínda acabamos de comezar. Primeiro percorremos o centro da cidade e logo acercarémos ata As Termas.
-Entón, a tarxeta de crédito periga, ¿non?
-A verdade é que a min iso nunca me preocupou. Traballamos os dous e, ademais as tarxetas son para usar, e máis nestas datas.
A pé de rúa. Por Fernando Corral
No hay comentarios:
Publicar un comentario