viernes, 1 de enero de 2010

ÇEA DUNS BLOGHUEIROS



Estas composiçións trocándolles
o nome polo restaurante de "Chicolino", incluímos neles nomes dos nosos lughares e nomes propios da nosa xente do instituto, e xa estamos formados.

Foron feitas polos membros do blog "O Faiado da Memoria", do Conçello de Vilagharçía de Arousa, logho dunha çea no restaurante mençionado nestas estrofas, ben pode servir para nós mesmos e o noso blog como espírito de amistade e compañeirismo.

Desde o meu sentir, por favor, fixádevos na mensaxe que transmite, porque é no fondo o que eu desexaría para min e para todos vós.

Aí vos vai para todos e que teñades unha felis entrada de ano. Felis anonovo 2010.



Versión modificada:


Xuntáronse en Chicolino
os amigos do Instituto
que conversaban no “blog”
mais non se daban ollado.

É bó verse cara a cara
que, ó falar, non hai cabreos
pois tratanse con respecto
tanto os guapos coma os feos.

Nestas ceas de traballo,
beban auga ou beban viño,
co bandullo posto a punto
medra dabondo o cariño.

E seguro que ós blogueiros,
cando acaben de cear,
coa lingua ben engraxada
non pararán de falar.

Que non falen do “Bar A Xunta”
Haberá que vixiar
pois, se comeza a carreira,
todos terán que calar

Din os vellos da bisbarra
que, desde os tempos da guerra,
non se falou tanto tempo
da xente do Barbanza.

Mais o importante da festa
é facer unha mestura
de xentes tan diferentes
nunha mesma singladura.

Como estamos en familia
e ademáis, vou para vello,
permitídeme a licenza
de darvos un bo consello:

¿Vou vello ou non?

Para ser feliz na vida
hai que ter moi boa vista,
ver o lado bo da xente
e ser persoa optimista.

Isto non é para tomar con arroz

Finamos agradecendo
ista xuntanza exquisita
brindando todos xuntiños
con Rodrigo e Lolita.

E as suas irmans e compaña crearon unha letra en plena sobremesa e rapidamente a puxeron no aire acompañadas a guitarra por Teresa:

O Instituto de Boiro
celebra a primeira cea
no Chicolino, vaia chea.

Levamos xa mais dun ano
metidos neste fregado
mirando centos de fotos
dos nosos antepasados.

Por non perder a costume
e como era de esperar
no noso blog tamen houbo
un choque xeracional.

Queremos que no futuro
esto non sexa un problema
e sigamos moitos anos
disfrutando desta cea.






Versión orixinal:


Xuntáronse no Pampero
os amigos do Faiado
que conversaban no “blog”
mais non se daban ollado.

É bó verse cara a cara
que, ó falar, non hai cabreos
pois tratanse con respecto
tanto os guapos coma os feos.

Nestas ceas de traballo,
beban auga ou beban viño,
co bandullo posto a punto
medra dabondo o cariño.

E seguro que ós blogueiros,
cando acaben de cear,
coa lingua ben engraxada
non pararán de falar.

Que non falen do “Bar Miño”
Haberá que vixiar
pois, se comeza a carreira,
todos terán que calar

Din os vellos da bisbarra
que, desde os tempos da guerra,
non se falou tanto tempo
da xente de Salvaterra.

Mais o importante da festa
é facer unha mestura
de xentes tan diferentes
nunha mesma singladura.

Como estamos en familia
e ademáis, vou para vello,
permitídeme a licenza
de darvos un bo consello:

¿Vou vello ou non?

Para ser feliz na vida
hai que ter moi boa vista,
ver o lado bo da xente
e ser persoa optimista.

Isto non é para tomar con arroz

Finamos agradecendo
ista xuntanza exquisita
brindando todos xuntiños
con Antonio e Margarita.

E as suas irmans e compaña crearon unha letra en plena sobremesa e rapidamente a puxeron no aire acompañadas a guitarra por Pilar:

O Faiado da Memoria
celebra a primeira cea
no Pampero, vaia chea.

Levamos xa mais dun ano
metidos neste fregado
mirando centos de fotos
dos nosos antepasados.

Por non perder a costume
e como era de esperar
no noso blog tamen houbo
un choque xeracional.

Queremos que no futuro
esto non sexa un problema
e sigamos moitos anos
disfrutando desta cea.

2 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Xuntos seguiremos facendo camiño,
facendo pobo novo coas nosas faladurias,
xuntos seguiremos facendo malabares para escribir un artigo todos os días,
xuntos todos, comentaristas e escritores e lectores brindan hoxe polo blog do que fixemos nos tempos aqueles de cando eramos máis novos.
E un día dunha cabeza saíu a idea de reunirnos e cear como unha gran familia, con manxares como compañía dos nosos compañeiros e amigos de aqueles que estudaban para hoxe ser escritores.

FELIZ ANO 2010

Mary Hermo dijo...

Xuntos seguiremos facendo camiño,
facendo pobo novo coas nosas faladurias,
xuntos seguiremos facendo malabares para escribir un artigo todos os días,
xuntos todos, comentaristas e escritores e lectores brindan hoxe polo blog do que fixemos dos tempos aqueles de cando eramos máis novos.
E un día dunha cabeza saíu a idea de reunirnos e cear como unha gran familia, con manxares como compañía dos nosos compañeiros e amigos de aqueles que estudaban para hoxe ser escritores.

FELIZ ANO 2010